Archive for junio, 2007
Esto é o TA – LAN – TE
Mariano Rajoy dixo o 27 de xuño do 2007, tras o asasinato de seis soldados no Líbano:
“Esto es una vergüenza. Usted decidió que hubiera soldados en el Líbano. Yo le apoyé y le pedí seguridad. Han muerto seis soldados y no llevaban inhibidores. Es una vergüenza. Entre sus responsabilidades está garantizar la seguridad de los soldados”
José Luis Rodríguez Zapatero dixo en novembro do 2003, tras o asasinato de sete axentes do CNI en Iraq:
“Es conocida mi posición sobre el conflicto de Irak, pero es un día de luto, dolor, cercanía y solidaridad con las familias y las personas que están cumpliendo con su deber al servicio de nuestro país”.
A diferencia entre un e outro é clara e notoria. O primeiro intenta sacar tallada política de calquera situación, sen escrúpulos nin reparos; e o segundo ten dignidade, ética, respecto e ta – lan – te.
Vía Escolar.
Educación e Cidadanía (A visión de Wyoming)
A través da web de Nacho de Pontedeume chego a este vídeo de Wyoming no que comenta a postura da Igrexa sobre a asignatura da Educación e Cidadanía.
A verdade é que Wyoming e un xenio, a algúns dos seus comentarios son boísimos:
«… De criterios racionais e verdades fundamentadas sabe moito a Igrexa, non debe de haber un criterio racional e unha verdade fundamentada como que unha paloma deixara preñada á Virxe María …»
Non todo debería valer!!
A través dos blogs de Nacho Escolar e de Manuel Rico (Periodismo Incendiario) descubro un artigo publicado en Libertad Digital en agosto do 2006 por un grupo denominado GEES, e que titulaban Líbano: ¿La tumba de Zapatero?:
“Sólo hay una razón por la que se pudiera apoyar la iniciativa de nuestro sonriente presidente de desplegar entre 700 y 1300 soldados españoles en el sur del Líbano: que ese despliegue sea su tumba.
No se trata de una misión humanitaria; ni de pacífica interposición; ni está aceptada de verdad por las partes. Y aunque Rodríguez Zapatero sea admirado por los líderes demagógicos de Hizbolá, no le van a respetar nada cuando decidan volver a la acción. A Francia le volaron una cincuentena de soldados en el 83 y a los americanos casi trescientos marines. Casi tantos como cascos azules de la ONU sirviendo en UNIFIL.
Si a ZP el beatífico y pacífico soporte de las Naciones Unidas le envían a casa 50 o 300 bolsas con otros tantos cadáveres de jóvenes españoles sería su final político, por haber arriesgado sus vidas en una misión inútil en la que la participación española estaba diseñada para su mayor gloria y fotogenia personal. Con muertos españoles y el PP actuando como el PSOE, cuando éste estaba en la oposición, bastaría para ser su final. Claro que el PP no es como el PSOE ni lo puede ser y en lugar de culpar a ZP, como éste hizo por ejemplo tras el 11-M con Aznar, se uniría en una piña con el gobierno por el bien de España y en defensa de sus militares.
Al menos eso lo pueden tener claro los miembros de las Fuerzas Armadas. Sólo es el gobierno socialista y Rodríguez Zapatero quienes juegan caprichosamente con sus vidas. Y si el PP apoya el despliegue en el Líbano debe ser por otras razones aunque equivocadas no tan mezquinas.”
Tras ler este “premonitorio” a ao mesmo tempo miserable comentario semella que o seu autor ou autores desexaban que morresen soldados españois, para así poder obter algún beneficio político. É despreciable, ruín, indecente, rastrero, …, pensar e escribir algo tan depravado como eso. Pero o peor e o máis preocupante é cando os carroñeiros do PP pretenden aproveitarse destas lamentables mortes, e o propio Rajoy di no Congreso que o acontecido é “una vergüenza” , intentando abrir unha nova brecha e iniciar a guerra dos inhibidores. Agora, xa ninguén se acorda das lamentables mortes dos sesenta e dous militares do Yak-42.
Pero todo esto continúa e continuará, ata que atopen un novo filón –sexa o que sexa- porque os líderes do PP e os seus secuaces actúan así, por iso agora os GEES volven a sacar outro artigo que titulan El Líbano. Misión de paz y muerte, que rematan do seguinte xeito:
“Pero en un alarde de “sentido de banda” el Sr Blanco, navajero mayor del reino, acusa a Rajoy de falta de “sentido de estado”, que por lo que se ve debe consistir en comulgar con ruedas de molino y no carraspear. Para don Pepiño el papel de la oposición debería ser veilas vir, deixalas pasar, e si mexan por ti decir que chove. De lo último, entusiasta e infatigablemente, se encarga él.”
Creo que sobran os comentarios, posto que cos desexos e as palabras de certos individuos e institucións queda demostrada a súa calaña e a calidade humana. ¡¡Que Deus os bendiga!!
14 anos despois
Ana Torroja e Nacho Cano volveron a cantar xuntos catorce anos despois. O motivo é unha gala contra a droga, e a iniciativa parte do concello de Madrid e da Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD). Os dous ex membros de Mecano interpretaron varias cancións, entre as que se atopaba “Me cuesta tanto olvidarte”.
É unha alegría para min que estas dúas estrelas da canción volvan a xuntarse, e encima por unha causa tan xusta e positiva como unha gala contra as drogas. Ademais, como xa teño dito nalgunha ocasión, son un fan do grupo Mecano.
Actualización (30/06/2007). Este é un vídeo da actuación de Nacho Cano e de Ana Torroja. Nel canta a canción 7 de septiembre.
Somos unha potencia mundial, por desgracia!!.
Un informe mundial sobre drogas revela que España é a primeira potencia mundial no consumo de cocaína. Segundo este estudio, que presenta uns datos aterradores, un de cada cinco consumidores europeo atópase no noso estado. En España o consumo duplicouse desde o ano 1999 ao 2005, do 1,6% da poboación de entre 15 e 64 anos, pasou ao 3%, unha porcentaxe á que non chega ningún outro estado dos analizados pola ONU –un centenar-.
Esta porcentaxe é catro veces superior á media europea -0,75%-, e máis do dobre que o do consumo en Europa occidental -1,2%-. Pero outro dato tremendamente preocupante deste informe, publicado pola oficina da ONU contra a Droga e o Delito (ONUDD) -coincidindo co Día Mundial Contra as Drogas-, son as enquisas realizadas en institutos de ensinanza secundaria porque amosan incrementos tremendamente preocupantes, cunha taxa de consumo do 7,2 % no 2005, fronte ao 6,2% do 2002 y ao 1,8% de fai unha década.
Como dicía ao principio, este estudio e os datos que revelan son aterradores, e creo que deben de ser motivo dunha profunda e seria reflexión por parte das autoridades, pero tamén dos pais e nais, xa que somos os que nos atopamos máis cerca das posibles víctimas, se temos a sorte de que non caeron xa nesta cruel lacra da droga. Sinceramente, dame a sensación desde fai xa algúns anos de que tanto a administración coma os propios pais nos confiamos en exceso e que centramos as nosas preocupacións noutros asuntos, tamén importantes, pero descoidamos o tráxico mundo da droga.
Este informe vén a avisarnos dunha realidade que só basta con comprobar un fin de semana calquera nun pub ou discoteca “de moda”. ¡¡Fagamos algo!!. Estamos na obriga de intentalo. Neste caso é mellor estar á cola e non ser unha potencia mundial.
Yogi e Bubu escapan a Asturias
Seguramente que xa veriades este anuncio na televisión. A primeira vez que vin este anuncio do Oso Yogi e de Bubu promocionando Asturias quedei abraiado. Por un lado porque me lembraba da miña infancia e daqueles formidables debuxos animados destes dous osos e as súas aventuras cos turistas no Parque Jellystone -ou Yellystone-, e por outra polo acerto dos creadores deste spot, en especial porque como xa vos teño contado, eu son un asiduo visitante do Principado, ao cal me unen lazos familiares.
O dito, un dez para este anuncio.
A insubmisión dos bispos
A Igrexa Católica chama á desobediencia civil contra a LOE e o goberno. Resulta que a Conferencia Episcopal Española, o católico e sagrado chiringuito formado polos bispos españois, acaba de celebrar unha xuntanza na que como conclusión máis importante resolveron “… recurrir a todos los medios legítimos para defender la libertad de conciencia y de enseñanza …” e polo tanto opoñerse a unha nova asignatura chamada Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos.
Esta nova materia educativa, que vai a ter contidos tan perigosos e pecaminosos como poden ser os distintos tipos de familia, o respecto á diversidade, a liberdade de pensamento e conciencia, a igualdade entre homes e mulleres, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o consumo responsable, o funcionamento das institucións democráticas, etc.; é unha grave ameaza para a formación moral das persoas.
Non será que aos aristócratas da igrexa católica pretenden que continuemos formando parte dun rebaño que camiña pola senda que eles nos marcan, para evitar así que existan cidadáns libres que pensen, opinen e camiñen libremente por onde nos apetece. A Igrexa Católica leva moitos anos dicíndonos como temos que actuar na vida, e resulta bastante estraño que un cura sexa o que nos diga como temos que comportarnos no matrimonio cando el non pode casarse, ou que nos explique como educar aos nosos fillos si el nunca vai a ser pai. Eu creo que xa está ben de aturar as insolencias e as ameazas dos profesionais do sermón, sobre todo se temos en conta que a Igrexa Católica goza duns enormes privilexios dos que non podemos disfrutar o resto dos cidadáns.
Morreu o Fary
O pasado martes morreu “El Fary”. Cando escoitei a nova, vendo a televisión, veume á memoria aquela lamentable imaxe de Gayoso anunciando a súa morte en directo alá polo mes de abril. Pouco máis de dous meses aguantou José Luís Cantero con vida.
Teño que confesarvos de que non son admirador do cantante madrileño, todo o que me une a el non é máis que cantar algún dos seus éxitos durante algunha noite de festa, ou que estivera en Boiro de visita en varias ocasións; pero, tras aquel post do Luar véxome na obriga de dicir que descanse en paz.
O «machote» de Conde Roa
Este da foto é Gerardo Conde Roa, avogado compostelán e candidato polo Partido Popular á alcaldía de Santiago de Compostela.
Pois este ilustrado e prestixioso individuo -con pinta de pijo e estirado- tivo a insolencia e a pouca vergoña de dicir que a Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, é unha “especie de ministro marimacho”. Pero non contento con iso volveu a repetilo.
Escoitando as palabras deste misóxino descerebrado na Cadena SER, onde ademais pretende facerse o gracioso chamándolle Maleni á ministra, só se pode pensar “menudo alcalde estivo a punto de ter Compostela”. Este debe de ser un exemplo do xiro ao centro do PP, así como do respecto e dos valores dos que falan os populares no seu ideario político. Ou sinxelamente que siga a liña marcada polo seu líder, Mariano Rajoy, que definiu esta semana á Vicepresidenta como “La otra”, ou os do presidente fundador, don Manuel, que comparara o voto indeciso coas mulleres.
Pero o peor de todo isto é que polo de agora aínda non saíu ninguén da dirección do PP, nin en Galicia nin en Madrid, pedíndolle a Conde Roa que rectifique e pida perdón.
ETA, esa gran nación
Rajoy dixo hoxe:
Os lapsus deste tipo son normais, e este pasaría desapercibido de non ser porque Mariano ten a palabra ETA na boca as 24 horas do día. E de tanto citar á banda terrorista xa confunde ETA con España, …, terrorismo con votos, paz con fracaso, liberdade con derrota, PSOE con Batasuna, Zapatero con inimigo, etc. Sería bo que o PP e Rajoy se centrasen dunha vez.
Comentarios