O límite de Antón Losada

marzo 19, 2007 at 12:37 pm 3 comentarios

Vou a confesar unha cousa que ao mellor pode sorprender. ¡¡Eu era un seguidor de Antón Losada!!. Si, si, é certo. Gustábanme os artigos que escribía na Opinión da Coruña, as súas intervencións en Hoy por Hoy da Cadena SER e tamén en 59 segundos de Televisión Española.

Pero creo que este home perdeu os papeis e está totalmente descontrolado; desde que foi nomeado secretario xeral de Relacións Institucionais foron soadas as súas saídas de ton, as súas descalificacións, o seu excesivo protagonismo; o que pon de manifesto que Losada é un estupendo tertuliano pero un pésimo cargo político. Ao goberno galego –PSdeG e BNG– non lle beneficia nada ter entre as súas filas a individuos que empregan a chulería e a prepotencia para facerse notar, porque esas actitudes eran precisamente as que ámbolos dous partidos criticaban do PP cando este era o que gobernaba. O cambio político en Galicia non pode significar que existan imitadores de Coto Matamoros ocupando postos de responsabilidade, esa é a imaxe que a Xunta de Galicia debe de erradicar.

Frases coma que o Partido Popular é un “partido basura, con portavoces basura e que fai política basura”, ou insultar airada e despectivamente a uns policías demostran claramente que a persoa que as realiza non está capacitada para ocupar o posto de responsabilidade para o que foi nomeado, porque todo ten un límite e este cruzouno Antón Losada xa fai tempo.

Anuncios

Entry filed under: BNG, Galicia, Política, PP, PSdeG-PSOE, Xunta.

A Voz cámbialle o sexo á alcaldesa de Guitiriz Escríbelle a Isaac Díaz Pardo

3 comentarios Add your own

  • 1. estevo das estrivadas  |  marzo 19, 2007 en 1:10 pm

    Brais, se coñeceras a historia (mintireira e manipuladora) pola que o PP intenta desacreditar a Antón Lousada…seguro que entenderías as súas declaracións.

    Hai cousas en política que non deben ser admitidas, se Antón Lousada cometeu algún delito, o que ten que facer o PP é denuncialo. Xa está ben de botar merda cada dous por tres e agachar a man.

    O que está facendo o PP tanto a nível nacional coma a nível estatal é polìtica lixo. Os que gustamos da polìtica, coma ti e coma min, non podemos admitir certas cousas, todo ten uns límites.

    O que está facendo o PP é que a xente pase cada vez mais de algo que debería ser tan nobre como a política.

    Un saúdo nacionalista

  • 2. blas  |  marzo 19, 2007 en 2:14 pm

    Amigo Estevo, coincido contigo na valoración que fas do PP, pero precisamente por iso creo que nós (os progresistas e de esquerdas) non debemos de caer no xogo “sucio” do PP. Debemos de diferenciarnos deles e amosarlle a sociedade galega que somos distintos, que temos outra forma de facer política.

    E teño que confesarche, moi ao meu pesar, que Antón Losada decepcionoume políticamente, por eses temas que comento, e por outros, que seguramente ti coñeces coma min. Certas actitudes nunca poden ser atribuidas a xente de esquerdas.

    Non creo que Antón Losada sexa un bo exemplo para os cidadáns galegos, nin sexa representativo do goberno bipartito.

    Un saúdo socialista

  • 3. ANTIGALLEGUISTA  |  junio 17, 2007 en 11:24 pm

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: