Archive for junio, 2007

Morreu o Fary

 

O pasado martes morreu “El Fary”. Cando escoitei a nova, vendo a televisión, veume á memoria aquela lamentable imaxe de Gayoso anunciando a súa morte en directo alá polo mes de abril. Pouco máis de dous meses aguantou José Luís Cantero con vida.

Teño que confesarvos de que non son admirador do cantante madrileño, todo o que me une a el non é máis que cantar algún dos seus éxitos durante algunha noite de festa, ou que estivera en Boiro de visita en varias ocasións; pero, tras aquel post do Luar véxome na obriga de dicir que descanse en paz.

junio 20, 2007 at 3:55 pm Deja un comentario

O “machote” de Conde Roa

Conde Roa (www.elcorreogallego.es) 

Este da foto é Gerardo Conde Roa, avogado compostelán e candidato polo Partido Popular á alcaldía de Santiago de Compostela.

Pois este ilustrado e prestixioso individuo -con pinta de pijo e estirado- tivo a insolencia e a pouca vergoña de dicir que a Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, é unha “especie de ministro marimacho”. Pero non contento con iso volveu a repetilo.

Escoitando as palabras deste misóxino descerebrado na Cadena SER, onde ademais pretende facerse o gracioso chamándolle Maleni á ministra, só se pode pensar “menudo alcalde estivo a punto de ter Compostela”. Este debe de ser un exemplo do xiro ao centro do PP, así como do respecto e dos valores dos que falan os populares no seu ideario político. Ou sinxelamente que siga a liña marcada polo seu líder, Mariano Rajoy, que definiu esta semana á Vicepresidenta como “La otra”, ou os do presidente fundador, don Manuel, que comparara o voto indeciso coas mulleres.

Pero o peor de todo isto é que polo de agora aínda non saíu ninguén da dirección do PP, nin en Galicia nin en Madrid, pedíndolle a Conde Roa que rectifique e pida perdón.

junio 15, 2007 at 7:25 pm 2 comentarios

ETA, esa gran nación

Rajoy dixo hoxe: 

“Quiero transmitir a los españoles un mensaje de esperanza. ETA es una gran nación. España, perdón, es una gran nación”.

 Os lapsus deste tipo son normais, e este pasaría desapercibido de non ser porque Mariano ten a palabra ETA na boca as 24 horas do día. E de tanto citar á banda terrorista xa confunde ETA con España, …, terrorismo con votos, paz con fracaso, liberdade con derrota, PSOE con Batasuna, Zapatero con inimigo, etc. Sería bo que o PP e Rajoy se centrasen dunha vez.

junio 12, 2007 at 2:08 am 2 comentarios

O nacemento de Kubica

Non sei se vos teño contado que me gusta moito a Formula 1. Creo que si. Gústame desde fai tempo, xa desde antes de que Fernando Alonso debutase neste deporte. Onte vendo o GP de Canada quedei impresionado ao ver o accidente do polaco de BMW-Sauber, Robert Kubica.

Realmente o choque foi brutal e terrorífico, pero sen dúbida o impresionante e sorprendente foi que o piloto xa recibiu a alta médica e só sufriu unha pequena conmoción cerebral e un escordadura de nocello.

Non cabe dúbida de que a seguridade que alcanzaron os coches de Fórmula 1 son extraordinarias, xa que de non ser así Kubica non tería a sorte que tivo. Oxalá que os coches da rúa puidesen contar con esas medidas de seguridade porque as vidas que se salvarían cada fin de semana serían moitas. Por iso sería bo e necesario que todos avances acadados polas escuderías se chegasen a aplicar a prezos ao alcance dos cidadáns.

junio 12, 2007 at 1:11 am Deja un comentario

¿É culpable tamén ZP da liberación de Paris Hilton?

 

Para distender un pouco a tensión política deste últimos días quería comentarvos unha nova que lin onte pola noite en 20minutos.es. Resulta que a super-mega-pija Paris Hilton tivo que ingresar no cárcere por ter violado a súa liberdade condicional ao conducir sen carné.

Paris, que ingresou na cadea este luns, foi posta en liberdade tres días despois por motivos de saúde, e ademais parecía –segundo di a policía- que non lle gustaba a comida. Este caso é bastante similar ao acontecido con De Juana Chaos, o cal lle concederon o terceiro grado por motivos humanitarios e porque non comía.

A gran diferencia entre ambos, ademais do por todos sabidos, é que De Juana tivo que volver ao cárcere por non querer levar unha pulseira de vixilancia, mentres que a Hilton aceptou levar unha tobilleira de seguimento. De tódolos xeitos, espero que Rajoy e o PP non culpe tamén, neste caso, a Zapatero da liberdade de Paris Hilton, e diga que:

Zapatero no eshh claro, y debe de eshplicar porque cede al chantaje de ETA-Batasuna dejando en libertad a la Hilton

junio 8, 2007 at 1:27 pm 4 comentarios

Sen novidades no PP


Acabo de atopar un vídeo na web Madrid Progresista, no que comparan as declaracións realizadas por Aznar e por Zapatero despois de romper a banda terrorista ETA as respectivas treguas.

É un vídeo no que se pode apreciar que as intervencións son tremendamente parecidas e na mesma liña, e a pesares diso o agora presidente do PP, Mariano Rajoy, dixo:

“No ha sido una declaración clara. Le pido al Gobierno que no haya cesiones ni negociación con ETA” 

¿En que quedamos?. Que diferencia existían entre ámbalas dúas treguas. ¡¡Ah, si!!, unha moi clara, que agora o PP está na oposición.

junio 6, 2007 at 5:25 pm Deja un comentario

A ruptura da tregua de ETA (3ª parte)

Tregua de ETA

Segundo anunciou esta noite mediante un comunicado, a banda terrorista ETA vai a rachar a tregua que iniciara en marzo do 2006. E con este comunicado tamén se rachan as ilusións, as esperanzas, os anhelos, o alento, o optimismo, os sonos, …, de milleiros de persoas que confiaban que nesta ocasión si ía a chegar a paz.

Pero, ¿que podemos esperar duns asasinos?. Non é a primeira vez que o fan, non é a primeira vez que xogan cos desexos de paz dos españois. E ademais, que pode asegurar que o proceso de paz e a tregua non romperan xa, porque eu aínda me lembro de Diego Armando Estacio e Carlos Alonso Palate, as dúas últimas víctimas dos etarras o pasado mes de decembro.

ETA no seu comunicado di cousas como: 

Las máscaras han caído. El talante de Zapatero se ha convertido en el fascismo que niega sus derechos a partidos y ciudadanos. Pero no son los únicos. También se les ha caído la tapadera a los dirigentes del PNV, cuyas ansias de riqueza son insaciables. Por desgracia, la libertad de los pueblos se topa a menudo con la traición.

Polo tanto a que veñen agora as declaracións de Rajoy e outros líderes populares que seguen mantendo a súa teoría e a súa política rastreira, que por certo, pouco se diferencia da de Batasuna, xa que ámbalas dúas formacións seguen a botarlle a culpa ao goberno e a Zapatero.

Eu quero rematar este post dándolle as grazas ao Presidente do Goberno por intentalo, por crer en que a paz é posible, por traballar e loitar pola ilusión e a esperanza dun pobo mentres outros poñían pedras no camiño.

junio 6, 2007 at 12:44 am 1 comentario

Entradas antiguas Entradas recientes


Calendario

junio 2007
L M X J V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.