Archive for abril 3, 2007

Vacacións en “Asturies”

Estamos de vacacións. Eva, Paula, Nerea e un servidor estamos en Asturies pasando esta Semana Santa. Saímos onte pola tarde de Santiago, porque eu vin a traballar pola mañá e Eva e as nenas viñeron despois no bus desde Boiro. A viaxe ata Gijón foi larga e pesada coma sempre –estou desexando que rematen a Autovía do Cantábrico-, e por riba antes de chegar a Luarca desviáronos pola antiga estrada. Unha estrada sinuosa e chea de curvas cunha chea de camións que nos precedían.

Sobre as dez da noite –despois de catro horas de viaxe- chegamos á Calzada, onde viven meus sogros e miñas irmáns e cuñados. Temos previsto quedar aquí ata o sábado pola tarde, para poder estar o domingo en Boiro.

A verdade é que estas vacacións van a virnos ben, sobre todo a min, xa que levamos unhas semanas nas que non paramos. Pontevedra, Silleda, Vigo, Carballo, Cangas, Baiona, Lugo, Betanzos, Santiago, Boiro, …, case parece que estamos a facer a volta a Galicia; e o que nos queda nestes vindeiros meses é aínda moito peor.

Convención de candidatos e candidatas

O domingo pasado celebramos no Auditorio de Galicia a Convención de Candidatos/as e Candidaturas, e teño que dicirvos que é dos actos que levamos feitos nos últimos tempos do que máis satisfeito me sinto. Foi un acto distinto a outros que tiñamos celebrado e no que a intervencións e a posta en escena foi novedosa. Teño que resaltar a intervención de Loli Rodríguez, que se encargou de presentar a convención, así como as participacións de Francisco Fraga (alcalde de Piñor) e Paula Fernández (candidata á alcaldía de Silleda), xa que ambos amosábanse nerviosos ao ser a primeira vez que falaban para tanta xente, pero quizais esa inexperiencia fixo que fosen tremendamente naturais.

Máis de mil persoas se deron cita o domingo pola mañá en Santiago, a pesares de que era Domingo de Ramos e as vacacións estaban á volta da esquina.

Agora toca descansar uns días para cargar a batería “a tope”; un saúdo a todos e a todas desde o Principado.

abril 3, 2007 at 4:34 pm 2 comentarios


Calendario

abril 2007
L M X J V S D
« Mar   May »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.