Añoranza golpista

marzo 5, 2007 at 1:15 am 2 comentarios

www.losgenoveses.net

Parece que o Partido Popular, despois de moito insistir, está a conseguir a división de España. Aznar, Rajoy, Acebes, Zaplana, Esperanza Aguirre, … levan anos insistindo na súa teima de que España corría o risco de se fracturar, e a situación actual semella que se cumpren os vaticinios destes profetas do desastre.

Desde a chegada ao goberno de Zapatero e do PSOE día tras día estiveron facendo o imposible por deteriorar e desgastar ao goberno elixido democraticamente polos españois. Dáballe igual as armas, todo o que estivese ao seu alcance era útil para acadar o seu obxectivo. Terrorismo, OPAS, Estatutos, a relixión, os gais e lesbianas, a familia, os mortos en Afganistán, as medallas, …, todo, sen excepción valía para facer oposición.

¡Que fráxiles son de memoria!, xa non se lembran que ata o 2004 estiveron gobernando eles durante oito anos. Pero a diferencia entre o goberno de José Mª Aznar e o de Zapatero, entre o PP e o PSOE, foi precisamente a oposición: o sentimento de estado, a responsabilidade, a crispación, o TALANTE. Algo que para os populares é algo que non entra no seu estilo –como xa pasara durante o goberno de Felipe González-, para eles todo vale con tal de chegar ao poder.

Agora, durante esta semana asistimos a episodios realmente alarmantes para a Democracia e a tranquilidade dos españois, xa que as rúas empezan a ser tomadas por certos individuos que alentados polos líderes do PP atrévense a poñer en dúbida a lexitimidade do goberno socialista e incluso algúns medios afíns á dereita se atreve a publicar artigos onde se aprecia certa añoranza golpista.

Realmente teño que confesarvos que este PP empeza a dar medo, e seguramente que moitos deles desexarían que tivésemos outro dezasete de xullo.

Anuncios

Entry filed under: Persoal, Política, PP, PSOE.

O paracaidista Paula no Pequeno Gran Show

2 comentarios Add your own

  • 1. Cartaxinés  |  marzo 5, 2007 en 3:24 am

    Non menciones a soga na casa do aforcado. Por fortuna, lonxe do que algúns quixeran, tal situación está moi lonxe de acontecer, e fraco favor nos facemos se dende a esquerda contribuímos ao medo que non debemos ter. A razón está do noso lado e a paciencia é unha virtude revolucionaria. Despois de todo o que está en xogo é a maior máquina de dar votos ao PP: a banda terrorista ETA. Non se ían quedar de brazos cruzados vendo como desaparece. Se os socialistas logran a paz o PP pode ir pensando no longo ocaso que lle agarda (estilo UCD), se cadra quen o releve sexa unha dereita verdadeiramente liberal e demócrata, sen raigames fascistas nen actitudes chulescas.

  • 2. estevo das estrivadas  |  marzo 5, 2007 en 2:25 pm

    O PP ten moitos problemas, un deles é non recoñecer a derrota na xerais. Outro, que non teñen unha alternativa ao PsoE

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: