¡¡Menudo erro de Oleguer!!

febrero 10, 2007 at 9:42 pm 8 comentarios

Oleguer, o xogador do Barça, cometeu tres erros imperdoables para os tempos que corren en España actualmente: pensar, ter opinión propia e non ser politicamente correcto. E erros dese calibre acábanse pagando caros porque a certos sectores políticos e mediáticos españois non lles gusta que poida saír alguén con certa repercusión pública e manifeste unha opinión contraria á liña que eles intentar marcar diariamente.

Oleguer é un chaval de 27 anos, estudiante de Económicas, que se manifestou en diversas ocasións de esquerdas, involucrado en diversos movementos sociais e cunhas ideas e un ideais que non dubida en defender publicamente. É dicir, un raro exemplar no conformista mundo do fútbol, onde a gran maioría dos galácticos deste deporte só se preocupan por facer contratos millonarios, ter coches deportivos, vestir roupa de marca, …; e os que non son galácticos soñan con chegar a ser.

E como non é habitual que un deportista de elite opine e se molle en temas políticos, xa que unicamente estamos acostumados a escoitarlles pronunciar frases tópicas e baleiras, xa o apunta Loli Rodríguez no seu blog. Oleguer Presas converteuse nun cabeza de turco, un aviso ao resto de futbolistas no que parece que se lle está a dicir: “non pensedes, e se por casualidade o facedes …. calade”. Iso é o que optou por facer a empresa de roupa deportiva Kelme que patrocinaba a Oleguer, e decidiu romper a súa relación contractual por falar e opinar. ¡¡Viva a liberdade de expresión!!.

Eu vou a confesarvos que non habitúo a mercar cousas de Kelme, pero a partires dagora non teño pensado gastar un euro nesa marca.

Anuncios

Entry filed under: Barça, Deportes, Política.

Adeus ao Suky CQC no Parlamento de Galicia

8 comentarios Add your own

  • 1. Montresors  |  febrero 10, 2007 en 11:25 pm

    Non me sexas demagogo, Kelme tiña un contrato con Oleguer porque eso permitelles asociar os valores da imaxe do deportista as suas prendas, se polo que sexa esa imaxe do deportista trasmite valores negativos a un certo número de xente, nin Kelme nin ningunha outra marca van a querer ter nada que ver con el. Ver nesto, que so e unha cuestión de marketing empresarial, un ataque a liberdade de expresión e retorcer a realidade. A mesma liberdade que ten o xogador para decir o que pensa tena a empresa para velar polos seus intereses.

  • 2. Cartaxinés  |  febrero 11, 2007 en 2:40 am

    Paréceme incríbel que aínda hoxe haxa xente que pense que un individuo e unha empresa están ao mesmo nivel moral ou xuridicamente. Kelme non é un fulano co que Oleguer se cruzou pola rúa, ten un capital maior que o dalgúns estados africanos e unha forza inmensa como grupo de presión. Abreviando: Oleguer non lle pode foder a vida a Kelme, Kelme a Oleguer si (e non só a el, tamén a millóns de persoas, mesmo ten o poder de poñer a nenos indios a coser balóns se lle peta).
    Que feitos así se permitan impunemente no Estado español non fai máis que confirmar que a lóxica da democracia española é “se pensas coma min tes liberdade de pensamento, senón xa podes facer as maletas”.

  • 3. Montresors  |  febrero 11, 2007 en 8:55 pm

    O que hai que oir, ou sexa que mañan sae o Presidente de Kelme a falar mal de Oleguer e xa o fodeu, os aficionados do Barcelona non van a seguir apoiando e comprando camisetas do xogador, Rijkaard non o vai a convocar mais, e mesmo Laporta non lle vai a renovar o contrato, o que fara que teña que abandoar o futbol porque ningún equipo o vai a querer fichar. Ainda que eu penso que mais probable sería que se Oleguer sae dicindo que os produtos de Kelme son cativos as suas ventas disminuirían bastante en Cataluña e entre os milleiros de seguidores do Barcelona no resto de España. Meu amigo, se Kelme lle pagaba uns bos cartos a Oleguer era para dar boa imaxen os seus productos, non creo que fora para coser camisetas, nese caso si que estaría dacordo contigo. A Kelme importalle dous carallos se Oleguer apoia a ETA ou se pertenze o comando Nafarroa, Kelme o único que quere, e para eso lle pagaba, e que lle dea boa imaxen os seus produtos, se eso non e así entón Kelme estaría tirando cos cartos.

  • 4. blas  |  febrero 11, 2007 en 10:14 pm

    Falar de boa imaxe e de Kelme é algo incompatible. A imaxe de Kelme xa está bastante deteriorada por certas cousas que permitiu no seu equipo ciclista as cales eran bastante máis graves ca unha opinión que poda realizar unha persoa a título individual.

  • 5. Cartaxinés  |  febrero 11, 2007 en 11:40 pm

    En canto ao de foderlle a carreira, espero que ninguén se esqueza do que pasou con Nacho do Compostela cando dixo que non xogaría nunca coa selección española (claro que con Nacho era máis doado, como era galego ninguén saiu a defendelo).

  • 6. lagaitaenlacabeza  |  febrero 12, 2007 en 10:03 pm

    Creo que es tan defendible la postura de oleguer, manifestandose en libertad, como la de la empresa que decide rescindirle el contrato por entender que atenta a su imagen. A mí la verdad, es que me la trae al pairo tanto uno como otro. No nos olvidemos que estamos ante un contrato de imagen, una mera cuestión de marketing, y si la empresa considera que la imagen de marca se puede ver dañada por las manifestaciones de Oleguer, pues mira, es su decisión. Pero repito, tan legítimo una postura como otra. Y creo que no se puede criminalizar a ninguno

  • 7. javimonorra  |  febrero 13, 2007 en 8:56 pm

    Lo que jode es que Oleguer diga verdades como templos, que se joda Kelme, que es una marca de mierda, y un equipo ciclista de yonkis. Gente así os hace falta en Galiza, así os va.

  • 8. O Raposo  |  febrero 15, 2007 en 10:26 pm

    Certamente Oleguer é unha rara avis no mundo do fútbol onde como comentas gran parte dos xogadores non se mollan e só din frases típicas.
    Non creo que a Kelme lle perjudicara as declaracións do xogador azulgrana (que, dito sea de paso, están bastante ben razoadas) e polo que a min respecta tampocuo vou mercar máis productos desa marca.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: