DdC. ¡¡Ista, ista; Coruña socialista!!

mayo 17, 2007 at 1:42 am Deja un comentario

losada_coruna.jpg 

Hoxe tocounos visitar as cidades máis grandes de Galicia. Pola mañá Vigo e pola tarde-noite A Coruña. Xornada dobre, como vedes, e de agora en diante teremos algunha máis.

En Vigo estivemos ás dúas nunha xuntanza de Abel Caballero e Touriño con xente do mundo da cultura. Despois das intervencións houbo un aperitivo, pero Carnota, Javier Castiñeiras e eu decidimos marchar para comer polo camiño. Ademais, os aperitivos estes que poñen nos hoteis son tremendamente finos e tremendamente escasos. Eu son partidario dos tradicionais: tortilla, empanada, calamares, …, cousas desas máis enxebres e desde logo moito máis sólidas. Paramos a xantar na área de servizo que hai ao pasar a ponte de Rande, un bacallao á rioxana e unhas lentellas; algo suave. Pola tarde, e despois da paradiña na Rúa do Pino, saímos cara A Coruña. Alí tiñamos o mitin do día coa Vicepresidenta do goberno, Emilio P. Touriño e Javier Losada. O recinto elixido era o Palexco, a sala grande; e estabamos preocupados por enchelo, xa que ademais ao ser ponte mañá moita xente saía de viaxe. Pero ao final encheuse, ¡ben!. Máis de mil duascentas persoas.

Na porta, como sempre que imos á Coruña, estaban a manifestarse os funcionarios municipais –bombeiros e policías locais-; eran preto duns cen. Moito ruído, pancartas, insultos e cánticos. ¡O de sempre!. Quero deixar claro que a min paréceme ben e respecto todas as manifestacións e protestas organizadas e serias, pero esta paréceme máis ben unha instrumentalización política, co obxectivo primordial de desgastar e prexudicar ao goberno de Javier Losada. E outro asunto polo que perderon a razón estes manifestantes son os insultos, ameazas e incluso intentos de agresión a algúns concelleiros e concelleiras do goberno municipal e a outros compañeiros e compañeiras funcionarios e membros de outros sindicatos. Ademais, e como dicía Carnota, e o comparto plenamente, son funcionarios ata para manifestarse, xa que estiveron alí unha hora e despois marcharon, non esperaron nin ata que rematara o mitin.

Respecto ao mitin estivo animado e participativo, notábase que había moita xente xoven; gritos de ¡alcalde, alcalde!, ¡presidente, presidente!, e cancións como ¡ista, ista, ista, Coruña socialista!. Das intervencións direivos que vin a Javier Losada entusiasmado e apaixonado coa súa cidade, á que definiu como a cidade máis bonita e interesante que ten España.

Ao rematar o acto estivemos cos compañeiros de Madrid tomando algo. Por certo, nunha taberna que hai no centro de ocio El Puerto (ao carón do Palexco) que tiñan uns montaditos riquísimos, creo que se chamaba Lizarrán.

Por hoxe vou a rematar, xa que mañá temos un día con dobre acto. Pola mañá mitin en Cee e pola tarde en Noia, na miña comarca.

Anuncios

Entry filed under: DdC, Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE.

DdC. Un viaxe con GPS DdC. O Día das Letras Galegas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: