Archive for febrero 4, 2007

Mandilón, ¿si ou non?

Escola infantil Santa Susana (La Voz de Galicia)

Esta semana tocou falar de mandilóns. En ocasións da a impresión que aos medios de comunicación e a algúns políticos lles gusta centrarse en asuntos triviais e de importancia relativa, quizais para non destacar o verdadeiramente importante, o miolo central do asunto en cuestión. 

O día que vin na prensa que Vicepresidencia sacaba a concurso de ideas para os uniformes das Galescolas pensei: unha nova ocorrencia dalgún asesor de Quintana ou do BNG, que vai a dar que falar. E, por desgracia, así foi; toda a santa semana os mandilóns de Vicepresidencia nos medios e no debate político, coa conseguinte deriva cara ao patriotismo, o radicalismo, …, ata apareceu Fidel Castro e Mao polo medio do debate. ¡¡Un éxito!!. 

Pero, ¿quen se beneficia deste debate absurdo e extravagante?. Pois coma sempre, o PP de Núñez Feijoo, xa que por un lado poden continuar machacando co seu discurso da radicalidade, do bigoberno, da identidade nacional, dos extremismos, …, do que todos e todas xa sabemos de memoria. Eu sempre fun da opinión de que ao rival político non debemos de darlle armas para que nos dispare, pero alá os asesores de Quintana e do BNG coa súa política de comunicación e coas súas propostas –en ocasións- de vodevil. 

O que máis me doe desta absurda polémica e que non se debata sobre a utilidade ou non das garderías infantís, e que se omitan datos tan importantes coma que se pretenden crear 5500 novas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos (un 65 por cento máis), que se farán preto dun cento de novos centros, ou que case un milleiro de persoas traballarán nestes centros. Estes son os datos dos que deberiamos de estar a falar, e non discutindo sobre mandilóns.

Anuncios

febrero 4, 2007 at 3:57 pm 10 comentarios


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.