Superpiñeiro returns II

enero 23, 2007 at 12:59 am 17 comentarios

Superpiñeiro e a cantante Gisela

Non é por presumir de “pitoniso”, pero xa o anuncie neste blog, alá por mediados de decembro (fai xa máis dun mes), que Superpiñeiro regresaba á Galega. Pero isto non é novidade, o que me leva a escribir sobre este tema é a reportaxe que o domingo 21 publicou o xornal El País sobre este acontecemento social e cultural para Galicia.

O “icono da tele de Fraga e animador de Quíntana”, tal e como o define o xornalista Pablo López a Superpiñeiro, ten o rostro de manifestar:  

“¿Cambio? ¡Pero qué cambio, si el único que faltaba era yo!”, e remata sentenciando: “Lo del cambio en la TVG me hace mucha gracia,…, ahí siguen Gayoso, Os Tonechos, actores que pasan de unas series a otras…”.

 Xosé Manuel Piñeiro convértese, deste xeito, nun mercenario do espectáculo, que foi fiel servidor dos intereses do PP e de Manuel Fraga nunha época, e puido reconverterse ao nacionalprogresismo do BNG e de Anxo Quintana, atrevéndose a poñer en dúbida o pregoado cambio da canle autonómica. Aínda que no fondo ten razón o showman de Allariz, porque o cambio da TVG redúcese á modificación da imaxe corporativa da canle, aos decorados máis modernos que lucen os informativos e ao exilio político sufrido por Tino Santiago, xornalista que desterraron á Radio Galega e polo que parece era o único culpable do que acontecía na TeleGaita. 

Pero o máis surrealista de todo isto é que hoxe o País publica un comunicado da Vicepresidencia que asina Antón Losada, e o cal aparece en plan matón arremetendo contra “este diario de Madrid” e defendendo a política de festas e xantares de Quintana coa terceira idade; nótase que cando o BNG criticaba a Fraga e ao PP por realizar este mesmo tipo de festas Antón Lousada non era militante nacionalista. Por certo, e xa para rematar, “este diario de Madrid” pertence ao mesmo grupo que a cadea de radio na que Antón é tertuliano. ¡¡Que desagadecido!!.

Anuncios

Entry filed under: Boiro.

Aznar o políglota Delincuencia ou xenofobia??

17 comentarios Add your own

  • 1. missangas  |  enero 23, 2007 en 1:43 pm

    Pero se a TVG está da vosa man! Non fostes vos no Consello da Xunta quen destes as licenzas deTelevisións Locais a grupos progres como Correos, Faro de Vigo, El Progreso… Non é Secretario Xeral de Comunicación Fernando Salgado? Non é do PSOE? Iso sí, agora volve Piñeiro e a culpa: do BNG. Serios, por favor.

  • 2. Captain_ROss  |  enero 23, 2007 en 2:06 pm

    Viva Superpiñeiro!!!1 No, mejor viva el Supermartes!!!!1, no, mejor VIVAN LAS AZAFATAS Del supermartes!!!!

  • 3. blas  |  enero 23, 2007 en 2:11 pm

    Perdoa, pero quero puntualizarche que estás a mezclar varios temas.
    Por un lado o das licencias das locais, que non ten nada que ver co meu post. E ademais que eu saiba no consello da xunta tamén está o BNG.

    Por outro lado indicarche que non fomos nos os que sacamos a Piñeiro de “festas” por aí adiante, nin fomos nós os que saímos a defender a súa contratación na Galega

  • 4. O anonimo do outro día  |  enero 23, 2007 en 6:11 pm

    Misturo que para o que convén son os do Bloque os que traen a Piñeiro, e para outras historias como o das licenzas non vos importou non contar co seu apoio, poderiades xa que logo vetar a Piñeiro.
    Porque se o que se está en contra das festas dos vellos habería que comezar polas da casa. Eu militante nacionalista estou en contra desas festas de Quintana. Ti como militante do PSOE estas en contra de

  • 5. O anonimo do outro día  |  enero 23, 2007 en 6:14 pm

    que algún alcalde como Pedro Piñeiro leve aos vellos a Casa Pachín tamén? Atreveste a dicilo así? Ou se os leva Quintana está mal e se os leva o PSOE de Rianxo está ben? A min non me gusta nin unha nin a outra e cando me preguntan así o digo.

  • 6. blas  |  enero 23, 2007 en 11:38 pm

    Estimado ANÓNIMO:
    O que temos é que ter coidado coas nosas palabras, e ti sabes coma min que o BNG cando estaba na oposición cansouse de criticar as festas de Fraga e do PP coa Terceira Idade e agora o Vicepresidente non fai unha senón catro e para este ano “se non queres caldo dúas tazas”: o dobre de festas.

    E lémbraste de cando os teus “camaradas” do BNG criticaban a “Telegaita” e aos seus máximos espoñentes. Pois agora a darlles choio.
    Non se pode cuspir para arriba, porque corres o risco de que che caian enriba.

  • 7. estevo das estrivadas  |  enero 24, 2007 en 8:06 am

    Páreceme moi cínico que unha persoa que ten un bloge cunha ligazón á sucursal do PsoE na Galiza critique ao BNG polo tema de Superpiñeiro. Hai que ter cara, se cadra esquece que a TVG non está o PsoE???? De todos os xeitos, é algo moi normal na xente do PsoE.

  • 8. estoutro  |  enero 24, 2007 en 11:17 am

    ¿Que foi daquel xornalista-palmero que seguía a Fraga?. En vez de devolvelo á Radio Galega, onde se tocaba as bolas como sindicalista, o xefe de informativos da TVG deulle un programa de reportaxes ós 15 días do cambio.

  • 9. missangas  |  enero 24, 2007 en 2:17 pm

    Vólvoche dicir: estás en contra das comidas para os vellos do teu alcalde de Rianxo? Tamén van dúas veces.

  • 10. Ruíz  |  enero 24, 2007 en 2:44 pm

    Missangas, e a ti que che parecen as comidas que organiza “o teu alcalde de Boiro”. Creo que é do BNG, non?.

  • 11. lagaitaenlacabeza  |  enero 24, 2007 en 5:14 pm

    Hombre amigo estevo, también por aquí. Verás, el hecho de que la Telegaita esté en manos de a quien nosotros votamos, no significa patente de corso para que puedan hacer lo que les dé la gana. Es más, creo que si debemos exigir a alguien es a quienes apoyamos, a los nuestros, siento una especie de traición filial cuando meten la pata. Por otro lado, si hablamos de lealtades, explicame que carallo hacen los Bngaitas criticando las listas de espera, y nosotros poniendo el culo con los incendios siendo la guardia pretoriana de Suarez Canal.

  • 12. Estevo das Estrivas  |  enero 24, 2007 en 7:52 pm

    Lagaitaenlacabeza, comparto en parte o que dis. O que pretendía coa miña mensaxe é denunciar o cinismo do autor deste artigo ligado polo que miro ao PsoE. Un pouco de autocrítica non lle veria mal, porque que eu saiba, ten mais poder os “socialistos” que os nacionalistas.

  • 13. blas  |  enero 24, 2007 en 8:13 pm

    Está ben isto. Estevo compartindo ideas de “lagaita…”.
    E ti fálasme de cinismo Estevo. Hai que foderse, con perdón.

    Lémbroche novamente que ninguén do PSdeG contratou ao “demonio” de Superpiñeiro para presentar as festas de Quintana cos maiores. Ti acórdaste do que dician os teus compañeiros/as do Bloque de Superpi e compañía??. Ao mellor xa che esqueceu, ou a túa memoria é selectiva.

    E seguramente tamén se che esqueceu o que os parlamentarios/as do Bloque dicían no Parlamento sobre o uso partidista polo PP dos maiores. Pregúntalle a Bieito e algún conselleiro que foi portavoz voso.

    O que non se pode é predicar e logo dar trigo!!.

    De tódolos xeitos remítoche ao comentario (2º) do post . E aí verás o que penso disto. E ponte tranquilo home. Permite polo menos que a xente opine en liberdade, e que non teña que ter por decreto un pensamento único. Iso xa o intentaron facer outros durante 16 anos. Aprende a respectar aos demais.

    Coidate!!

  • 14. missangas  |  enero 25, 2007 en 11:22 am

    Sí, Ruiz, sí, organizada pola delegación de Servizos Sociais que dirixe Natalia Laíño (PSOE)

    La Voz de Galicia 30/09/2006 | Barbanza
    Más de setecientos mayores participaron en Boiro en una comida con baile incluido
    Tampoco se perdieron la fiesta los concejales Juan Jesús Ares y Natalia Laíño, ni el presidente de la patronal, Luis González.

    Ou todas ou ningunha!

  • 15. Ruíz  |  enero 25, 2007 en 12:01 pm

    missangas, pero sinceiramente, e vexo que coñeces a comarca do Barbanza e ao BNG, ti cres que se organiza un xantar en Boiro dese nivel e non da o OK o alcalde e Xoan León. Non me fagas rir!!!

  • 16. missangas  |  enero 25, 2007 en 1:59 pm

    Pero entón ao que iamos. O OK danno todos, BNG e PSOE. E se criticamos unha merenda criticamos todas, todas. Non só están ben unhas, e mal outras. A min non me gustan ningunhas, nin as do PP, nin as do PSOE nin as do BNG, e así o digo. Pero non critico só as de Quintana porque Touriño ten as súas e Feijoo as que poida tamén.

  • 17. Burricán  |  enero 30, 2007 en 10:09 am

    Morte a tódalas merendas de vellos e ós programas de Piñeiro coas súas azafatas, igual debería mandar algún comunicado a secretaria xeral de igualdade….
    Aí sí iso era o que queríamos na TVG máis Gayoso, máis Tonechos e máis Piñeiro… Que volva Don Manuel…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

enero 2007
L M X J V S D
« Dic   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: