O vídeo de Iván

febrero 26, 2007 at 8:02 pm 6 comentarios

 

Non me cabe dúbida de que en Fene vai a producirse o cambio ao fronte da Alcaldía. Xa falei en varias ocasións neste blog de Iván Puentes: da súa ilusión, do seu traballo, da súa valía, do boa persoa que é –en ocasións bo de máis-, … , que queredes que vos diga, ¡¡é amigo meu!!. Hoxe preséntovos, case en primicia –xa está na web do PSdeG-PSOE-, o seu vídeo de campaña; o que como comprenderedes é unha enorme alegría para min.  

O camiño que tivo que percorrer Iván para ser o candidato socialista á alcaldía non foi doado, a pesares de que logrou a unanimidade dos militantes da súa agrupación desde o primeiro momento; pero, como case sempre apareceron os envexosos, resentidos e mezquinos  que só saben poñer pedras no camiño para intentar disimular á conta dos demais a súa incompetencia e necidade. Pero, en definitiva, o importante é que superadas as zancadillas iniciais podo asegurarvos que Iván vai ser un gran alcalde de Fene. 

Mirade o vídeo dun amigo.

Anuncios

Entry filed under: Enlaces, Fene, Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE, Recomendacións.

Valderrei Telecinco, a cadea amiga??

6 comentarios Add your own

  • 1. miguelnr  |  febrero 26, 2007 en 10:21 pm

    Me gusta la parte de las fotografias de cuando era pequeñajo, y esas cosas… es curioso.

  • 2. Estevo das Estrivadas  |  febrero 26, 2007 en 10:56 pm

    Ollando o video pois un xa se decata que é do PsoE, pois todo é imaxe, non di nada…nada dos problemas de Fene, se cadra non os hai?, de seguro que si…mas non como noutros lares pois alí leva gobernando o BNG desde 1979 e agardo que por moito tempo mais.

    Fene é unha das moitas localidades onde o PsoE cambia de candidato ao seu antollo, nen dicer que o anterior candidato “socialista” Xurxo Yañez levou ao PsoE de Fene aos mellores resultados da súa historia…mas xa se sabe como as gasta a democracia do PsoE. Máis información:

    http://www.lavozdegalicia.com/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=4963014&lnk=JORGE,YANHEZ

    Boeno, o importante é que se traballe polo ben de Fene e da mellora da calidade de vida de todos os seus veciños.

    Saúdos nacionalistas

  • 3. Manuel Cendán  |  febrero 27, 2007 en 7:34 am

    Grazas polo vídeo de Iván, que sen dúbida será o próximo alcalde de Fene. Localidade que xa pide un cambio e xiro á esquerda.
    E iso o saben tamén no BNG. Xa nos teras informados dos vídeos que vaian saíndo.
    Grazas tamén polo enlace ao meu blog.

  • 4. Javier Castiñeiras de Trazo  |  febrero 27, 2007 en 4:42 pm

    UN VIDEO QUE REFLEXA O CARISMA POLÍTICO DE PUENTES
    Despois de ollar o devandito video de presentación, un pode ollar que nel se percibe sencillez, armonía, compromiso.
    O que non se pode transmitir atraveso dun video e as cualidades políticas dun alcalde im pectore chamado Iván Puentes.
    O candidato socialista á Alcaldía de Fene simboliza o que emanan as ideas e proxectos do PSdeG para mellorar cada un dos nosos Concellos, dos nosos pobos, das nosas cidades, das nosas vilas.
    En Fene tamén os NOVOS TEMPOS son chegados. ¡¡Sorte!!

  • 5. Cruciña  |  febrero 27, 2007 en 6:12 pm

    Moita sorte Iván.
    Mereces todo o mellor.

  • 6. estevo das estrivadas  |  febrero 28, 2007 en 11:59 pm

    O nulo interese do PsoE e do PP para con Galiza quedou demostrado istos días no Congreso:

    http://video.google.com/videoplay?docid=-5339441096272983547&hl=es

    Os deputados xacobinos do PsoE e do PP pasando dos problemas de Fene e o Iván Puentes dándose paseiños de imaxe en Internet.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: