Un novo xornalismo

febrero 17, 2007 at 12:18 am 1 comentario


Xa podemos dicir que grazas aos blogs estase a crear un novo xornalismo, non só pola infinidade de bitácoras de xornalistas que se dedican a comentar o que acontece na actualidade informativa (Nacho Escolar, Juan Varela, Nacho de la Fuente ou outros moitos); senón que agora os medios de comunicación de certa relevancia xa empezan a facer novas cos comentarios que persoeiros de relevancia fan nos seus blogs.

O exemplo é o xornal La Voz de Galicia, na súa edición de Ferrolterra, que fai a súa nova máis importante do día en función dun post publicado polo voceiro de pesca do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage.

Lage aclaraba no seu blog que a paraxe da praia de Ponzos en Ferrol estaba a salvo da ubicación dunha planta de acuicultura, e o xornalista Ruben Santamarta. A min paréceme ben que os xornalistas lean as bitácoras dos políticos e doutros persoeiros relevantes para informarse, e incluso que poidan sacar información para publicar nos medios nos que traballan, o que non comparto é que non citen a fonte; e no caso concreto desta nova, aínda que o xornalista si fala de que estes datos se poden ler na bitácora de José Manuel Lage, non cita a dirección do seu blog.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Enlaces, Galicia, Medios de Comunicación, Política, PSdeG-PSOE, Xunta.

Blanco Vila o xormalista FG gaña 9,78 millóns de euros

1 comentario Add your own

  • 1. Rubén Santamarta  |  febrero 21, 2007 en 6:21 pm

    Lamento non ter incluida esa referencia, non se me esquecerá para a seguinte ocasión. E efectivamente hai un novo xornalismo, pero creo que sempre hai que seguir unha premisa: a verdade. Se procede dunha bitácora dixital e é certo, adiante.
    Unha aperta desde Ferrol
    Rubén

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: