Somos unha potencia mundial, por desgracia!!.

junio 26, 2007 at 5:15 pm 3 comentarios


Un informe mundial sobre drogas revela que España é a primeira potencia mundial no consumo de cocaína. Segundo este estudio, que presenta uns datos aterradores, un de cada cinco consumidores europeo atópase no noso estado. En España o consumo duplicouse desde o ano 1999 ao 2005, do 1,6% da poboación de entre 15 e 64 anos, pasou ao 3%, unha porcentaxe á que non chega ningún outro estado dos analizados pola ONU –un centenar-.

Esta porcentaxe é catro veces superior á media europea -0,75%-, e máis do dobre que o do consumo en Europa occidental -1,2%-. Pero outro dato tremendamente preocupante deste informe, publicado pola oficina da ONU contra a Droga e o Delito (ONUDD) -coincidindo co Día Mundial Contra as Drogas-, son as enquisas realizadas en institutos de ensinanza secundaria porque amosan incrementos tremendamente preocupantes, cunha taxa de consumo do 7,2 % no 2005, fronte ao 6,2% do 2002 y ao 1,8% de fai unha década.

Como dicía ao principio, este estudio e os datos que revelan son aterradores, e creo que deben de ser motivo dunha profunda e seria reflexión por parte das autoridades, pero tamén dos pais e nais, xa que somos os que nos atopamos máis cerca das posibles víctimas, se temos a sorte de que non caeron xa nesta cruel lacra da droga. Sinceramente, dame a sensación desde fai xa algúns anos de que tanto a administración coma os propios pais nos confiamos en exceso e que centramos as nosas preocupacións noutros asuntos, tamén importantes, pero descoidamos o tráxico mundo da droga.

Este informe vén a avisarnos dunha realidade que só basta con comprobar un fin de semana calquera nun pub ou discoteca “de moda”. ¡¡Fagamos algo!!. Estamos na obriga de intentalo. Neste caso é mellor estar á cola e non ser unha potencia mundial.

Vídeo 1 Vídeo 2 Vídeo 3

Anuncios

Entry filed under: Goberno, Recomendacións.

Yogi e Bubu escapan a Asturias 14 anos despois

3 comentarios Add your own

  • 1. Delfín  |  junio 27, 2007 en 9:03 am

    Coincido contigo. É triste chegar a estos status sin ningún esforzo.
    A reflexión más importante creo que temos que facela os pais e nais; pois cando saes a dar unha volta ves a mozos e mozas que non teñen máis de 12 anos facendo unha “vida” de 19 anos. E a iso non poden as autoridades poñer solución. Eu son dos que creo que os pais deben tentar alargar a infancia dos nenos o máis posible, non digo que os teñamos debaixo da á toda a vida, pero sí non desvincularnos deles antes de tempo por que vai a suceder o que está pasando.
    A infancia é o primeiro estadio da vida física-emocional-valores e temos que ser os pais e nais os que demos exemplo, e tamén nós os que “pidamos” ás autoridades unhas facilidades para educar ós nosos fillos e fillas. Pedir pero con sentidiño.

  • 2. blas  |  junio 27, 2007 en 2:39 pm

    Delfín, é un pracer saudarche.

    Comentar contigo de que eu teño dúas nenas (de 9 e 4 anos), e a verdade é que o futuro dame moito medo, sobretodo de que poidan caer no mundo da droga, por iso coíncido contigo de que temos que prolongarlle ainfancia o máis posible, aínda que temos que darlle liberdade e confianza para que nos demostren ata que grado poden ser responsables.

  • 3. Delfín  |  junio 27, 2007 en 6:38 pm

    Grazas, encantado de lerte.

    Tamén teño dous fillos (a nena 7 e o neno 3). Se somos capaces de ver o que está pasando ó noso arredor,… por aquí agora vaise ó ODEON, imaxino que por Santiago será AREA CENTRAL, pois se non temos medo somos uns inconscientes.
    Cando me refiro a prolongar a súa infancia é sinxelamente a que xoguen, a que non teñan vergonza de ir de paseo e seguir paseando ainda que caeran e romperan as medias,… os nenos son nenos e coma lle digo ós meus amigos teñen unha “patente de corso”, non llela quitemos tan cedo. Pero eso significa que temos que ser pais e nais e estar atentos ás súas inquedanzas e necesidades reais non ás adquiridas-superfluas.

    En fín, é que coma sabes estou moi sensibilizado con esto da educación nas primeiras etapas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

junio 2007
L M X J V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: