Archive for febrero 17, 2007

FG gaña 9,78 millóns de euros

Francisco González Rodríguez, un galego de Chantada ao que se coñece como FG, cobrou o ano pasado 9,78 millóns de euros –que veñen a ser máis de 1.690 millóns de pesetas-. ¡¡Case nada!!. Sobre todo se o comparamos con outros salarios que consideramos elevados, pero que comparados co seu son míseros. Por exemplo, o do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, que no 2007 cobrará 89.303 euros; o de Touriño, presidente da Xunta de Galicia, que vai cobrar 81.760; ou o de Manuel Marín, presidente do Congreso dos Deputados –o político mellor pagado-, que cobrará máis de 175.000 euros. 

Francisco González ten a sorte de ser o presidente do BBVA, e digo a sorte porque chegou a este posto por ser amigo de Aznar, e ademais dunha maneira un tanto rara. Pero o certo é que el gaña todos eses cartos por ser o que garda a chave da caixa forte que protexe os nosos cartos, e por prestarnos cartos para que poidamos vivir un pouco mellor, en definitiva podemos dicir que gaña millóns de euros por ser usureiro profesional, un galáctico da usura. 

Din que os cartos non dan a felicidade, pero non me cabe dúbida que este chantadino é algo máis feliz que a maioría dos seus paisanos

febrero 17, 2007 at 1:35 am 2 comentarios

Un novo xornalismo


Xa podemos dicir que grazas aos blogs estase a crear un novo xornalismo, non só pola infinidade de bitácoras de xornalistas que se dedican a comentar o que acontece na actualidade informativa (Nacho Escolar, Juan Varela, Nacho de la Fuente ou outros moitos); senón que agora os medios de comunicación de certa relevancia xa empezan a facer novas cos comentarios que persoeiros de relevancia fan nos seus blogs.

O exemplo é o xornal La Voz de Galicia, na súa edición de Ferrolterra, que fai a súa nova máis importante do día en función dun post publicado polo voceiro de pesca do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage.

Lage aclaraba no seu blog que a paraxe da praia de Ponzos en Ferrol estaba a salvo da ubicación dunha planta de acuicultura, e o xornalista Ruben Santamarta. A min paréceme ben que os xornalistas lean as bitácoras dos políticos e doutros persoeiros relevantes para informarse, e incluso que poidan sacar información para publicar nos medios nos que traballan, o que non comparto é que non citen a fonte; e no caso concreto desta nova, aínda que o xornalista si fala de que estes datos se poden ler na bitácora de José Manuel Lage, non cita a dirección do seu blog.

febrero 17, 2007 at 12:18 am 1 comentario


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.