DdC. Vilagarcía-Vigo. Outro doblete

mayo 13, 2007 at 2:38 am 1 comentario

cea_vigo.jpg 

Este sábado volvemos a ter “doblete”. Ás oito da tarde mitin en Vilagarcía e ás dez e media cea en Vigo. A verdade de ter dous mitins nun só día é bastante cansado, xa que hai que saír zumbando dun lado para chegar ao seguinte con tempo necesario para ter controlado e preparado. Por iso, como xa vos dixen, antes de que remate Emilio saímos cara o lugar seguinte.  O punto de encontro con Víctor e Carnota foi en Padrón. Tomamos un café e marchamos cara a Vilagarcía. Chegamos ás seis e media. O acto era no recinto feiral de Fexdega, é a primeira vez que celebramos un acto do Partido neste recinto.

A verdade e que os mitins na Ría de Arousa son distintos, o ambiente é moi caluroso e a xente moi participativa. Había máis de seiscentas persoas con ganas de marcha, e Javier Gago –o actual alcalde de Vilagarcía- encargouse de ir animando ao persoal coa súa intervención. Acusou ao PP de ser uns “carroñeiros, por intentar sacar réditos electorais das desgracias dos incendios e as inundacións”. Dixo tamén que “o día 27 de maio é a oportunidade para sacar aos caciques da Deputación” . A verdade e que Gago é un gran orador e un gran político, e foi un excelente alcalde o que é doado de comprobar só con visitar Vilagarcía. De Enrique León, o candidato socialista á alcaldía, quero destacar a seguinte frase: “Non esperedes que prometa nada que non poda cumprir, pero sabede que se alguén pretende enganarvos, antes terá que enganarme a min …”. Aqueles que coñecen a Enrique, saben que esto que está a dicir é certo, e cando estás con el basta con mirarlle aos ollos para saber que é un persoa íntegra e honesta. Así o demostrou ao longo da súa traxectoria profesional na Policía. Touriño dixo que nestas eleccións hai que elixir entre concellos de dereitos, os que garanten os socialistas, ou de dereitas, os do PP, e pediu o voto para o PSdeG  e así impedir as rebaixas nos servizos públicos que quere a oposición. A anécdota deste mitin púxoa o candidato socialista do Grove, ao que lle rompeu a silla e caeu orixinando un gran ruído. Touriño que estaba intervindo nese intre dixo: vese que é un home mozo, ben plantado, e de moito peso, que a silla non pode con el”.

Cea no Bahía de Vigo Na segunda planta do Hotel Bahía de Vigo celebrouse a cea á que asistiron seiscentas persoas. Cando chegamos á cidade olívica o tempo estaba cambiando e ao pouco tempo empezou a chover. Ao chegar Emilio xa entramos no salón, e tras as fotos empezaron as intervencións. Só falaron Abel Caballero e Emilio P. Touriño. Das intervencións non podo contarvos nada porque saín do salón, e teño que confesarvos que Carnota e eu fomos á cafetería do hotel a tomar unha Coca-Cola e a picar unhas tapiñas. Tanto discurso e axetreo da fame e sede.

Aproveito para facer unha queixa. Desde Vigo ata Padrón non hai ningunha área de servizo aberta pola noite, todas pechan ás doce da noite. Sería bo que algunha estivese aberta para os que trasnoitamos podamos comer un bocadillo e beber algo.  A seguinte parada vai ser en Lugo, este domingo estamos no Auditorio Gustavo Freire con Orozco, Mª Teresa Fernández de la Vega e Emilio Pérez Touriño.

E como dicía Santiago Pemán: “e isto é todo, ata mañá”.

Anuncios

Entry filed under: DdC, Persoal, PSdeG-PSOE.

DdC.Carballiño-Pontevedra en 50 minutos DdC.Orozco “is different”

1 comentario Add your own

  • 1. Erasmo  |  mayo 13, 2007 en 10:13 pm

    Por que motivo o Coordinador de Campaña permite comentarios no seu blog… mentres os Candidatos pechan ós seus sitios web a calaquera PARTICIPACIÓN CIDADÁ…?

    Abel Caballero en Vigo… non hai maneira de falar con el… agás privadamente. Aínda non teñen suficiente confianza no electorado como para abrir os blogs á cidadanía?

    E logo din que nos representan a nós…’ Curioso…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

  • @xaime Puff!! Non sei eu como vai ese estudo, en Ames hai alomenos dous e non aparece nada pintado no mapa 1 day ago
  • Esta noite sobre as 23.30 h. houbo un incendio en Fraíz, na parroquia de Viduído. Dúas cuadrillas da Xunta, GES... fb.me/3cUZrlMJn 1 day ago
  • RT @policia: En estos momentos, operación policial en #Cambrils ante posible ataque terrorista. ¡Evita estar en la calle! Permanece en cas… 2 days ago
  • RT @policia: 🚩Por respeto a las víctimas y a sus familias, por favor, NO compartas imágenes de heridos en atropello de #Ramblas de Barcelona 2 days ago
  • Esta tarde houbo un incendio forestal perigoso en Aldea Nova que saltou ata Os Batáns. Afortunadamente os medios... fb.me/F9WAJiw1 4 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: