A campaña de Boiro

mayo 14, 2007 at 1:48 am Deja un comentario

Fai moito tempo que non escribo nada sobre a campaña en Boiro, o meu pobo, pero a razón é que ao estar centrado na campaña do PSdeG, o tempo non me dá para máis. Aínda que, como non podía ser de outra forma, estou atento a todo o que pasa, ou a case todo.  Desde a última vez que escribín algo sobre a política boirense, creo recordar que foi a substitución de Blanco Vila a fronte da candidatura do PP, os acontecementos foron moitos. Desde o abandono de Antón Vidal das filas do BNG e o seu paso ao grupo de non adscritos, todo por non figurar na candidatura nacionalista; o que, é un tremendo erro para a persoa que toma esa decisión, xa que o único que amosa e un descontento e un malestar que traslada ao exterior co único obxectivo de facerlle dano ao partido que decide prescindir del. Pero Antón Vidal sempre foi así, e a súa forma de ser xa ocasionou varios problemas durante esta lexislatura, chegando incluso a votar de xeito contrario ao grupo do BNG.

Manuel Velo pola súa banda, continua coa súa política esperpéntica e de bodevil. Atacar a todo o mundo con argumentos pouco claros e inventados –na maioría dos casos-; criticas de todo o realizado polo actual goberno esquecendo que el foi membro do equipo de goberno e dicindo sempre que se o deixasen a el todo iría moito mellor; sementar a dúbida dunha presunta corrupción de todo o mundo, pero sempre sen aportar probas sobre as súas graves acusacións; etc. É dicir, Velo en estado puro. Aínda que o máis destacable quizais sexa a fichaxe de Luis González Maceiras e Begoña Díaz, ambos os dous membros da directiva da Asociación Boirense de Empresarios, sendo o primeiro o seu presidente. Luis, baixo o meu punto de vista, aproveitouse descaradamente do seu cargo para entrar en política, e durante todo este tempo o único que fixo foi atacar ao goberno defendendo as teses de Manuel Velo, desde a plataforma que significa a ABE. Pola súa banda o PP de Boiro, co seu novo candidato, Juan José Dieste, conseguiu recuperar aos tradicionais votantes populares que amosaban o seu descontento co nomeamento de Blanco Vila o breve. Aínda que eu aposto porque o PP vai a ver reducido o seu número de concelleiros/as alomenos nun par. E por encima agora xúrdelles un novo problema, Jesús Saavedra, que rompeu a disciplina de voto e apoiou o convenio con Eroski, quedando así de manifesto a debilidade e a falta de control dentro do Partido Popular.

E pola parte socialista, creo que imos a subir, e pode ser factible acadar a alcaldía. O que si está claro é que Boiro vai a ter un goberno progresista novamente. E espero que esta vez sen terceiros. Quero facer unha crítica –sempre constructiva- que é recordarlle aos meus compañeiros e compañeiras de Boiro que actualicen a web do partido e da que xa vos falei neste blog, porque e esta é unha crítica en xeral para todos os partidos e políticos, que non empreguen a rede unicamente cando estamos en campaña electoral, e sirvan para facer unha rolda de prensa e saír nos medios un día. A rede temos que vela como un servizo, como unha vía de comunicación cos cidadáns, e debemos de actualizala e darlle contido constantemente, senón a perde todo o seu valor e a súa forza.

Sobre Boiro déixovos un vídeo que me enviou o meu amigo Dani Gestoso por mail, e que é o debate celebrado en TeleBarbanza a pasada semana.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, BNG, Boiro, Política, PP, PSdeG-PSOE.

DdC.Orozco “is different” Ddc. Dúas horas ata O Barco

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: