Archive for febrero 10, 2007

¡¡Menudo erro de Oleguer!!

Oleguer, o xogador do Barça, cometeu tres erros imperdoables para os tempos que corren en España actualmente: pensar, ter opinión propia e non ser politicamente correcto. E erros dese calibre acábanse pagando caros porque a certos sectores políticos e mediáticos españois non lles gusta que poida saír alguén con certa repercusión pública e manifeste unha opinión contraria á liña que eles intentar marcar diariamente.

Oleguer é un chaval de 27 anos, estudiante de Económicas, que se manifestou en diversas ocasións de esquerdas, involucrado en diversos movementos sociais e cunhas ideas e un ideais que non dubida en defender publicamente. É dicir, un raro exemplar no conformista mundo do fútbol, onde a gran maioría dos galácticos deste deporte só se preocupan por facer contratos millonarios, ter coches deportivos, vestir roupa de marca, …; e os que non son galácticos soñan con chegar a ser.

E como non é habitual que un deportista de elite opine e se molle en temas políticos, xa que unicamente estamos acostumados a escoitarlles pronunciar frases tópicas e baleiras, xa o apunta Loli Rodríguez no seu blog. Oleguer Presas converteuse nun cabeza de turco, un aviso ao resto de futbolistas no que parece que se lle está a dicir: “non pensedes, e se por casualidade o facedes …. calade”. Iso é o que optou por facer a empresa de roupa deportiva Kelme que patrocinaba a Oleguer, e decidiu romper a súa relación contractual por falar e opinar. ¡¡Viva a liberdade de expresión!!.

Eu vou a confesarvos que non habitúo a mercar cousas de Kelme, pero a partires dagora non teño pensado gastar un euro nesa marca.

febrero 10, 2007 at 9:42 pm 8 comentarios


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.