Telecinco, a cadea amiga??

marzo 2, 2007 at 1:06 am 4 comentarios

imaxe emitida polo programa Diario D ...

O pasado martes estiven vendo o programa Diario D … que presenta Mercedes Milá en Telecinco. Esta semana abordaban o tema dos maltrato nas garderías, a raíz da denuncia realizada á cadea de televisión pola empregada dunha escola infantil que se marchou da mesma por non compartir como se trataba aos rapaces.

Teño que confesarvos que as imaxes que se amosaron neste programa de investigación resultáronme tremendamente fortes e impactantes, por ver como unha desalmada que se facía chamar coidadora –que e a filla da propietaria- trataba aos nenos e nenas como se fosen animais. Facíalle cousas tan desagradables como pechalos nun cuarto escuro para que pensasen, a unha nena obrígalle a comer os seus propios vómitos, e a outra tapáballe o nariz mentres lles daba de comer e para que o tragara todo, ademais do trato vexatorio e insultante con gritos constantes e insultos.

En “El Borreguito Azul” –así se chama a gardería- maltrataban a nenos e nenas de cero a tres anos, e o que parecía ser un lugar onde os pais deixaban tranquilos aos seus fillos, porque alí llos ían a atender, coidar, mimar e protexer, o que estaban facendo era humillalos, castigalos, desatendelos, … A persoa que se atreve a facer iso cun neno non é normal, está enferma e merece ser tratada; e digo esto mordéndome a lingua e omitindo algún adxectivo calificativo máis forte.

Telecinco, a cadea amiga 

Pero o máis grave de todo isto, e que sae hoxe nos medios de comunicación e que a escola infantil foi pechada hoxe. Pero resulta que esta imaxes están gravadas desde o mes de decembro, e a cadea Telecinco non entregou a cinta á Consellería de Educación da Comunidade de Madrid ata onte –mércores- pola tarde. Segundo di o Conselleiro de Educación de Madrid, solicitoulle unha copia á cadea de televisión e esta negoulla dicindo que ata que emitiran o programa non llela facilitaría. E despois atrévense a facer moita propaganda cos “12 meses, 12 causas”, pero son capaces de ser cómplices de maltrato infantil durante dous meses por preservar a emisión dun programa. ¡¡Ole a Telecinco!!.

O caso, é que fai máis de dous meses que se ten coñecemento deste graves e noxentos feitos na gardería, e resulta que nin Telecinco, nin a implacable Mercedes Milá, nin o conselleiro de educación, nin o defensor do Menor –ambos da Comunidade de Madrid-, nin ninguén no seu “san xuízo” foi capaz de actuar e poñerlle fin ao maltrato a estes nenos e nenas menores de tres anos. ¡¡Incrible!!. E os pais sen se enterar, sen que ninguén os avisase do que lles estaban a facer aos seus fillos. E agora, ¿de quen é a culpa? O que si está claro é que os nenos e nenas son inocentes, ademais das víctimas.

Anuncios

Entry filed under: Medios de Comunicación, Xeral.

O vídeo de Iván En que se diferencian??

4 comentarios Add your own

  • 1. Xerelo  |  marzo 2, 2007 en 10:30 am

    Ben, Mercedes Milá como periodista paréceme a cousa máis sensacionalista que se poida un imaxinar. Polo tanto non vin a reportaxe enteira, polo que podo estar moi equivocado sobre o que vin.

    O problema das cámaras ocultas e que só se ve o que eles queren e totalmente fóra de cotexto. Calquera persoa pode berrarlle a un neno nun momento, pero se non vemos as corenta veces que llo estivo a dicir anteriormente de xeito correcto pensaremos que é un mostro.

    Cando falaron dos vómitos, eu o que vin foi que o neno cuspía o que lle daban, non o vomitaba, e calquera que lle dera de comer a un neno sabe como se poñen, e o de recoller a comida que ten esparruñada polo bico e darllo é do máis normal.

    E noutra imaxe onde se dicía que lle batían os nenos, o único que vin foi que lle botaba a cabeza para atrás para poder darlle de comer e que despois dáballe na man dun xeito totalmente suave porque o neno a levaba a boca.

    Repito que so vin trozos, e que posiblemente esa non sexa a mellor gardaría do mundo, pero penso que as cousas son moi distintas de como nolas amosaron.

  • 2. E. Osorio  |  marzo 2, 2007 en 1:41 pm

    Xa ves amigo Blas esto é o poder da “pasta”.
    Vale máis a exclusiva que os dereitos dos nenos e das nenas
    Unha aperta

  • 3. blas  |  marzo 2, 2007 en 2:05 pm

    Estimado Xerelo, coincido contigo no que dis das cámaras ocultas; pero o que si creo que estás equivocado e no que dis sobre o trato aos rapaces. Non creo que se deba de pechar a ningún neno nun cuarto obscuro, por moi travieso e desobediente que sexa; nen se lle debe de gritar e insultalo por que non queira comer, e moito menos recoller do babeiro o que o neno devolve.

    A min paréceme unha absoluta barbaridade, e desde logo non me gustaría que llo fixesen ás miñas fillas.

  • 4. Xerelo  |  marzo 2, 2007 en 5:58 pm

    Xa dixen que non vin a “reportaxe” enteira, e non estou de acordo co do cuarto escuro e outras cousas. Eu tampouco deixaría alí aos meus fillos despois de ver iso, pero iso non significa que o que se ensinou sexa a realidade, nin que se merezan o linchamento que se está a facer.

    Berrar, acaba berrando cun neno que non quere comer ao darlle a comida até o máis santo. Eu no trozo que vin criticábanas por dicirlle a unha nena que se non comía todo a súa nai non viría a buscala. É imposíbel que alguén considere iso cruel.

    Fíxate como serán as cousas que xa apareceu algún pai dicindo que as cousas non son así. 20minutos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

  • En Negreira segue ardendo o monte, e os medios son escasos. De Ames aportamos un tractor cisterna, tamén están os... fb.me/BmZ7Yc4q 2 days ago
  • AVARÍA AUGA. Xa está restablecido o servizo de auga na maior parte da rede afectada. Operarios de Espina&Delfín... fb.me/1Dnkvea17 3 days ago
  • ATENCIÓN. Con motivo dunha ruptura na liña de abastecemento que baixa do depósito de Castiñeiro do Lobo non hai... fb.me/1tBGQwm7h 3 days ago
  • CENTRO SAÚDE MILLADOIRO. Pois si!! O paso dado hoxe na consecución do novo Centro de Saúde de Milladoiro é moi... fb.me/2Q34RD505 4 days ago
  • Este venres 13 de outubro volvemos a dar outro paso importante para a construción do Centro de Saúde do... fb.me/9nHBJu8i9 5 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: