Archive for febrero 13, 2007

Blanco Vila o xormalista

Cartel de Blanco Vila

Quero aclararvos que cando vexades o título deste post, non é que me equivocara, é que estou transcribindo o que aparece nuns panfletos, carteis e vallas que hai por todo Boiro.

Non fai moitos días que vos falaba da boa pluma –literaria- de Luis Blanco Vila, candidato do PP á alcaldía de Boiro. Boa pluma que queda de manifesto na redacción da publicidade de precampaña. A simple vista eu puiden detectar só oito fallos de ortografía, aínda que é posible que haxa máis (invítovos a buscalos); sen contar a redacción dalgunhas frases de sintaxe complicada.

Ten difícil explicación que un home da brillante traxectoria do profesor Blanco Vila -Doutor en Letras e en Ciencias da Información e gañador de varios premios literarios- poida definirse coma xormalista ou pretender que Boiro sexa un logar tranquilo, e ademais atreverse a difundir por todo o municipio a súa grave equivocación. Aínda que podía ser peor, e escribir Boiro con “V”.

Eu non acabo de entender como isto lle puido suceder a un home tan ilustrado coma el, que escribe semanalmente cartas de opinión nos xornais; aínda que, as únicas explicacións que lle atopo son que ao estar tanto tempo fora de Galicia descoñece o vocabulario e a lingua galega, ou que o que lle está a deseñar a campaña é un inimigo a soldo de Velo ou de Deira.

Pero tal e como remata o xormalista Blanco Vila no seu panfleto: Iso é o que hai. Do deseño e da foto podemos falar outro día.

febrero 13, 2007 at 12:16 am 22 comentarios


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.