FG gaña 9,78 millóns de euros

febrero 17, 2007 at 1:35 am 2 comentarios

Francisco González Rodríguez, un galego de Chantada ao que se coñece como FG, cobrou o ano pasado 9,78 millóns de euros –que veñen a ser máis de 1.690 millóns de pesetas-. ¡¡Case nada!!. Sobre todo se o comparamos con outros salarios que consideramos elevados, pero que comparados co seu son míseros. Por exemplo, o do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, que no 2007 cobrará 89.303 euros; o de Touriño, presidente da Xunta de Galicia, que vai cobrar 81.760; ou o de Manuel Marín, presidente do Congreso dos Deputados –o político mellor pagado-, que cobrará máis de 175.000 euros. 

Francisco González ten a sorte de ser o presidente do BBVA, e digo a sorte porque chegou a este posto por ser amigo de Aznar, e ademais dunha maneira un tanto rara. Pero o certo é que el gaña todos eses cartos por ser o que garda a chave da caixa forte que protexe os nosos cartos, e por prestarnos cartos para que poidamos vivir un pouco mellor, en definitiva podemos dicir que gaña millóns de euros por ser usureiro profesional, un galáctico da usura. 

Din que os cartos non dan a felicidade, pero non me cabe dúbida que este chantadino é algo máis feliz que a maioría dos seus paisanos

Anuncios

Entry filed under: Política, Xeral.

Un novo xornalismo A la rueda … Rueda

2 comentarios Add your own

  • 1. nameless  |  febrero 21, 2007 en 3:24 pm

    BBVA, BSCH, Caja Madrid e La Caixa; según teño escoitado, tiveron un ano afortunado.
    Vostede que é político, ou parece, poderíame despexar certas dudas que me aflixen dende xa fai en canto á relación da politica e o fondo monetario:
    ¿A que se lle soe prestar máis atención; fondos reservados ou secretos, ao fondo perdido, ós baixos fondos, fondo morto ou vitalicio, fondo de pensións ou ó fondo de inversión?
    E por outro, despéxeme quen é realmente o que exerce na polítca; se os ‘políticos’ ou os ‘banqueiros.’

  • 2. IVAN  |  junio 13, 2007 en 12:08 am

    politikeiros baratos k nin bos comededs os mocos
    PARA A TUA INCULTURA FG E UN DOS MELLORES ECONOMISTAS
    AhI VOS KEDEDES CO VOSO MUNDO DE FLORES E VACAS
    ESPERTADE K O COMUNISMO XA MORREU

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: