Archive for marzo 28, 2007

DdC. De turismo por Carballo

Alberto Doce, eu e Moisés Rey en Carballo

Prometinvos que os ía a contar como se desenrolaba a precampaña, e vou a intentar cumprilo. Estou sentado agora mesmo nunha butaca do Pazo da Cultura de Carballo escoitando a intervención de José Antonio Viña, o candidato socialista á alcaldía. Ao meu carón teño sentado a Alberto Doce, o “boss” do clan dos “albertos” –os compañeiros que nos montan o espectáculo por Galicia adiante-, Pío e Cholo -membros deste famoso clan- están tamén sorprendidos mirando con incredulidade o que fago.

Contareivos, que como case sempre ao chegar a Carballo, perdémonos. Hoxe viña de chófer Javier Castiñeiras, e levounos a facer unha ruta turística por Carballo. Vimos o Haley, o río e un paseo fluvial precioso, unha rotonda en construcción na entrada do pobo, e dúas veces a gasolineira de ERG que hai no centro do pobo. Ao final, unha hora antes do comezo do acto conseguimos chegar a este “fermoso” edificio multifuncional que posúe unha chea de defectos e problemas, segundo me contaron por aquí.

Está sentado tamén ao meu carón Moisés Rey. Moisés é o secretario provincial da Coruña, e podería definírvolo como a persoa máis optimista do mundo. El é dos que sempre ve o vaso cheo, aínda que non teña gota de auga, para el o vaso estaría “menos, más … ¡ completo!”. De Moisés non vos conto nada máis, porque non darían tres blogs para as anécdotas súas. Agora, por exemplo, acaba de darlle unha patada ao trípode que sostén a cámara que colle a imaxe dos oradores e que proxectamos nas pantallas, pero rapidamente corrixiu e colocou ben a cámara. Entre risas di, “no paso nada, ya está solucionado, un poquito descuadrada, jejeje, pero bien … bien”.

Neste intre está a intervir o presidente e estalle a mandar unhas mensaxes de “cariño e afecto” aos populares. “Mellorar Carballo co voto progresista, co voto socialista”, apunta Emilio Pérez Touriño. “Crear emprego para todos e todas, e especial para os xoves”.

¿Canto vale un café?

Antes de rematar este post quero comentar o tema do día: o prezo dun café en España. Despois da intervención onte pola noite de Zapatero en TVE, no que cen cidadáns lle fixeron preguntas de todo tipo, o debate do día non foi De Juana Chaos, nin Navarra, nin o paro ou a economía, …, foi o prezo dun café en España. Zapatero dixo que a onde el o tomaba custaba uns 0,80 euros; e armouse unha gorda, tódolos xornais, emisoras de radio e televisións falaban deste tema; si é certo ou non, si é máis caro ou máis barato. ¡¡Está ben!!. Ese é o que máis nos preocupa aos españois. Por certo, eu tomei un café aquí en Carballo e custoume 0,80 euros; e Alberto coméntame que en Sillobre custa o mesmo. Zapatero non estaba tan equivocado.

Creo que mañá estamos en Cangas.

Actualización: Son ás 12 da noite e acabo de chegar á casa. A saída de Carballo foi como a entrada paseo turístico nocturno. Gasolineira de ERG. Halei. E volta a Santiago, ¡¡creo que vai sendo hora de comprar un GPS!!. Polo camiño viñemos escoitando o fútbol.

Anuncios

marzo 28, 2007 at 9:42 pm 3 comentarios


O máis ollado

Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.