Archive for marzo 2, 2007

Telecinco, a cadea amiga??

imaxe emitida polo programa Diario D ...

O pasado martes estiven vendo o programa Diario D … que presenta Mercedes Milá en Telecinco. Esta semana abordaban o tema dos maltrato nas garderías, a raíz da denuncia realizada á cadea de televisión pola empregada dunha escola infantil que se marchou da mesma por non compartir como se trataba aos rapaces.

Teño que confesarvos que as imaxes que se amosaron neste programa de investigación resultáronme tremendamente fortes e impactantes, por ver como unha desalmada que se facía chamar coidadora –que e a filla da propietaria- trataba aos nenos e nenas como se fosen animais. Facíalle cousas tan desagradables como pechalos nun cuarto escuro para que pensasen, a unha nena obrígalle a comer os seus propios vómitos, e a outra tapáballe o nariz mentres lles daba de comer e para que o tragara todo, ademais do trato vexatorio e insultante con gritos constantes e insultos.

En “El Borreguito Azul” –así se chama a gardería- maltrataban a nenos e nenas de cero a tres anos, e o que parecía ser un lugar onde os pais deixaban tranquilos aos seus fillos, porque alí llos ían a atender, coidar, mimar e protexer, o que estaban facendo era humillalos, castigalos, desatendelos, … A persoa que se atreve a facer iso cun neno non é normal, está enferma e merece ser tratada; e digo esto mordéndome a lingua e omitindo algún adxectivo calificativo máis forte.

Telecinco, a cadea amiga 

Pero o máis grave de todo isto, e que sae hoxe nos medios de comunicación e que a escola infantil foi pechada hoxe. Pero resulta que esta imaxes están gravadas desde o mes de decembro, e a cadea Telecinco non entregou a cinta á Consellería de Educación da Comunidade de Madrid ata onte –mércores- pola tarde. Segundo di o Conselleiro de Educación de Madrid, solicitoulle unha copia á cadea de televisión e esta negoulla dicindo que ata que emitiran o programa non llela facilitaría. E despois atrévense a facer moita propaganda cos “12 meses, 12 causas”, pero son capaces de ser cómplices de maltrato infantil durante dous meses por preservar a emisión dun programa. ¡¡Ole a Telecinco!!.

O caso, é que fai máis de dous meses que se ten coñecemento deste graves e noxentos feitos na gardería, e resulta que nin Telecinco, nin a implacable Mercedes Milá, nin o conselleiro de educación, nin o defensor do Menor –ambos da Comunidade de Madrid-, nin ninguén no seu “san xuízo” foi capaz de actuar e poñerlle fin ao maltrato a estes nenos e nenas menores de tres anos. ¡¡Incrible!!. E os pais sen se enterar, sen que ninguén os avisase do que lles estaban a facer aos seus fillos. E agora, ¿de quen é a culpa? O que si está claro é que os nenos e nenas son inocentes, ademais das víctimas.

Anuncios

marzo 2, 2007 at 1:06 am 4 comentarios


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.