DdC. Apoiando a Iván en Fene

abril 28, 2007 at 9:56 pm 3 comentarios

Iván Puentes

O venres estiven en Fene na presentación da candidatura do PSdeG-PSOE. Como xa saberedes a maioría esta candidatura encabézaa o meu compañeiro e amigo Iván, polo que este acto non foi coma calquera outro. Este mitin foi máis emotivo e importante que calquera outro aos que acostumo a ir. Varios compañeiros de Iván desprazámonos desde Santiago para apoialo (Carnota, Diego e Víctor), estaba tamén Javi García, Tamara Canosa, Nacho de Pontedeume, Bernardo, Xaime, Silvia, …, en definitiva, moitos amigos e amigas de Iván; pero tamén estaban algúns e algunhas que agora finxen unha grande amizade, pero que no seu momento se dedicaron a poñer tódalas pedras posibles no camiño de Iván para que non encabezase a candidatura socialista de Fene.

Neste acto interviñeron Ricardo Varela, secretario de organización do PSdeG-PSOE e antigo xefe de Iván, o cal amosou a súa satisfacción polo ambiente que se respiraba no acto, e afirmou que a súa experiencia e participación en distintos actos electorais facíalle amosarse convencido de que en Fene se ía a producir o cambio político, e que Iván ía a ser o próximo alcalde.

Iván na súa intervención falou de Fene, dos seus proxectos para cambialo, e nela podíase apreciar a ilusión que posúe, ademais dun enorme cariño polo seu pobo e un tremendo respecto polos seus veciños e veciñas. Tamén me vexo na obriga de dicir que esta intervención foi demasiado larga, aínda que Carnota, Diego e eu no coche camiño do acto xa fomos facendo aposta sobre a duración do discurso e todos tiñamos seguro que ía a pasar da media hora, e así foi. ¡¡Durou máis de corenta e cinco minutos!!. 

Pero non quero rematar este post sen destacar dúas cousas da presentación: por un lado a boísima intervención de Loli Rodríguez da que destaco unha frase sobre Iván, “os feneses e as fenesas tendes moita sorte, porque Iván quere cambiar o mundo, e para cambialo vai a empezar por Fene”. E polo outro é o magnífico lacón cocido que se serviu nos pinchos. 

Iván quero rematar este post dicíndoche que cando sexas alcalde de Fene nunca esquezas nin quen es, nin de onde vés, e por favor, non cambies.

Anuncios

Entry filed under: DdC, Enlaces, Fene, Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE.

Gayoso anuncia a morte de El Fary no Luar Outro/a Borbón. ¡¡Viva a Monarquía!!

3 comentarios Add your own

  • 1. Iván Puentes  |  abril 30, 2007 en 12:07 am

    Grazas polo post, Blas! Non sabes ben o tremendamente feliz que me sentía cada vez que dende o atril, no medio dun discurso un chisco máis longo do conveniente, recoñézoo, miraba ó público e vos vía ali a ti, a Carnota, a Diego, a Victor, a Loli, a Silvia, a Tamara… Os amigos/as hai que valoralos sempre, pero creo que na política aínda máis. Por iso non creo que esqueza nunca nin quen son, nin de onde veño.

    O 27 espero que de novo o podamos celebrar todos xuntos. Como dixen no meu post sobre o acto, Blas, gracias de verdade por todo; gracias!

    PD: Xa lle comentarei a miña nai o tema do lacón; foi obra das súas marabillosas mans.

  • 2. julio  |  mayo 8, 2007 en 1:38 am

    … “pero tamén estaban algúns e algunhas que agora finxen unha grande amizade, pero que no seu momento se dedicaron a poñer tódalas pedras posibles no camiño de Iván”… Por qué no te paraste a pensar que podían estar por otras muchas razones. Y no precisamente por la que tú sugieres. Por ejemplo, podían estar sin fingir nada, podían estar fingiendo algo pero no una gran amistad, podían estar simplemente porque allí también estaba el Secretario de Organización del partido, podían estar porque no son rencorosos, podían estar porque lo de poner piedras ya pasó (a pesar de que las piedras de las que tú hablas también se las pusieron a otros y a otras en otros sitios pero con mucho más éxito) y también podían estar sencillamente porque María José los llamó por teléfono, como me llamó a mí… En cualquier caso, yo no tengo razones para darme por aludido, porque para evitar comentarios tan “constructivos” como los tuyos, siendo tu posición en el partido la que es, yo ya no fui… Te hago este comentario muy enfadado por ese frase, pero con mucho respeto y, por supuesto, con la misma libertad de la que tú haces gala. Un abrazo y no tomes a mal mi vehemencia. Y recuerda que el mundo ni tiene que hacer lo que hice yo (por coherencia, no ir) ni pensar lo que piensas tú (que fueron fingiendo).

  • 3. blas  |  mayo 8, 2007 en 1:29 pm

    Estimado Julio, está claro que a opinión de cada un de nós é libre, e lóxicamente persoal. Por iso eu a plasmo neste blog, e o que pido e que todas aquelas opinións que deixo aquí son totalmente persoais, nunca de partido.

    Eu respecto o teu enfado, aínda que non o comparto, xa que como podes ver no texto eu non citei a ninguén, e alá cada un ou cada unha que se queira dar por aludido ou aludida. As razóns e as “pedras do camiño” quen mellor as coñece son os propios interesados.

    Pero Julio comprendo que iso xa é pasado, e que agora temos que traballar todos e todas por que o future sexa o mellor posible, e que na comarca de Ferrolterra teñamos máis alcalde e alcaldesas que nunca, porque o momento é o mellor, e a comarca de Ferrolterra necesítao.

    Remato desexándoche, de corazón, moitísima sorte. Un saúdo socialista

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

abril 2007
L M X J V S D
« Mar   May »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: