Archive for junio 4, 2007

Rajoy e os calcetíns rompidos

Se fai uns meses aparecía Paul Wolfowitz, o xa ex presidente do Banco Mundial, cos calcetíns rompidos. Hoxe é a revista Interviu a que quita unhas fotos de Mariano Rajoy, durante unha visita ao Torneo Conde de Godó, con ámbolos dous calcetíns gastados polos calcaños.

Na revista Interviu, así como noutros medios que se fan eco desta foto achácano á dureza da campaña electoral, aínda que a min seméllame máis a un descoido imperdoable e ata a unha falla de hixiene e de coidado persoal. Eu non podo entender como unha persoa que debe de atender a súa imaxe pública, xa que está exposto constantemente ás cámaras e á xente, poida atreverse a saír á rúa deste xeito, quizais porque estaba confiado de que ninguén lle ía a ver os calcetíns rompidos.

A dúbida que pode xurdir ao ver esta foto, do que quere ser presidente do goberno de España, pode ser de como levará outras prendas do seu corpo que sen ven menos ou que non se ven.

Anuncios

junio 4, 2007 at 7:40 pm Deja un comentario


Calendario

junio 2007
L M X J V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.