DdC. O Día das Letras Galegas

mayo 18, 2007 at 9:23 pm 3 comentarios

noia_mitin.jpg

Xoves 17 de maio. Día das Letras Galegas, e polo tanto festivo. E nós para celebralo tivemos un pobrete. Pola mañá estivemos en Cee, e pola tarde en Noia. Ás nove menos cuarto quedamos Carnota, Víctor e un servidor para almorzar no Hotel Puerta del Camino. Foi un almorzo deste de reforzo, que fan que o día se presente mellor.

Ao rematar saímos cara a Costa da Morte para celebrar un mitin que nos quedara colgado da precampaña debido á anulacións dalgunhas listas electorais por parte do PP. Esa xogada sucia dos “populares galaicos” fixo que a xente afectada por esta marrullería se sentise con máis forza para afrontar as eleccións. En Cee presentamos unha candidata, Amancia Trillo, que xa foi concelleira e que nesta ocasión está convencida de que vai a ser alcaldesa. ¡¡Oxalá!!. O polideportivo estaba cheo, a pesares de que o día era un tanto raro, xa que apesares de ser festivo, non se celebraba ningún santo, e iso en Galicia nótase.

Quero destacar deste acto a homenaxe que lle fixeron ao remate a Bautista Santos, Alcalde de Camariñas e secretario xeral comarcal da Costa Atlántica. Bautista leva 24 anos ao fronte da alcaldía e decidiu retirarse, coller a xubilación. O homenaxe consistiu na entrega de 24 rosas vermellas, polos 24 anos de servizo.

Pola tarde estivemos na miña comarca, da que eu son secretario comarcal, e comprenderedes que era un acto especial para min. Estaba bastante nervioso, porque ademais sabiamos que ía a haber unha manifestación. Pero ao ver a Rafa, o candidato, e alcalde de Noia na lexislatura de 1999 ao 2003, tranquiliceime bastante, porque el estaba sereno e confiado de que se ía a encher. E non estaba equivocado, xa que o cheo foi completo; máis de seiscentas persoas.

O mitin de Noia, e non é porque eu sexa do Barbanza, foi o mellor de toda a campaña ata o de agora. Foi un mitin quente, a xente gritaba e coreaba o nome de Touriño e de Rafa sen parar, movía as bandeiras, levantábase a aplaudir. ¡¡Algo impresionante!!.

Rafa García tivo unha intervención moi boa, e mantendo as formas. Aos manifestantes dixo que había que contestarlle co silencio, de Fraga dixo que fora un “bo presidente da Xunta e un gran político”, pero que Emilio conseguira “en dous anos máis que Fraga en dezaseis”, e ata conseguiu que “non o bote de menos nin os do PP”.

Pero vou a confesarvos que o mellor do mitin foi que ao tras tres días puiden ir a durmir á casa e ver a Eva –a miña dona-, e ás miñas fillas Paula e Nerea.

Anuncios

Entry filed under: DdC, Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE.

DdC. ¡¡Ista, ista; Coruña socialista!! DdC. Un día cargado de anécdotas

3 comentarios Add your own

  • 1. beizos  |  mayo 23, 2007 en 1:32 am

    ¡¡¡¡se nota….se siente…TOURIÑO esta presente!!!!
    ¡¡¡¡TOURIÑO….TOURIÑO…este é o teu camiño!!!!!
    ¡¡¡¡¡RAFAEL; RAFAEL, a alcaldia para él!!!!
    con todo isto e o temple de Rafa quitamosche o medo do corpo,
    Cas nosas ganas, forza e canticos eclipsamos os manifestantes,
    ou non?
    ¡¡¡¡¡ista….ista…ista…NOIA…S O C I A L I S T A!!!!!!!!

  • […] foi o mitin máis concorrido de toda a campaña, aínda que o máis animado e quente foi o de Noia.  Peche en Vigo A campaña tivo o seu peche no barrio de O Berbés, en pleno corazón de Vigo, […]

  • 3. blas  |  mayo 30, 2007 en 1:58 pm

    Moitas grazas pola colaboración prestada no mitin de Noia. Sigo dicindo que foi o máis animado e “quente” de toda a campaña. Ao final o traballo e o esforzo tivo os seus froitos.

    ¡¡¡¡¡ista….ista…ista…NOIA…S O C I A L I S T A!!!!!!!! e Rafa Alcalde

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: