Diario de Campaña. Teresa e Paula, dúas candidatas. Dúas alcaldesas

marzo 26, 2007 at 12:59 am 2 comentarios

Este fin de semana tocou facer campaña. “Actuamos” con Touriño na provincia de Pontevedra. O sábado tocou ir á cidade de Pontevedra, presentamos a candidatura socialista no Parador de Turismo. Ás oito e media soou o teléfono e eran os “Albertos” –como lle chamamos nós- (a empresa de montaxe que traballa para nós desde fai xa seis anos. Son uns cracks, uns tíos moi traballadores serios e responsables); Pepe –que é concelleiro do BNG en Cabanas- cóntame que hai dificultades para montar alí, e que o prantexamento inicial non nos serve. ¡Pois nada!, empezamos o fin de semana con problemas, ¡non pasa nada!. Saio da casa cara Pontevedra, e de camiño vou escoitando a radio –a Cadena Ser, coma sempre-; ao chegar vexo o fantástico salón onde imos a celebrar o acto, e penso: “é moi bonito para xantar ou cear, ata é estupendo para realizar unha conferencia; pero para un acto político de precampaña non serve. Pero é o que hai”. Reprantexamos toda a montaxe, e temos que subir e colgar máis altas unhas lámparas tremendamente aparatosas e que pesan “un huevo”.

Andivemos bastante xustos de tempo –empezabamos ás doce- pero cumprimos é media hora antes xa tiñamos todo rematado. Despois veu a rutina de sempre, chegada do presidente, esperar cos intervintes –Antón Louro e Teresa Casal- nunha sala; esperar a que Víctor me dea o “OK” e adiante: música, aplausos, paseillo, saúdos e bicos, …, e a empezar. Neste intre é cando remata nos relaxamos máis nos actos porque os momentos de máxima tensión xa pasaron.

O salón estaba abarrotado, e  fora había varios centos de persoas; por sorte tiñamos montada unha pantalla de plasma. Dos discursos destaco esta frase de Teresa Casal: “Eu farei sempre o que me demande a cidade e sexa o mellor para ela”, pola súa parte de Emilio P. Touriño destaco: “animo a todos a suar a camiseta, rúa a rúa, casa a casa e barrio a barrio para explicarlle aos 80.000 pontevedreses o noso compromiso e o noso proxecto para cristalizar esa marea de cambio que empezou coas xerais, seguiu nas autonómicas e agora nas municipais”. Así como o “magnífico tándem que forman Teresa Casal e Antón Louro, que encabezan unha lista con tantas mulleres como homes e con tanta xuventude como experiencia” 

Un domingo en Silleda

No Hotel Katiuska de Silleda celebramos o mitin dominical. Hoxe íamos máis tranquilos, porque o recinto prestábase máis para este tipo de actos, e porque xa estaba todo montado desde o día anterior.

En Silleda celebramos un mitin bonito e tremendamente emotivo, en especial para Paula Fernández, a candidata socialista á alcaldía, a cal nunca falara nun acto coma este, e a verdade é que para ser a primeira vez e facelo co presidente da Xunta estivo moi ben. Ao remate do acto, subiu unha rapaza duns catro ou cinco anos a abrazarse a Paula –imaxino que sería a súa filla- e non puido conter as bágoas. Ademais o salón no que se celebrou este mitin estaba totalmente abarrotado –unhas catrocentas persoas- e no exterior a xente estaba sentada polas escaleiras e de pé polo pasillo –sobre cento cincuenta persoas-. ¡¡Un éxito!!.

Touriño dixo que o PP é “un partido permanentemente afincado no pasado, porque non ten proxecto de futuro” e criticounos por atacar a liberdade de expresión. Paula reclamou para Silleda unha serie de necesidades, tales como unha gardería, unha piscina, unha residencia de anciáns, …, que son necesarias para sacar a este pobo do seu atraso. Ademais dixo que conta cun “equipo paritario e con ganas de traballar, disposto a conseguir que haxa unha xuventude en Silleda con liderazgo e futuro“.

Como podedes ver, foi un fin de semana movido e viaxeiro pola provincia de Pontevedra, a próxima parada vai a ser en Carballo o mércores. Xa vos contarei.

Anuncios

Entry filed under: Municipais 2007, Persoal, Política, PSdeG-PSOE.

A Semana Santa é cousa de homes DdC. De turismo por Carballo

2 comentarios Add your own

  • 1. Rosa  |  marzo 26, 2007 en 1:27 am

    Está moi ben a idea de que nos contes como se vai desenrolando a campaña. Espero que sigas contándonos todo o que vos pase.

    Se me permites un consello, faino máis contándonos as anécdotas e menos os discursos.

    Gracias Blas por manternos informados

  • 2. Iván Puentes  |  marzo 27, 2007 en 12:40 pm

    Qué morriña! Aínda que noutros tempos estaría fastidiado por non poder librar a fin de semana 😉 Espero que a caravana do cambio, contigo á cabeza, chegue pronto a Fene.

    Saúdos 😉

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: