Archive for febrero 1, 2007

Pretende Bush saír do “armario”??

Leo con sorpresa unhas declaracións do todopoderoso, pero sin embargo mediocre,  presidente dos Estados Unidos de América, George W. Bush, sobre Barack Obama, nas que di que é un “home atractivo” e que “impresiona”.

Chamádeme “tiquismiquis” se queredes, pero este Bush é un tipo raro, ademais de outros moitos calificativos que se me veñen á cabeza pero que prefiro non escribir; pero que “o home máis poderoso do mundo” só sexa capaz de destacar dun senador do seu país a súa fermosura demostra a escasa capacidade que posúe. Pero tamén é certo que pouco máis nos podemos esperar dun home que chegou a ser presidente grazas a un fraude electoral do seu irmán –o gobernador de Florida-. 

Barack seguramente terá algunha virtude máis que as de ser “atractivo” ou “falar ben”, xa que non creo que esas fosen as únicas razóns que o levaron a gañar as eleccións ao Senado no Estado de Illinois por un 70 por cento dos votos. Pero pouco máis se pode esperar dun individuo que non é capaz de ler máis de catro folios, que propón cortar as árbores para rematar cos incendios, que fala co seu can, ou que sinxelamente mata a milleiros de persoas inocentes.

Acompaño este post cunhas frases célebres de George W. Bush.

febrero 1, 2007 at 1:38 am Deja un comentario


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.