Archive for febrero 3, 2007

Unha visita á Coruña

Paula, Nerea e Eva no Acuario 

Hoxe, aproveitando que era día de San Blas, e que non tiña que traballar, decidimos celebrar un día en familia. Pola mañá marchamos con dirección á Coruña coa intención de xantar alí e pasear pola cidade.

O día, aínda que algo frío, prestábase para facer turismo, e a verdade é que sempre é un pracer ir de visita á “Cidade de Cristal”. Particularmente é a cidade de Galicia na que máis a gusto me sinto, a máis fermosa e na que sempre tes algo que facer. Sempre dixen que me atopo moi a gusto vivindo en Boiro, e que para min sería un enorme desgusto ter que marchar do meu pobo, pero esa pena sería moito menor si o novo lugar de destino fose A Coruña.

O paseo do Orzan, Riazor, a Torre de Hércules, o seu mar, o tranvía, o ambiente, …; A Coruña é diferente, é un balcón sobre o que podes mirar o mar, ese mar bravo que bate con forza contra as rochas, e en cuestión de segundos darte a volta e poder mergullarte no interior dun anaco da historia e pasear zona vella.

A nós hoxe tocounos mar, porque Paula e Nerea empeñáronse en ir a visitar a Casa dos Peixes. Paula estivo fai pouco co colexio e pretendía facer de guía e ensinarnos todo o que aprendera durante a excursión. Vimos as focas, e ata asistimos a como lle daban a merenda, o tiburón, e infinidade de peixes máis.

Non tardaremos moito en volver a visitar a fermosa cidade da Coruña.

Anuncios

febrero 3, 2007 at 11:52 pm 3 comentarios


O máis ollado

Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.