Archive for abril 28, 2007

DdC. Apoiando a Iván en Fene

Iván Puentes

O venres estiven en Fene na presentación da candidatura do PSdeG-PSOE. Como xa saberedes a maioría esta candidatura encabézaa o meu compañeiro e amigo Iván, polo que este acto non foi coma calquera outro. Este mitin foi máis emotivo e importante que calquera outro aos que acostumo a ir. Varios compañeiros de Iván desprazámonos desde Santiago para apoialo (Carnota, Diego e Víctor), estaba tamén Javi García, Tamara Canosa, Nacho de Pontedeume, Bernardo, Xaime, Silvia, …, en definitiva, moitos amigos e amigas de Iván; pero tamén estaban algúns e algunhas que agora finxen unha grande amizade, pero que no seu momento se dedicaron a poñer tódalas pedras posibles no camiño de Iván para que non encabezase a candidatura socialista de Fene.

Neste acto interviñeron Ricardo Varela, secretario de organización do PSdeG-PSOE e antigo xefe de Iván, o cal amosou a súa satisfacción polo ambiente que se respiraba no acto, e afirmou que a súa experiencia e participación en distintos actos electorais facíalle amosarse convencido de que en Fene se ía a producir o cambio político, e que Iván ía a ser o próximo alcalde.

Iván na súa intervención falou de Fene, dos seus proxectos para cambialo, e nela podíase apreciar a ilusión que posúe, ademais dun enorme cariño polo seu pobo e un tremendo respecto polos seus veciños e veciñas. Tamén me vexo na obriga de dicir que esta intervención foi demasiado larga, aínda que Carnota, Diego e eu no coche camiño do acto xa fomos facendo aposta sobre a duración do discurso e todos tiñamos seguro que ía a pasar da media hora, e así foi. ¡¡Durou máis de corenta e cinco minutos!!. 

Pero non quero rematar este post sen destacar dúas cousas da presentación: por un lado a boísima intervención de Loli Rodríguez da que destaco unha frase sobre Iván, “os feneses e as fenesas tendes moita sorte, porque Iván quere cambiar o mundo, e para cambialo vai a empezar por Fene”. E polo outro é o magnífico lacón cocido que se serviu nos pinchos. 

Iván quero rematar este post dicíndoche que cando sexas alcalde de Fene nunca esquezas nin quen es, nin de onde vés, e por favor, non cambies.

Anuncios

abril 28, 2007 at 9:56 pm 3 comentarios


O máis ollado

Calendario

abril 2007
L M X J V S D
« Mar   May »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.