Archive for abril, 2007

DdC. Apoiando a Iván en Fene

Iván Puentes

O venres estiven en Fene na presentación da candidatura do PSdeG-PSOE. Como xa saberedes a maioría esta candidatura encabézaa o meu compañeiro e amigo Iván, polo que este acto non foi coma calquera outro. Este mitin foi máis emotivo e importante que calquera outro aos que acostumo a ir. Varios compañeiros de Iván desprazámonos desde Santiago para apoialo (Carnota, Diego e Víctor), estaba tamén Javi García, Tamara Canosa, Nacho de Pontedeume, Bernardo, Xaime, Silvia, …, en definitiva, moitos amigos e amigas de Iván; pero tamén estaban algúns e algunhas que agora finxen unha grande amizade, pero que no seu momento se dedicaron a poñer tódalas pedras posibles no camiño de Iván para que non encabezase a candidatura socialista de Fene.

Neste acto interviñeron Ricardo Varela, secretario de organización do PSdeG-PSOE e antigo xefe de Iván, o cal amosou a súa satisfacción polo ambiente que se respiraba no acto, e afirmou que a súa experiencia e participación en distintos actos electorais facíalle amosarse convencido de que en Fene se ía a producir o cambio político, e que Iván ía a ser o próximo alcalde.

Iván na súa intervención falou de Fene, dos seus proxectos para cambialo, e nela podíase apreciar a ilusión que posúe, ademais dun enorme cariño polo seu pobo e un tremendo respecto polos seus veciños e veciñas. Tamén me vexo na obriga de dicir que esta intervención foi demasiado larga, aínda que Carnota, Diego e eu no coche camiño do acto xa fomos facendo aposta sobre a duración do discurso e todos tiñamos seguro que ía a pasar da media hora, e así foi. ¡¡Durou máis de corenta e cinco minutos!!. 

Pero non quero rematar este post sen destacar dúas cousas da presentación: por un lado a boísima intervención de Loli Rodríguez da que destaco unha frase sobre Iván, “os feneses e as fenesas tendes moita sorte, porque Iván quere cambiar o mundo, e para cambialo vai a empezar por Fene”. E polo outro é o magnífico lacón cocido que se serviu nos pinchos. 

Iván quero rematar este post dicíndoche que cando sexas alcalde de Fene nunca esquezas nin quen es, nin de onde vés, e por favor, non cambies.

abril 28, 2007 at 9:56 pm 3 comentarios

Gayoso anuncia a morte de El Fary no Luar

luar_fary.jpg

O pasado venres varios medios de comunicación se facían eco da enfermidade pola que atravesa El Fary; segundo parece sofre un cáncer de pulmón.

Pero o máis sorprendente disto é que o popular presentador do Luar, Xosé Ramón Gayoso, lanzouse o venres, durante a emisión do programa, a anunciar que morrera El Fary .

Tras un sketch de humor dun dúo denominado “Carmen e Gelines” apareceu Gayoso tremendamente triste e compunxido anunciado o falecemento do cantante madrileño. Pouco máis tarde durante a presentación dos “Chunguitos” comentaron os tres a nova tan triste e como se enteiraran.

Pero o realmente patético e lamentable, e creo que unha das imaxes máis tristes e vergoñentas que pode dar unha persoa é cando ao remate do programa e xa cos títulos de crédito sae correndo Gayoso pedindo que paren todo, e di: 

“A mitad de programa recibimos a noticia tremenda da morte de El Fary. Nos acaban de anunciar que no se ha producido. Mil disculpas desde aquí. …”

En definitiva, ¡¡Patético!!. E imaxínome que alguén asumirá a responsabilidade por este asunto. E espero que ese sexa o “profesional” de Xosé Ramón Gayoso. Director, presentador e propietario da productora do programa Luar; que deixou blindado o anterior goberno do PP.

Déixovos o vídeo do programa, pero está enteiro; os minutos claves son o 02:42:48 (anuncio do falecemento), o 2:54:40 (momento cos Chunguitos) e o 3:24:27 (remate do programa).

Tamén podedes acceder a el na web da TVG.

A verdade é que a nova ten a súa coña, e máis pasándolle isto ao Gayoso.

Actualización: Grazas a Apiferio que o colgou no Youtube e a Ivi que me avisou nun comentario deixovos o vídeo.

abril 16, 2007 at 12:29 am 15 comentarios

DdC. Un domingo en Vigo

Son as 12 e media da mañá dun domingo de abril, no que por cuestións da campaña electoral, nos atopamos en Vigo. Víctor, Carnota, xunto cos “Albertos” –Pío, Cholo, Christian e Alberto– e eu formamos o equipo desprazado ao sur de Galicia. Estamos no barrio de Teis, no pavillón polideportivo da ETEA. Un pavillón grande, cunha cancha polideportiva e unha piscina olímpica, e ao carón deste polideportivo hai un campo de fútbol. Pois todos estes terreos están en desuso; fai varios anos que non se empregan, desde que os militares marcharon destas instalacións, e resulta un pouco triste ver unhas instalacións como estas están abandonadas.

Estou cos amigos Pío e Alberto ao meu carón, e ambos estanme a dicir o que teño que contar. Alberto insiste en que vos diga que están sen durmir”, e Pío apunta: “e dille que te esqueciches de encargar o xerador da corrente”. Pois si, é certo, o traballo que fan estes homes é incrible e non hai cartos que o pague. Onte estiveron repartidos por Ferrol, Fene e Arteixo, e ao rematar viñeron para este pavillón a montar este acto. Escenario, frontis, cubos, son, iluminación, pantalla LED, plasmas, realización, …, cada vez montamos máis cousas. Isto xa é un espectáculo en toda regra. Lémbrome o primeiro ano que empecei a traballar en Rúa do Pino –a sede do PSdeG-PSOE– que ía acompañando a Touriño e montábamos detrás un cartón-pluma co logo do Partido. E agora, xa vedes !!

Nestes intres intervén Abel Caballero, e di que escollemos este sitio polo que simboliza e porque a súa intención, cando sexa alcalde de Vigo, é facer a Cidade do Mar. Ademais di que estas instalacións non poden permanecer pechadas para os cidadáns e que teñen que abrirse para que as poidan utilizar os veciños e veciñas de Teis. ¡¡Coincido plenamente!!.

Durante un instante do acto saio a fumar un “ducados” e me atopo con varios compañeiros e coñecidos, entre eles Tito Giraldez, o xefe de redacción de El Foro Metropolitano, onde falamos sobre a influencia dos blogs e a súa repercusión.

Entre charla e pitillo soa a música, ¡¡xa rematou o mitin!!. ¡¡Un día menos!!. A rematar a faena e para a casiña.

abril 15, 2007 at 2:05 pm Deja un comentario

Mentireiro compulsivo

Ángel Acebes non se parece en nada a Jim Carrey, iso nótase a simple vista, aínda que as declaracións e a forma de actuar do secretario xeral do PP lembran bastante ao argumento da película “Mentiroso compulsivo” protagonizada polo actor norteamericano, na que era “un abogado ambicioso y sin escrúpulos, que utiliza la mentira como un medio habitual de trabajo”. Nesta última semana quedou claro que o ex ministro de interior na época de Aznar estivo enganándonos de maneira clara e premeditada durante o fatídico atentado do 11-M: 

Acebes. 11-M ás 20:20 h. “[El explosivo] es dinamita, […] la habitual de ETA […]. Los cuerpos de seguridad trabajan con la línea prioritaria de ETA, pero hay que investigar todas las posibilidades”.

Policía. Xuizo do 11-M. “A las 18.00 horas se había descartado que el explosivo fuera de la banda, y a las 15.30 horas se habían descubierto, en una furgoneta hallada por la mañana, pistas que llevaban a Al Qaeda”.

Acebes. 12-M ás 18:10 h. “ETA sigue siendo la principal línea de investigación. Así me lo hanmanifestado los responsables de la investigación”.

Policía. Xuizo do 11-M. “Aunque no se había cerrado la vía de investigación sobre ETA, el análisis de una bomba que no explotó en Atocha centraba la investigación en los islamistas”.

Acebes. 13-M ás 14:30 h. “La prioridad en la investigación es la banda que lleva 30 años matando […]. Ningún responsable policial [ha comunicado] que hubiera una preferencia por Al Qaeda”.

Policía. Xuizo do 11-M.  “La autoría de ETA perdía fuerza y con el paso de las horas ibaquedando prácticamente descartada “.

Acebes. 13-M ás 20:00 h. “No debemos descartar nada. No se renuncia a otras vías […] ni conexiones ni colaboraciones” .

Policía. Xuizo do 11-M.  “A las 15.30 horas, la detención de Zugam, uno de los presuntos terroristas, confirmaba la pista islamista”.

Acebes. 13 abril do 2007.  Lo declarado [por los jefes policiales en el juicio] coincide absolutamente [con lo que dije] en cada una de las comparecencias [tras el 11-M] “

Se alguén no Partido Popular tivese a máis mínima vergoña e posuíse un pouco de ética, Ángel Acebes debería de dimitir –xunto con outros cargos populares-, xa que non poden erixirse nos salvadores dos españois, criticar e acusar constantemente aos socialistas e a Zapatero por todo, e despois eles ter a desfachatez e o descaro de mentir compulsivamente. O PP non se merece individuos como os que os están a representar agora.

Portada do xornal El Periódico de Catalunya

abril 14, 2007 at 2:38 pm Deja un comentario

¿Conoces a Ignacio Segado?

web_cartaxena 

Levo varios días sen actualizar o blog, pero é que o traballo estame a absorber moitísimo tempo. De tódolos xeitos aproveito este anaco que teño hoxe para facervos unha recomendación dixital. A través do blog do meu compañeiro e amigo Alfonso Gil descubrín a web de Ignacio Segado, candidato socialista á alcaldía de Cartaxena, a cal é tremendamente orixinal e novidosa, xa que por poñer un exemplo direivos que non ten nin unha soa foto do candidato.

Aproveitando, e xa que estamos en campaña electoral e proliferan as webs e blogs de candidatos e candidatas, podedes recomendar algunha que resulte interesante.

E moita sorte desde Galicia para o futuro alcalde de Cartaxena.

abril 13, 2007 at 8:08 pm 3 comentarios

Vacacións en “Asturies”

Estamos de vacacións. Eva, Paula, Nerea e un servidor estamos en Asturies pasando esta Semana Santa. Saímos onte pola tarde de Santiago, porque eu vin a traballar pola mañá e Eva e as nenas viñeron despois no bus desde Boiro. A viaxe ata Gijón foi larga e pesada coma sempre –estou desexando que rematen a Autovía do Cantábrico-, e por riba antes de chegar a Luarca desviáronos pola antiga estrada. Unha estrada sinuosa e chea de curvas cunha chea de camións que nos precedían.

Sobre as dez da noite –despois de catro horas de viaxe- chegamos á Calzada, onde viven meus sogros e miñas irmáns e cuñados. Temos previsto quedar aquí ata o sábado pola tarde, para poder estar o domingo en Boiro.

A verdade é que estas vacacións van a virnos ben, sobre todo a min, xa que levamos unhas semanas nas que non paramos. Pontevedra, Silleda, Vigo, Carballo, Cangas, Baiona, Lugo, Betanzos, Santiago, Boiro, …, case parece que estamos a facer a volta a Galicia; e o que nos queda nestes vindeiros meses é aínda moito peor.

Convención de candidatos e candidatas

O domingo pasado celebramos no Auditorio de Galicia a Convención de Candidatos/as e Candidaturas, e teño que dicirvos que é dos actos que levamos feitos nos últimos tempos do que máis satisfeito me sinto. Foi un acto distinto a outros que tiñamos celebrado e no que a intervencións e a posta en escena foi novedosa. Teño que resaltar a intervención de Loli Rodríguez, que se encargou de presentar a convención, así como as participacións de Francisco Fraga (alcalde de Piñor) e Paula Fernández (candidata á alcaldía de Silleda), xa que ambos amosábanse nerviosos ao ser a primeira vez que falaban para tanta xente, pero quizais esa inexperiencia fixo que fosen tremendamente naturais.

Máis de mil persoas se deron cita o domingo pola mañá en Santiago, a pesares de que era Domingo de Ramos e as vacacións estaban á volta da esquina.

Agora toca descansar uns días para cargar a batería “a tope”; un saúdo a todos e a todas desde o Principado.

abril 3, 2007 at 4:34 pm 2 comentarios


Calendario

abril 2007
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.