DdC. Mil douscentos quilómetros en cinco días.

mayo 27, 2007 at 2:21 am 5 comentarios

Fai varios días que non escribo no blog, a pesares de ao primeiro actualizábao tódolos días contándovos como se ía desenrolando a campaña socialista. Pero durante esta semana foime imposible porque a caravana socialista colleu un ritmo frenético, desde o luns Carnota, Víctor e eu fixemos case mil douscentos quilómetros. O luns estivemos en Ponteareas e Pontevedra; o martes en Santiago; o mércores en Ribeira, Boiro e Cambados; o xoves en Santiago e Ourense e o venres, o día de máis percorrido, viaxamos de Ferrol a Vigo. Entenderedes agora a razón pola que non puiden contarvos nada da campaña desde o pasado domingo.

O día máis emotivo foi, sen dúbida, o mércores, xa que estivemos co “Presi” na miña comarca, e encima no meu pobo. Pola mañá visitamos Santa Uxía de Ribeira e paseamos polas súas rúas, e despois viñemos ata Boiro; visita ao peirao de Cabo de Cruz, alí estaban esperando moitos amigos e compañeiros socialistas. Chegamos con bastante máis tarde do previsto porque José Vicente –o candidato socialista de Ribeira- fíxonos unha xogada e modificounos o programa, pero a pesares da hora en Cabo de Cruz esperábannos máis de cen persoas. Por certo, a anécdota do día foi que en Ribeira cagoume unha gaivota polo pantalón, que lle imos facer, ¡¡mala sorte!!. Ao saír de Cabo fomos ata Cespón, a visitar o Centro Arqueolóxico do Barbanza. Direivos que en Cespón fun onde eu nacín, e en Neixón –onde está ubicado o centro arqueolóxico- teño xogado moitas veces ao fútbol. Á entrada do Centro había varios veciños e veciñas, ata estaba meu pai. Alí recibiunos Víctor Barbeito, un bo amigo (traballamos xuntos en Chicolino) que é o director do Centro e foi o encargado de guiar a Emilio polas instalacións. Estaban tamén Inés Martínez, unha rapaza que é membro da Asociación de Veciños de Cespón e que foi alumna de Emilio. Como xa vos dixen, foi un día interesante e especial. Despois comemos con algún dos xornalistas membros da caravana no Restaurante Arume de Boiro, o cal vos recomendo a visitar, á comida tamén se uniu Domingo Fontenlos (que axuda a coordinar a campaña comarcal) e José Manuel Lage. Os días anteriores foron días de trámite, onde a xornada se desenrolou con absoluta normalidade.

Mitin en Ourense 

ourense.jpg

O xoves estivemos de mitin na cidade das Burgas, e realizamos o mitin no pavillón dos Remedios, un sitio de visita habitual nas campañas electorais, pero que nesta ocasión significaba un risco, xa que era a primeira vez que íamos a este pavillón con Touriño só como orador, sen ningún invitado de fora. A montaxe do acto tiña que ser moi medida e adaptada ás persoas que podían acudir. Ao final acudiron algo máis de dúas mil persoas, e o recinto presentaba un aspecto perfecto, magnífico, un cheo absoluto. E iso que ás sete da tarde empezou a chover con forza, o que fixo que non acudise todo o que estaba previsto. Emilio tivo a mellor intervención da campaña, e a xente que asistiu ao mitin estivo tremendamente animada. Sen dúbida o de Ourense foi o mitin máis concorrido de toda a campaña, aínda que o máis animado e quente foi o de Noia.

Peche en Vigo

capoeira.jpg

A campaña tivo o seu peche no barrio de O Berbés, en pleno corazón de Vigo, aínda que pola mañá estivemos en Ferrol. A visita matinal consistiu nun paseo polas rúas da cidade departamental, e acompañounos a choiva durante todo o paseo. Ao remate Touriño fixo unhas declaracións aos medios e logo, tras asinar nun dos tótem da campaña ferrolá –Vamos!! Vicente- asistimos a un magnífico espectáculo de capoeira.

A tarde presaxiaba choiva en Vigo, por iso montamos unha carpa para poder protexernos, pero ao final, nin a choiva, nin as manifestacións anunciadas, asistiron ao acto de peche. Ás oito e media empezamos o acto, primeiro falou a ministra de agricultura e pesca, a galega Elena Espinosa, despois tocoulle o turno a Abel Caballero. Ás 20:55 Emilio tiña que empezar a falar, xa que sobre as 21:05 estaba previsto o directo na Galega. É o momento dos nervios, o colofón á campaña e todo ten que saír ben. O ceo de Vigo está adornado con dous globos grande de helio, nun pon faremos máis co logo do PSdeG e no outro Abel Caballero Alcalde. A ministra fala máis do previsto, temos que avisala para que vaia cortando, tócalle a Abel. É o momento no que ten que empezar a falar “o Presi”, Abel cumpre e remata no momento exacto. Empeza a falar Touriño, chega o momento do directo, xusto á hora prevista. O sol entra algo polo lateral do escenario, pero Pío e Miguel –dos Albertos– habilmente tapan eses raios do sol cos que non contábamos. O directo remata, todo sae ben. Pouco despois remata Emilio, e con el outra campaña electoral máis, e xa levo seis (dúas autonómicas -2001 e 2005- dúas municipais -2003 e 2007- unha de Europeas e outra do referendo da constitución europea).

Ao rematar unha pequena celebración con Carnota, Víctor, Diego e Fariña, á que despois se uniron os xornalistas da caravana: Ana Viqueira de EFE, Eva de Europa Press, Mónica Sequeiro de AGN, Fernando Varela de El País, Rocío Lizcano de El Correo Gallego, e Juan Carlos Ortiz de La Voz de Galicia. Non quero pechar este diario de campaña sen lembrarme do marabilloso e espectacular traballo realizados polos AlbertosPío, Miguel, Christian e Alberto Doce-, e de Manlli e os seus rapaces que tan bo traballo fixeron coas súas cámaras. Grazas a todos e como non, aos compañeiros e compañeiras das agrupacións locais e provinciais.

Un saúdo e ata a próxima campaña.

Anuncios

Entry filed under: DdC, Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE.

Vídeo Electoral do PSdeG-PSOE Caprichos electorais. ¿Cara ou cruz?

5 comentarios Add your own

  • 1. Anónimo  |  mayo 29, 2007 en 12:27 pm

    Mereces unhas vacacións, tenta acougar en breve serán as xerais e volta a comezar.
    Un saúdo e grazas pola visita.

  • 2. Anabel  |  mayo 30, 2007 en 1:01 pm

    Pois si que debeches estar ocupado para que aínda non me engadiras ás blogs amigas!! Non sei como saliron os mitins que tiveches na recta final, pero sei como saíu ó de Cambados gracias a vos, e realmente foi espectacular. Enhoraboa!!

  • 3. blas  |  mayo 30, 2007 en 1:54 pm

    Anabel, moitas grazas pola axuda que nos prestáchedes en Cambados. Foi unha pena non conseguir a alcaldía, estivemos a piques. Agora non vos desanimedes e continuade a traballar como o fixéchedes, porque ese traballo terá a súa recompensa. Agora engado o blog

  • 4. blas  |  mayo 30, 2007 en 1:54 pm

    Ao anónimo primeiro tamén moitas grazas, e tes razón dentro de pouco xa nos veremos inmersos noutra campaña electoral.

  • 5. Anónimo  |  mayo 31, 2007 en 11:59 pm

    O anónimo recibiu unha fotografia remitida polo Sr. Secretario Xeral do PSOE barbanzán.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: