Archive for marzo 19, 2007

Paula no País

paula_pais

Hoxe sae Paula no xornal El País falando do seu blog. O xornalista e tamén “blogueiro” Xosé Manuel Pereiro, fai unha reportaxe titulada “Querido ciberdiario” na que comenta e analiza a presenza na rede de varios blogs de nenos e nenas galegos.

Como vos podedes imaxinar cando vin pola mañá a foto de Paula no xornal caeume a baba, porque ademais de ser lista é guapa –por sorte non saíu a seu pai-.

Anuncios

marzo 19, 2007 at 7:26 pm 1 comentario

Escríbelle a Isaac Díaz Pardo

Acabo de recibir un mail de Arredemo, o cal vos deixo como información  

A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo vén de pór en liña unha nova páxina: www.escribelleaisaac.info, para dar resposta a un agravio informático contra Isaac Díaz Pardo acontecido no web do Grupo Sargadelos. Hai dous días, os xestores do sitio anulaban e silenciaban a conta de correo de Isaac Díaz Pardo no dominio do grupo, onde o mestre recibía mensaxes de todo o mundo, especialmente desde a Galiza emigrante. A ligazón á súa biografía (http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html) é ao formulario de correo foi deshabilitada da páxina principal nunha clara tentativa por parte da nova dirección de Sargadelos de desvencellar a imaxe corporativa do grupo do seu fundador.Sabedores deste singular exercicio de cibermesquindade, varios activistas de Arredemo, decidiron copiar as páxinas orfas, aloxalas nun novo dominio e ofrecer ao mestre unha nova conta de correo onde poder continuar a recibir a solidariedade e o agarimo dos miles de galegos e galegas que aínda lle profesan a admiración, o agradecemento e o respecto debidos a un dos homes que máis loitou e traballou a prol da nosa cultura e da nosa identidade como pobo. No novo web inclúese tamén unha ligazón á campaña “Apoio a Isaac Díaz Pardo”, mestreisaac.aduaneirossemfronteiras.org, que desde hai varios meses recaba sinaturas contra a xubilación anticipada do mestre e a nova filosofía mercantilista que a actual dirección pretende imprimir ao grupo Sargadelos.

Deste xeito, a Rede de Acción Socio-Cultural ARREDEMO, que actualmente traballa na posta a punto do seu novo portal de comunicación socio-cultural, quere anunciar o inminente desenvolvemento dunha serie de accións de solidariedade con Isaac Díaz Pardo e co Instituto Galego de Información, actual obxectivo da nova dirección de Sargadelos na súa estratexia de liquidación do legado histórico e conceptual de Luis Seoane, Andrés Fernández-Albalat e o propio Díaz Pardo, sen o cal a actual cultura galega non se podería comprender.

Neste sentido, Arredemo quere facer un primeiro chamamento ao mundo social e cultural galego para participar e colaborar na campaña facéndolle chegar ao mestre mensaxes de solidariedade e apoio a través da súa nova conta de correo: isaac@escribelleaisaac.info, aloxada en www.escribelleaisaac.info.

Por riba das coitas e loitas propias dunha empresa como Sargadelos, desde Arredemo pensamos que preservar a dignidade persoal e intelectual dun home como Isaac Díaz Pardo é un compromiso que atinxe a toda a cultura galega.

marzo 19, 2007 at 2:36 pm 26 comentarios

O límite de Antón Losada

Vou a confesar unha cousa que ao mellor pode sorprender. ¡¡Eu era un seguidor de Antón Losada!!. Si, si, é certo. Gustábanme os artigos que escribía na Opinión da Coruña, as súas intervencións en Hoy por Hoy da Cadena SER e tamén en 59 segundos de Televisión Española.

Pero creo que este home perdeu os papeis e está totalmente descontrolado; desde que foi nomeado secretario xeral de Relacións Institucionais foron soadas as súas saídas de ton, as súas descalificacións, o seu excesivo protagonismo; o que pon de manifesto que Losada é un estupendo tertuliano pero un pésimo cargo político. Ao goberno galego –PSdeG e BNG– non lle beneficia nada ter entre as súas filas a individuos que empregan a chulería e a prepotencia para facerse notar, porque esas actitudes eran precisamente as que ámbolos dous partidos criticaban do PP cando este era o que gobernaba. O cambio político en Galicia non pode significar que existan imitadores de Coto Matamoros ocupando postos de responsabilidade, esa é a imaxe que a Xunta de Galicia debe de erradicar.

Frases coma que o Partido Popular é un “partido basura, con portavoces basura e que fai política basura”, ou insultar airada e despectivamente a uns policías demostran claramente que a persoa que as realiza non está capacitada para ocupar o posto de responsabilidade para o que foi nomeado, porque todo ten un límite e este cruzouno Antón Losada xa fai tempo.

marzo 19, 2007 at 12:37 pm 3 comentarios


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.