Archive for marzo 30, 2007

Os privilexios de Espe

Esperanza Aguirre díxolle a un xornalista da Cadena SER que lle estaba concedendo un privilexio por contestarlle a todo o que lle preguntaba. Iso nunca é un privilexio, é unha obriga, xa que Espe e o seu equipo foi o que convocou aos medios de comunicación a unha rolda de prensa. Sen dúbida, a presidenta da Comunidade de Madrid confunde o significado da palabra privilexio:

Vantaxe pola que alguén está libre dunha obriga ou pola que pode ter ou facer algo que os demais non poden.

Polo tanto privilexios son os seguintes:

Pero, que se pode esperar dunha franquista e dunha guerracivilista, tal e como ela se define.

marzo 30, 2007 at 1:16 am 2 comentarios

30 de marzo de 1998

Paula ao mes de nacer

Hospital Xeral de Santiago. Luns.12:45 horas da mañá. 3,450 quilos e 49 cms. Foi un parto máis sinxelo que o de Nerea, aínda que neste non me deixaron estar presente ata o final, pouco antes de nacer tiven que saír do paritorio. O día anterior, o domingo foi un a primeira vez que sentín un tremendo sentimento de ansiedade; atopaba só na sala de espera, porque Eva e eu quedaramos en que non íamos a chamar a ninguén, que íamos a vivir o nacemento da nosa primeira filla solos, sen ninguén no hospital. Pero eu non puiden aguantar, aquel sentimento de soidade, sen ninguén con quen falar, sen saber como se atopaba Eva, si Paula –xa tiñamos o nome decidido- ía a nacer ese día, …, logrou que collera o teléfono móbil e chamara a Luisa –a miña irmá- que vivía en Santiago e entre bágoas lle dixera onde estábamos para que viñera a facerme compaña e estar comigo.

Lembro tamén que sobre as doce da mañá do domingo Eva empezou coas contraccións cada vez máis seguidas e eu díxenlle que íamos para o hospital de Santiago, e ela, tan cabezota como sempre, empeñada en ir ao centro de saúde –como sempre gañou ela-. Ao chegar ao centro de saúde e contarlle ao médico de garda o que pasaba e que as contraccións eran cada cinco minutos, este púxose nervioso, e treméndolle a voz dicía: “rapidamente para Santiago, rapidamente para Santiago”. O médico era novo e eu creo que nunca se vira nunha situación así e semellaba que non tiña moito interese en pasar por ela.

O nacemento de Paula significou un cambio radical na nosa vida: os primeiros cueiros, os primeiros biberóns, os primeiros gases, etc.. Pero vale a pena, e o mellor que che pose pasar na vida porque as satisfaccións e as alegrías que che aportan os fillos están por encima de todo. E encima Paula é especial, é unha nena incrible –que podo dicir eu-. Ademais é tremendamente parecida a min: “igualiña, igualiña que seu pai”, di sempre Eva, aínda que moito máis guapa, por sorte para ela.

O tempo pasa e Paula xa cumpre nove anos. ¡¡NOVE ANOS!!. Feliz cumpreanos Peque.

marzo 30, 2007 at 12:39 am 3 comentarios


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.