Archive for febrero 8, 2007
Adeus ao Suky
O derrube da Discoteca Suky supón o adeus a outro anaco máis da historia de Boiro. Todos sabiamos que isto ía a pasar tarde ou cedo porque xa facía varios anos que se rumoreaba polo municipio que Juan –o propietario- a quería vender.
O Suky, tal e como escribía Moncho Ares o pasado domingo na Voz (un espléndido artigo), forma parte da historia moderna de Boiro, xa que somos moitos e moitas os que lembramos algunha “aventurilla” acontecida neste templo da movida durante moitos anos. É certo que a última etapa deste local foi un tanto decadente, xa que unha vez que a discoteca empezou a perder clientela, o seu propietario intentou experimentar con outra serie de actividades tales como a de restaurante de vodas e banquetes, ou a de clube de alterne; pero o Suky non volveu a recuperar aquel prestixio e sona que tivo nos anos 70 e 80.
As escavadoras, a demanda inmobiliaria e o declive da discoteca Suky conseguiron rematar cun anaco da historia de moitos boirenses, pero non conseguirán que esquezamos aqueles marabillosos momentos dos que tanto temos disfrutado.
Comentarios