Ddc. Dúas horas ata O Barco

mayo 15, 2007 at 12:21 pm 2 comentarios

O primeiro luns de campaña sempre é un día importante, porque serve de termómetro para medir a temperatura electoral, para saber como se atopa a xente. Nós este primeiro luns escollemos O Barco de Valdeorras, un concello da provincia de Ourense que está no límite con Castela-León, ao lado de Ponferrada.

O traxecto ata O Barco é longo e cansado, dúas horas de viaxe. E deses traxectos no que en pouco tempo percorres as catro provincias galegas, pero cunha singularidade, a beleza das súas paisaxes. Destaco algo que me chamou a atención, que chegamos a pasar ata cinco veces por encima do Río Lor, o que demostra o serpenteante que é a estrada. Nesta ocasión a caravana electoral socialista formámola tres coches. O de Víctor, no que ía eu; o de Javier Carnota e o de Diego, estes dous con xornalistas. Cando chegamos ao Barco eran as seis e media da tarde, e os compañeiros de montaxe xa tiñan todo preparado, só quedaba darlle os últimos retoques, e listos para empezar. Facía bastantes días que non tiñamos todo listo con tanta antelación, polo que puidemos disfrutar dunha cervexa.

O auditorio da Casa de Cultura de O Barco encheuse con relativa facilidade, ás oito e cuarto xa estaba abarrotado. Habería unhas cincocentas persoas. O alcalde, Alfredo García, estaba tranquilo, pero con gañas de dar caña, notábaselle o cabreo pola impugnación da lista electoral polo PP, por mor da lei de igualdade. Tiña moitas ganas de dar caña. Calificou de “atentado contra a democracia” o recurso de PP, e pediulle aos veciños e veciñas a que “lles pasen factura” o 27 de maio nas urnas e dicirlles que “por aí non pasan”.

Touriño, pola súa banda dixo que o PP está confundindo a campaña electoral “cunha tómbola ou unha bono-loto” ou ben debe de pensar os galegos “son parvos”, polas promesas que está realizando nesta carreira cara as urnas en Galicia. Touriño advertiu de que “non cola, non é crible” que o PPdeG faga en cen días o que non fixo en 16 anos. A única herdanza que deixou foron “as mentiras das armas de destrucción masiva e a guerra de Iraq”, e lembrou que Rajoy é “o que nos deixou a mentira do Prestige”. Como podedes apreciar, a campaña electoral empeza a quentarse, e eso, a min, particularmente, gústame.

Ás dez da noite rematamos, e como a volta á casa era longa decidimos tomar uns bocatas e unha cervexa. Bocadillo de bacon con queixo, e outro de polo con pementos; charla e risas cos xornalistas que nos seguen na campaña; e ás doce da noite regreso a Santiago. Cando cheguei ao hotel pasaba das dúas da mañá, intentei escribir algo no ordenador pero non funcionaba a wifi. Outra vez será.

Anuncios

Entry filed under: DdC, Persoal, Política, PP, PSdeG-PSOE.

A campaña de Boiro DdC. Un viaxe con GPS

2 comentarios Add your own

  • 1. Remixio  |  mayo 15, 2007 en 7:56 pm

    Gústame moito o seu blog, Blas. Chago a el a través dunha información que aparece en “Galicia confidencial”. Esperaba atopar unha cousa propagandística e aburrida, pero vexo que é un traballo moi ben feito, de carácter máis ben xornalístico. Carei máis por aquí a partir de agora.

  • 2. blas  |  mayo 17, 2007 en 12:41 am

    Grazas Remixio polo teu comentario. Podes volver por aquí cando o desexes, e espero que che siga gustando.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: