Archive for marzo 3, 2007

O paracaidista

blanco_vilaTéñovos falado en varias ocasións neste blog de Luis Blanco Vila, o candidato do PP de Boiro. Un home cunha traxectoria profesional destacable, que ao chegar á xubilación decidiu meterse a político e intentar ser alcalde do pobo no que nacera e do que emigrou aos once anos.

A súa entrada neste complicado mundo non foi a máis acertada, posto que sectores do PP de Boiro non o querían ver nin en pintura, e considerábano un “paracaidista” imposto polo “boss” Jesús Alonso.

Lembro agora e reproduzo algúns dos comentarios que deixaron na web da edición do Barbanza de La Voz de Galicia: 

“Animaría a Javier Chouza, Carlos Insúa e Fernando García a levar adiante o seu proxecto dun novo Boiro, sen resentimentos e sen vinganzas partidistas ou personalistas. Sei que é duro animalos pois eles non están dispostos a entrar nunha espiral de descualificacións, navalladas e malas artes ás que nos teñen acostumados as vellas glorias da política boirense. Esta xente podía facer unha gran candidatura no PP, pero foi a sagrada familia a que impuxo ao paracaidista, e eliminou a posibilidade dun cambio liderado por estes homes.” 

“Me acaban de informar de que un sector crítico del PP se puso por fin de acuerdo y fue a Santiago a pedir explicaciones por la candidatura del paracaidista. Al parecer los jefazos se quedaron asombrados por toda la información que les dieron y prometieron interceder ante Roma para que retiren a este hombre antes de que se haga daño él y machaque para siempre nuestro partido. El nuevo candidato podría ser una conocida y respetada profesional de la salud. Una alcaldesa para Boiro.” 

Estes comentarios son un síntoma da opinións que teñen dentro do propio Partido Popular do catedrático e “xormalista” Blanco Vila, o cal ten un brillante e extenso curriculum profesional, pero o político está aínda en branco, e ao mellor non chega nin a escribir unha liña. ¡¡Xa veremos!!.

Anuncios

marzo 3, 2007 at 6:51 pm 2 comentarios

En que se diferencian??

www.cadenaser.com

Esta é a sede do PSOE en Alcalá de Henares e foi atacada esta madrugada con cocteles molotov.

E esta é a sede do Partido Socialista en Barakaldo, atacada tamén con cocteles molotov no mes de xuño.

A miña pregunta é: ¿Que diferencia existe entre ámbolos dous ataques?, e polo tanto ¿que diferencias aos autores dos atentados contra estas sedes?.

Eu cre quue ámbolos dous ataques son exemplos claros de kale borroka, aínda que se produxese en Euskadi e o outro en Madrid.

marzo 3, 2007 at 1:20 pm 3 comentarios


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.