Archive for junio 5, 2007

Búscase letra para himno

Está visto que a Rajoy “ponlle” o himno de España. Primeiro intentou apropiarse do himno usándoo nas “manifas” que organizaban os populares, e cada vez que saían á rúa soaba a todo trapo para amosar así o seu patriotismo. E agora sóbese ao cabalo para defender que o himno español teña unha letra, e promete que levará este asunto tan crucial ao Congreso; segundo parece para responder aos desexos dos deportistas que queiran cantalo nas grandes competicións. ¿¿Non será que a don Mariano o que lle gustaría e poder cantar xunto aos seus seguidores a nova letra ao remate de cada “mani-FESTA-ción” que organice??.

Esto de crear unha letra para o himno español está ben, é unha boa idea. Aínda que eu iría máis alá, e xa que parece que é un asunto de estado poderíase crear unha especie de OPPeración Triunfo, no que a xente mandaría as súas letras e tras escoller as mellores e facerlle os arreglos pertinentes e necesarios estas serían interpretados por artistas famosos e de prestixio (Juan Pardo, Norma Duval, Los del Río, Plácido Domingo, …) en varios programas ata que a xente puidese escoller o que máis lle gustase mandando un SMS.

¡¡Que glamuroso!!. E despois xa todos os deportistas españois poderían cantar o himno nas grandes competicións. A verdade que se me ocorren varias ideas para poder compoñer unha letra para o himno, e véñenme á cabeza varios letristas de prestixio (Cañita Brava, Leonardo Dantés, Toni Genil, …). Pero vou a deixar que sexa Mariano Rajoy o que propoña o xeito máis adecuado para tan crucial e histórica tarefa.

junio 5, 2007 at 1:11 am Deja un comentario


Calendario

junio 2007
L M X J V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.