Archive for marzo, 2007

Paula no País

paula_pais

Hoxe sae Paula no xornal El País falando do seu blog. O xornalista e tamén “blogueiro” Xosé Manuel Pereiro, fai unha reportaxe titulada “Querido ciberdiario” na que comenta e analiza a presenza na rede de varios blogs de nenos e nenas galegos.

Como vos podedes imaxinar cando vin pola mañá a foto de Paula no xornal caeume a baba, porque ademais de ser lista é guapa –por sorte non saíu a seu pai-.

Anuncios

marzo 19, 2007 at 7:26 pm 1 comentario

Escríbelle a Isaac Díaz Pardo

Acabo de recibir un mail de Arredemo, o cal vos deixo como información  

A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo vén de pór en liña unha nova páxina: www.escribelleaisaac.info, para dar resposta a un agravio informático contra Isaac Díaz Pardo acontecido no web do Grupo Sargadelos. Hai dous días, os xestores do sitio anulaban e silenciaban a conta de correo de Isaac Díaz Pardo no dominio do grupo, onde o mestre recibía mensaxes de todo o mundo, especialmente desde a Galiza emigrante. A ligazón á súa biografía (http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html) é ao formulario de correo foi deshabilitada da páxina principal nunha clara tentativa por parte da nova dirección de Sargadelos de desvencellar a imaxe corporativa do grupo do seu fundador.Sabedores deste singular exercicio de cibermesquindade, varios activistas de Arredemo, decidiron copiar as páxinas orfas, aloxalas nun novo dominio e ofrecer ao mestre unha nova conta de correo onde poder continuar a recibir a solidariedade e o agarimo dos miles de galegos e galegas que aínda lle profesan a admiración, o agradecemento e o respecto debidos a un dos homes que máis loitou e traballou a prol da nosa cultura e da nosa identidade como pobo. No novo web inclúese tamén unha ligazón á campaña “Apoio a Isaac Díaz Pardo”, mestreisaac.aduaneirossemfronteiras.org, que desde hai varios meses recaba sinaturas contra a xubilación anticipada do mestre e a nova filosofía mercantilista que a actual dirección pretende imprimir ao grupo Sargadelos.

Deste xeito, a Rede de Acción Socio-Cultural ARREDEMO, que actualmente traballa na posta a punto do seu novo portal de comunicación socio-cultural, quere anunciar o inminente desenvolvemento dunha serie de accións de solidariedade con Isaac Díaz Pardo e co Instituto Galego de Información, actual obxectivo da nova dirección de Sargadelos na súa estratexia de liquidación do legado histórico e conceptual de Luis Seoane, Andrés Fernández-Albalat e o propio Díaz Pardo, sen o cal a actual cultura galega non se podería comprender.

Neste sentido, Arredemo quere facer un primeiro chamamento ao mundo social e cultural galego para participar e colaborar na campaña facéndolle chegar ao mestre mensaxes de solidariedade e apoio a través da súa nova conta de correo: isaac@escribelleaisaac.info, aloxada en www.escribelleaisaac.info.

Por riba das coitas e loitas propias dunha empresa como Sargadelos, desde Arredemo pensamos que preservar a dignidade persoal e intelectual dun home como Isaac Díaz Pardo é un compromiso que atinxe a toda a cultura galega.

marzo 19, 2007 at 2:36 pm 26 comentarios

O límite de Antón Losada

Vou a confesar unha cousa que ao mellor pode sorprender. ¡¡Eu era un seguidor de Antón Losada!!. Si, si, é certo. Gustábanme os artigos que escribía na Opinión da Coruña, as súas intervencións en Hoy por Hoy da Cadena SER e tamén en 59 segundos de Televisión Española.

Pero creo que este home perdeu os papeis e está totalmente descontrolado; desde que foi nomeado secretario xeral de Relacións Institucionais foron soadas as súas saídas de ton, as súas descalificacións, o seu excesivo protagonismo; o que pon de manifesto que Losada é un estupendo tertuliano pero un pésimo cargo político. Ao goberno galego –PSdeG e BNG– non lle beneficia nada ter entre as súas filas a individuos que empregan a chulería e a prepotencia para facerse notar, porque esas actitudes eran precisamente as que ámbolos dous partidos criticaban do PP cando este era o que gobernaba. O cambio político en Galicia non pode significar que existan imitadores de Coto Matamoros ocupando postos de responsabilidade, esa é a imaxe que a Xunta de Galicia debe de erradicar.

Frases coma que o Partido Popular é un “partido basura, con portavoces basura e que fai política basura”, ou insultar airada e despectivamente a uns policías demostran claramente que a persoa que as realiza non está capacitada para ocupar o posto de responsabilidade para o que foi nomeado, porque todo ten un límite e este cruzouno Antón Losada xa fai tempo.

marzo 19, 2007 at 12:37 pm 3 comentarios

A Voz cámbialle o sexo á alcaldesa de Guitiriz

Voz_alcaldesa 

Estaba dando un paseo pola rede, mirando o que acontecera no día de hoxe, cando entro na web de La Voz e me atopo que cambiáronlle o sexo a Regina Polín, a alcaldesa de Guitiriz. Como volo conto, no acceso á nova do garda civil ferido en Parga, resulta que teñen un audio de RadioVoz no que poñen “Habla el alcalde de Guitiriz”. Ben é certo que despois na nova da radio non cometen o erro –como non podía ser doutro xeito falando ela-.

Un erro pódeo cometer calquera, ningún de nós está libre diso; pero que estas cousas lle acontezan ao xornal máis importante do noso País, que se dedica a diario a informar de maneira imparcial e obxectiva, e se erixiu no abandeirado da verdade, a razón e a liberdade resulta raro. E por encima no día que se aproba a Lei de Igualdade no Congreso.

marzo 16, 2007 at 12:11 am Deja un comentario

Llamazares o pancartero

Onte foi a comparecencia de Rubalcaba no Congreso –a petición propia- para explicar o xa chamado “Caso De Juana”, polo que un xuíz decidiu concederlle prisión atenuada a De Juana Chaos pola súa condena de ameazas – a condena por asasinar xa cumprira-,  isto é bo recordalo.

Pero non vou a escribir sobre a comparecencia en xeral, porque creo que xa está todo dito e máis que comentado, e o que si está claro e que o PP está a xogar a salpicar e manchar todo o posible, pero ademais sen poñerse “colorados” xa que agora critican algo que eles durante o seu goberno fixeron con absoluta tranquilidade e sen despeinarse, e co agravante de conceder “redenccións extraordinarias” a 62 presos de ETA, incluído o propio De Juana Chaos ao que lle concederon 600 días. Pero estas cousas do PP e de Zaplana -neste caso- coméntanse por si solas.

Hoxe vou a falar de Gaspar Llamazares de IU e da súa intervención no Congreso, a verdade é que rin a escachar cando lle dixo a Zaplana: 

“Espero que ahora no me llamarán pancartero, …, yo tengo plaza en propiedad -nas manifestacións- y ustedes son interinos”

Ademais lembroulle a Zaplana que como era posible que ETA estivese case desmantelada e desaparecida durante o goberno do PP, e fose a cometese un atentado tan brutal o 11-M, xa que esa é a teoría que defende e defendía o Partido Popular.

Un dez polo tanto á intervención do líder de Izquierda Unida, xa que tamén foi capaz de poñerlle algo de humor a un tema tan serio.

marzo 14, 2007 at 1:57 pm Deja un comentario

Estamos en precampaña

Presentación da Candidatura de Vigo (Foto Axencia EFE)

Acábome de dar conta de que fai unha semana de que non escribo nada no blog; a razón é unicamente laboral. As eleccións municipais de maio empézanse a notar no volume de traballo, e as presentacións de candidatos e candidaturas xa é algo frecuente. A semana pasada estiven en Ribeira e Mazaricos, na comarca do Barbanza. O sábado en Ourense, o domingo en Vilagarcía, o luns en Vigo e hoxe en A Coruña con Touriño. 

A precampaña electoral xa está en marcha, quedan pouco máis de dous meses para a cita na urnas e a “maquinaria electoral” xa se está engraxando. Estoulle dando voltas á posibilidade de facer durante a campaña un diario no que contar o que nos vai pasando nos distintos actos e concellos que visitemos. Xa verei o que fago.

marzo 14, 2007 at 1:03 pm 2 comentarios

Zapatero é un hooligan. Rajoy dixit

Eu creo que hai afirmacións e novas que non merecen ser comentadas, que se desmonta só con escoitalas ou leelas; e, esta é unha delas.

:: Nova en El Pais.com

:: Audio en Cadena Ser.es

:: Debate íntegro no Senado (cadenaser.es)

marzo 8, 2007 at 1:13 am 2 comentarios

Entradas antiguas Entradas recientes


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.