Valderrei

febrero 26, 2007 at 5:29 pm 11 comentarios

tamara 

Acabo de ver o primeiro capítulo da serie Valderrei que desde hoxe empeza a emitir a Galega. Non son un asiduo deste tipo de “telenovelas”, nin tampouco da TVG, pero a razón pola que vos falo desta é porque intervén unha boa amiga, Tamara.

Tamara Canosa xa ten ás súas costas un curriculum destacable, participou nas series Mareas Vivas e Entre Bateas; ou nas películas Heroína -de Gerardo Herrero- e Días Azules –de Miguel Santesmases-; ademais de participar en obras teatrais como Las Troyanas onde interpretaba o papel de Hécuba.

Valderrei conta a historia dunha muller de 40 anos, casada e con dous fillos, que despois de vivir moitos anos en Ferrol fuxe de xunta o seu marido, porque este a maltrata física e psiquicamente –desgraciadamente de actualidade-. Recoméndovos, polo tanto, que se tendes tempo e podedes vexades esta serie e así comprobaredes a boa actriz que é Tamara. Que é unha excelente persoa xa volo garanto eu.

¡¡Sorte Tamariña!!

Anuncios

Entry filed under: Enlaces, Galicia, Recomendacións.

Carlos Núñez, grazas!! O vídeo de Iván

11 comentarios Add your own

  • 1. estevo das estrivadas  |  febrero 26, 2007 en 8:06 pm

    Non tiña coñecimento desta serie, mas penso que é bó que existan series de contido social, para que a cidadanía vaia tendo mais conciencia desta problemática.

    Ogallá que isto sexa un inicio dunha nova polìtica audiovisual na Galiza comprometida coas moitas eivas sociais existente na nosa sociedade.

  • 2. nemtele  |  marzo 2, 2007 en 6:37 pm

    temática social?
    culebrom puro e duro, nom confundamos. é um produto que encaixaria perfeitamente na tvg de antes do governo de esquerdas.

  • 3. srixon_1  |  marzo 7, 2007 en 4:54 pm

    nemtele:
    no tienes ni idea de la serie asi que no digas cosas que no sabes, en primer lugar no es un culebro puro y duro, simplemente es un diario, es decir una serie que se emite todos los dias, y como comprenderesas no tratan los mismos temas que una serie de prime time. En seugundo lugar si supieses quien produce esta serie te darias cuenta de que no es en ningún caso de izquierda. Asi que no te vayas tanto de listo e informate antes de hablar

  • 4. Sheyla  |  marzo 10, 2007 en 12:11 pm

    Ola! Eu só quería manifestar tamén a miña admiración por Tamara Canosa. Traballei con ela nas Troyanas (eu era Andrómaca) a agora estamos xuntas na serie (eu son Xandra), non sei quen es, pero desde logo penámolo mesmo desta rapaciña. É xenial, moi boa tía e divertidísima e como actriz, que dicir? Faino xenial e estou segura de que seguirá adiante facendo o que máis lle gusta e o que mellor se lle da: actuar. Moita sorte pra ela da miña parte e saúdos pra ti.

  • 5. Xosé Antón  |  marzo 12, 2007 en 10:16 pm

    Ola. Eu vin a reemisión dun par de capítulos un sábado pola tarde e pareceume un produto de moi boa factura. Mil veces mellor que outros subprodutos americanos que nos invaden. Noraboa aos que participan e agardo que a audiencia -que é a que de verdade conta neste tipo de cousas- lles sexa favorable.

  • 6. nemtele  |  marzo 17, 2007 en 5:47 pm

    nom pretendia ofenser a ninguem, eh. Comparto o que aqui se di de Tamara, penso que é um valor seguro na interpretaçom galega e agardo que lhe vaia moi bem.
    O que passa é que me fai moita graça que se diga que Valderrei tem temática social: tem amores, desamores, filhos bastardos… vamos, culebrom puro e duro.
    E creo que a minha opiniom (e é só umha opiniom) tem tanto valor como a de qualquer pessoa. Em quanto ao de estar bem informado sobre a temática e a produtora, só dizer que trabalho na série e ja tenho lido até o episódio 45.
    Um saudo.

  • 7. nemtele  |  marzo 17, 2007 en 6:05 pm

    e moitas graças aos que dizides que é um produto de boa factura. facemo-lo o melhor que podemos. 🙂
    se a audiência galega demanda culebrons, melhor que seja de produçom própria, nom? assi genera-se emprego para intérpretes e técnicos e o público ve produtos em galego.

  • 8. mayte  |  abril 30, 2007 en 4:16 pm

    Eu vin esta serie mentres estiven de baixa e dame moita pena que coincida co meu horario laboral e non a poda ver xa.
    E unha boa serie,totalmente actual , moi entretida, e cun reparto de actores que, mellores ou peores, me gusta moito.
    Está moi ben que a tvg poña este tipo de series e de traballo aos nosos actores, e que non teñamos únicamente que ir ao teatro para poder velos. Se deberían facer máis, para os que por unhas razóns ou outras non temos tanta facilidade de ir ao teatro e ver o que se fai en Galiza.
    Por último eu quero salientar ao meu paisano Toño Casais, que ainda que ate donde eu vin, non tiña papeis moi longos, si o vin moitas veces no teatro e é moi bo actor.
    un saudo a todos

  • 9. Xacobe  |  mayo 19, 2007 en 8:43 pm

    Que sí, que sí. Que Tamara é unha pedazo actriz (un gustazo ter traballado contigo) ao igual que moitos dos actores do reparto da serie. Saúdos tamén para Sheyliña!

    (Xa tiña ganas de ler este blog)

  • 10. blas  |  mayo 20, 2007 en 7:39 pm

    Grazas Xacobe polo teu comentario. Coincido no que dis sobre a calidade dos actores e actrices desta serie.

    Grazas, outra vez, por visitar este blog, estás invitado a visitalo sempre que queiras.

    Un saúdo

  • 11. Ana  |  agosto 23, 2007 en 10:25 pm

    Valderrei encántame,non me gustan moito as novelas de TVG,pero esa enganchoume desde o prinicipio,os martes non me perdo ningún capítulo!VIn por aí que falou Sheyla Fariña,que fai de Xandra,tamén es moi boa,encántasme guapísima!!Un saúdo!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: