Vacacións en “Asturies”

abril 3, 2007 at 4:34 pm 2 comentarios

Estamos de vacacións. Eva, Paula, Nerea e un servidor estamos en Asturies pasando esta Semana Santa. Saímos onte pola tarde de Santiago, porque eu vin a traballar pola mañá e Eva e as nenas viñeron despois no bus desde Boiro. A viaxe ata Gijón foi larga e pesada coma sempre –estou desexando que rematen a Autovía do Cantábrico-, e por riba antes de chegar a Luarca desviáronos pola antiga estrada. Unha estrada sinuosa e chea de curvas cunha chea de camións que nos precedían.

Sobre as dez da noite –despois de catro horas de viaxe- chegamos á Calzada, onde viven meus sogros e miñas irmáns e cuñados. Temos previsto quedar aquí ata o sábado pola tarde, para poder estar o domingo en Boiro.

A verdade é que estas vacacións van a virnos ben, sobre todo a min, xa que levamos unhas semanas nas que non paramos. Pontevedra, Silleda, Vigo, Carballo, Cangas, Baiona, Lugo, Betanzos, Santiago, Boiro, …, case parece que estamos a facer a volta a Galicia; e o que nos queda nestes vindeiros meses é aínda moito peor.

Convención de candidatos e candidatas

O domingo pasado celebramos no Auditorio de Galicia a Convención de Candidatos/as e Candidaturas, e teño que dicirvos que é dos actos que levamos feitos nos últimos tempos do que máis satisfeito me sinto. Foi un acto distinto a outros que tiñamos celebrado e no que a intervencións e a posta en escena foi novedosa. Teño que resaltar a intervención de Loli Rodríguez, que se encargou de presentar a convención, así como as participacións de Francisco Fraga (alcalde de Piñor) e Paula Fernández (candidata á alcaldía de Silleda), xa que ambos amosábanse nerviosos ao ser a primeira vez que falaban para tanta xente, pero quizais esa inexperiencia fixo que fosen tremendamente naturais.

Máis de mil persoas se deron cita o domingo pola mañá en Santiago, a pesares de que era Domingo de Ramos e as vacacións estaban á volta da esquina.

Agora toca descansar uns días para cargar a batería “a tope”; un saúdo a todos e a todas desde o Principado.

Anuncios

Entry filed under: Familia, Municipais 2007, Política, PSdeG-PSOE.

Os privilexios de Espe ¿Conoces a Ignacio Segado?

2 comentarios Add your own

  • 1. Paula  |  abril 16, 2007 en 11:31 am

    E a que vén ese papanatismo de “Asturies”? En Asturias, até onde sei, tamén se fala galego. Un idioma (que ademais tamén é o noso) que non pasa polo seu mellor momento… grazas aos socialistas, precisamente.

    Os galego-falantes que habitan na Asturias bañada polos ríos Eo e Navia carecen de calquera dereito lingüístico: só en español, todo en español. E, por se fose pouco, agora quérenlles introducir o asturiano… todo, agás o galego. Triste e patético.

  • 2. Carlos  |  mayo 19, 2007 en 6:53 am

    Aprenda a respetar…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

abril 2007
L M X J V S D
« Mar   May »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: