Archive for marzo 7, 2007

A todos los españoles de bien …

mani_peque 

Chégame un mail dunha amiga de Arxentina no que me informa de que o PP nese país está a invitar “a todos los españoles de bien” a manifestarse contra o goberno. Esta convocatoria estase a enviar a través do Sistema Informativo de la Comunidad Española (SICE Prensa & Comunicación) que dirixe o Dr. Jorge Navós.

Non cabe dúbida de que o PP non deixa pasar a ocasión, e pretende facer chegar o estado de crispación a tódalas esquinas do mundo. Habería que saber si en Arxentina Rajoy e os seus “chicos” tamén poñen autobuses e pagan bocadillos para ir á manifestación, ou si Esperanza Aguirre será a encargada de contar aos asistentes e nos contará que asistiron máis dun millón.

Así que xa saben, os españois de ben que se manifesten na Arxentina, e os que decidan non acudir, serán malos españois, e como di Rajoy: insentatos e anormais.

Ver invitación en alta resolución

Anuncios

marzo 7, 2007 at 8:54 pm 3 comentarios

“Uno solo lo nombró, y entre todos lo mataron”

Pois, como xa saberedes a maioría, ou polo menos os de Boiro, Luis Blanco Vila, o “xormalista” e catedrático, xa non é o candidato do PP de Boiro á alcaldía. Parece ser que tomou esta decisión despois alegando problemas de saúde: 

Era una posibilidad que venía meditando desde que el 6 de diciembre el cardiólogo me advirtió de que algunas cosas de mi enfermedad no iban bien”. Motivos de salud “y sólo eso” -insistió- le llevaron a plantear a los dirigentes del partido, el propio Alberto Núñez Feijoo y Juan Juncal, que estaba sopesando la posibilidad de dejarlo: “No creo que tuviera fuerzas para dedicarme a Boiro como deseo, y ante esto, es mejor dejarlo

Teño que confesarvos dúas cousa. A primeira é que eu o venres xa o sabía –un amigo do PP chamoume para contarmo-. E a segunda é que non me creo o dos problemas de saúde, ou alomenos que está sexa a razón polo que “dimite” como candidato. Porque hai cousas que non me cadran: non me cadra que abandone a pouco máis de tres meses para as eleccións, non me cadra que sabendo o da súa saúde desde primeiros de decembro –tres meses- tome agora a decisión, non me cadra que fixese unha campaña de vallas e carteis preelectorais, non me cadra o contido das súas “epístolas” nos xornais, …, no me cadran moitas cousas.

Eu case estou por asegurar que ao catedrático Blanco Vila “se lo cargaron”, e como diría a canción: uno sólo lo nombró, y entre todos lo mataron.  As razóns para o asasinato político de Don Luís poden ser varias, aínda que todas levan ao mesmo sitio: entrou con mal pé na casa popular de Boiro, nunca foi ben recibido nin acadou o aprecio e o cariño dos seus “camaradas” de partido; os datos electorais que manexaba o PP eran moi malos; ningún dos “popes” do PP da comarca o soportaba, nin Torres, nin Ruíz, nin Crespo; os informes que lle chegaban populares galaicos –PPdeG– eran totalmente desfavorables desde o seu nomeamento, e Núñez Feijoo negouse en todo momento a vir a Boiro a presentalo como candidato, a pesar da insistencia inicial de Alonso; en definitiva, que como dicía un amigo meu do PP de Boiro: “ten un curriculum cojonudo, pero de política nin puta idea. A donde imos con este homiño que non sabe nin donde está Peralto ou  Rosadelas”. 

A verdade é que me da pena Don Luis, porque despois da súa traxectoria que teña que soportar este manchón no seu magnífico curriculum, pero así de dura é a vida, e sobre todo a política. Pero, a rei morto rei posto, por unha banda dámoslle o adeus a Blanco Vila, e polo outro recibimos a Juan José Dieste, o novo candidato.

marzo 7, 2007 at 12:36 am 1 comentario


O máis ollado

Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.