Archive for febrero 6, 2007

A pluma de Blanco Vila

Luis Blanco Vila. Foto de Corral (www.lavozdegalicia.es)

Lembro o día no que Blanco Vila, xa como candidato do PP dicía: “Quiero pacificar Boiro, que está agitado, …”. E tamén algún artigo de opinión no que leía: “o Catedrático Blanco Vila vai a traer aire fresco á enrarecida política de Boiro”.

Todo parecía indicar iso, que un home aparentemente sereno, culto e cunha traxectoria profesional envidiable debería iniciar unha liña de traballo sosegada e de respecto, polo menos dentro do partido político do que se convertía en referente. Pero, aquelas primeiras palabras de don Luis só quedaron nun simple titular de prensa dos que el tan ben sabe facer e coñece, posto que foi xornalista.

A realidade é ben distinta, e o candidato do PP preferiu empregar a súa boa pluma –literaria- para disparar coas súas balas de tinta a todo aquel que se movese e opinase algo contrario ao que el pensa.  Por certo, eu teño o enorme mérito de ser o primeiro branco das epístolas de don Luis. Ares, Deira, Velo ou Xosé Manuel Pérez –responsable local do BNG– foron os seguintes protagonistas das cartas que asiduamente escribe e publica Blanco Vila nos xornais da comarca.

A estas alturas creo que a ningún boirense lle cabe dúbida de que a pluma –como escritor- de Blanco Vila é sutil e distinguida, e o seu coñecemento de adxectivos descalificativos é extenso, pero sería bo que tamén empezásemos a coñecer as ideas e as propostas que o candidato do PP ten para Boiro, porque ata o de agora non lin nin escoitei nada sobre o que pensa facer se é alcalde, e que proxectos ten para o noso concello.

febrero 6, 2007 at 1:15 pm 1 comentario


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.