Archive for febrero 26, 2007

O vídeo de Iván

 

Non me cabe dúbida de que en Fene vai a producirse o cambio ao fronte da Alcaldía. Xa falei en varias ocasións neste blog de Iván Puentes: da súa ilusión, do seu traballo, da súa valía, do boa persoa que é –en ocasións bo de máis-, … , que queredes que vos diga, ¡¡é amigo meu!!. Hoxe preséntovos, case en primicia –xa está na web do PSdeG-PSOE-, o seu vídeo de campaña; o que como comprenderedes é unha enorme alegría para min.  

O camiño que tivo que percorrer Iván para ser o candidato socialista á alcaldía non foi doado, a pesares de que logrou a unanimidade dos militantes da súa agrupación desde o primeiro momento; pero, como case sempre apareceron os envexosos, resentidos e mezquinos  que só saben poñer pedras no camiño para intentar disimular á conta dos demais a súa incompetencia e necidade. Pero, en definitiva, o importante é que superadas as zancadillas iniciais podo asegurarvos que Iván vai ser un gran alcalde de Fene. 

Mirade o vídeo dun amigo.

Anuncios

febrero 26, 2007 at 8:02 pm 6 comentarios

Valderrei

tamara 

Acabo de ver o primeiro capítulo da serie Valderrei que desde hoxe empeza a emitir a Galega. Non son un asiduo deste tipo de “telenovelas”, nin tampouco da TVG, pero a razón pola que vos falo desta é porque intervén unha boa amiga, Tamara.

Tamara Canosa xa ten ás súas costas un curriculum destacable, participou nas series Mareas Vivas e Entre Bateas; ou nas películas Heroína -de Gerardo Herrero- e Días Azules –de Miguel Santesmases-; ademais de participar en obras teatrais como Las Troyanas onde interpretaba o papel de Hécuba.

Valderrei conta a historia dunha muller de 40 anos, casada e con dous fillos, que despois de vivir moitos anos en Ferrol fuxe de xunta o seu marido, porque este a maltrata física e psiquicamente –desgraciadamente de actualidade-. Recoméndovos, polo tanto, que se tendes tempo e podedes vexades esta serie e así comprobaredes a boa actriz que é Tamara. Que é unha excelente persoa xa volo garanto eu.

¡¡Sorte Tamariña!!

febrero 26, 2007 at 5:29 pm 11 comentarios


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.