DdC. Irisarri “o surfista”

mayo 20, 2007 at 5:35 pm 4 comentarios

O sábado traballamos media xornada. Só tivemos actos pola tarde. Gracias a esta “concesión” na campaña puiden estar máis tempo na casa, o que aproveitei fundamentalmente para durmir, vou a confesarvos que me levantei ás 12 e media, tras afeitarme e unha ducha, saín a tomar algo coa familia e con meus sogros cos cales non puidera estar desde que chegaran o pasado domingo. Despois de xantar na casa –que marabilla- dediqueime a actualizar o blog.

Pola tarde estivemos na comarca de Ferrolterra, primeiro unha visita a Pontedeume onde “o Presi” visitou aos compañeiros e compañeiras, alí estaban varios dos membros da candidatura entre os que se atopa Agustín Vilariño, o candidato socialista; o actual alcalde, Belarmino Freire, que decidiu deixar o cargo e descansar despois de varios anos de servizo; tamén estaba Bernardo, número catro da candidatura e membro das XSG, un rapaz xoven e con moita iniciativa e inquietudes; e, o bo amigo e blogueiro Nacho, que tamén figura na lista eumesa no posto número seis. A tarde amosábase bastante movida, xa que primeiro iriamos a Ferrol a ver o recinto do acto do día –o FIMO– e despois ir a Pontedeume a controlar o lugar onde quedaramos con Touriño e coa candidatura, e unha vez feito o percorrido saír Víctor e eu a toda pastilla cara a Ferrol novamente para esperar a chegada do secretario xeral.

Cando ían a ser as oito da tarde chegou Emilio ao FIMO, e tras esperar un pouco na sala que tiñamos habilitada empezamos o acto. Había en torno a unhas cincocentas persoas, moitas delas con camisetas do slogan de campaña da cidade departamental: Vamos!. Contábame Jaime Casals, un compañeiro da empresa de comunicación Neo que o merchandising que realizaron para a campaña está tendo moito éxito, xa que é unha campaña fresca e moi novedosa.

As intervencións comezaron ás oito e cuarto. Vicente Irisarri, o candidato socialista e próximo alcalde de Ferrol, empezou dicindo “aquí está o surfista”, aludindo claramente ás críticas que o día anterior lanzara Núñez Feijoo. Vicente dixo tamén que “para nada” a súa intención é “dedicarse ao pádel, beber viño con pouca moderación e conducir despois”, en alusión ás declaracións de Aznar, que o día anterior ceou no mesmo recinto no que nós celebrábamos o mitin. Pero Vicente fixo tamén unha exposición sobre o Ferrol que el quere, o Ferrol do futuro.

Touriño, pola súa banda, fixo un chamamento directo aos xóvenes á participación, para que se convertan en protagonistas nas eleccións de 27 de maio, e actuar así coma o “motor do cambio”. Aludiu tamén a presencia o día anterior de Aznar, dicindo: “Onte estivo aquí o pasado e pasado queda”.

O mitin acabou rápido, unha hora aproximadamente, despois uns saúdos ao candidato de As Pontes, Valentín Formoso; a despedida de rigor dos compañeiros de montaxe. Por certo, onte Alberto Doce, o “boss” da empresa que se encarga de que todo estea perfecto para poder realizar os actos dos que vos falo, deu o seu primeiro mitin, xa que é membro da candidatura socialista de Fene. Segundo me contan, falou sobre uns dez minutos e estivo aceptable; a calificación que lle outorgan ronda unha media de seis.

Á volta viñemos ata Fene con Iván Puentes, do que xa vos falei en infinidade de ocasións, e ao que sempre é un pracer ver e falar con el. ¡¡Ánimo Iván!!.

Anuncios

Entry filed under: DdC, Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE.

DdC. Un día cargado de anécdotas DdC. Abel Caballero, o Fernando Alonso galego

4 comentarios Add your own

  • 1. César Pena  |  mayo 21, 2007 en 9:34 pm

    Miña nai querida!! O home que reflicten os buzóns é Francisco Rodríguez???

  • 2. César Pena  |  mayo 21, 2007 en 9:40 pm

    Por certo, non sei se por ignorancia ou por un ridículo tento de rabuñar tres votos, a web do Concello de Fene non é a que vostede indica (www.fene-concello.org), senón .

  • 3. César Pena  |  mayo 21, 2007 en 9:41 pm

    Por certo, non sei se por ignorancia ou por un ridículo tento de rabuñar tres votos, a web do Concello de Fene non é a que vostede indica (www.fene-concello.org), senón http://www.fene.org (borra a anterior mensaxe se prefires, xa que non me furrularon as etiquetas HTML).

  • 4. DdC.O que non se ve « Blas García  |  septiembre 24, 2007 en 7:25 pm

    […] especie de making off que vos deixo gravámola o día do mitin de Ferrol. Espero que vos guste. Por certo, aproveito para invitarvos a visitar o noso espazo en youtube e a […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: