Archive for julio, 2007

A sentencia do Xuíz Calamidá

Fernando Ferrín Calamita é un xuíz de Murcia que decidiu quitarlle a custodia das súas fillas a unha nai. A razón “de enorme peso” que alega este inquisidor é que a nai É LESBIANA!!!. E os argumentos recollidos no auto son aínda máis esperpénticos: 

«¿Por qué la condición homosexual perjudica a los hijos?. Pues, en definitiva, y como decía el demandado, porque los hijos tiene derecho a un padre y a una madre, no a dos madres o a dos padres. Los más prestigiosos especialistas así lo determinan. No hace falta siquiera para ello ser especialista: el sentido común (que a veces es el menos común de los sentidos) así lo dice. El hombre y la mujer son complementarios entre sí. Dos mujeres o dos hombres, no».  

«Es el ambiente homosexual el que perjudica a los menores y que aumenta sensiblemente el riesgo de que éstos también lo sean».

Despois hai que di que debemos de acatar as decisións dos xuíces, pero coincidiredes comigo que algunhas é imposible. Pero esta nai aínda así ten unha enorme sorte, xa que por si “su señoría” Ferrín Calamita fose, e puidese sería lapidada ou aforcada como fan en países coma Irán. 

Parece ser que a sentencia deste xuíz non é ningunha novidade no seu curriculum, porque xa nunha ocasión mandou deter a dúas mulleres por facer “top less”, ou impediu a outra lesbiana que adoptara á filla da súa parella. 

A verdade e que o segundo apelido deste maxistrado da moito xogo, e a ningún se nos escapa que debería de chamarse o xuíz Calamidá.

julio 23, 2007 at 6:19 pm 1 comentario

A bandeira negra da praia de Barraña

Playa de Barraña e paseo mar�timo 

“Ecologistas en Acción ha otorgado a esta playa una de las cuatro banderas negras que concedió al litoral gallego para llamar la atención sobre sus ­aspectos más negativos y dándose la paradoja que el mismo arenal cuenta con bandera azul.”

 Esto aparecía onte nunha información publicada polo xornal compostelán El Correo Gallego. Unha nova similar apareceu o pasado 19 de xullo en Tele Salnés-Barbanza. Ámbolos medios basean a súa información nun estudio realizado pola asociación Ecologistas en acción, aínda que ámbolos medios de comunicación deberían de puntualizar que se ben é certo que este colectivo no seu estudio lle outorga a bandeira negra a Barraña non é motivado pola súa presunta contaminación ou falla de limpeza –tal e como din- senón por, e cito textualmente: 

“… por la construcción de diques y regeneración artificial de la playa. Obra licitada por la Dirección General de Costas que desconfigurará esta parte de la costa gallega. La inversión será de 6,9 millones de euros.”

Sería bo, polo tanto, para non desinformar á xente e non crear unha situación de alarma ou preocupación nos usuarios desta praia boirense, que a información que se facilite sexa a correcta e a que reflexa o citado estudio, e non empregar o sensacionalismo para que a nova teña máis credibilidade. 

É certo tamén, que a praia de Barraña necesitaría que se mellorasen os servizos de limpeza en todo o areal, así como outros máis básicos e necesarios –salvamento, hixiénicos, calidade da auga, seguridade, …- dos que debe estar dotado un areal tan visitado como este, e iso é responsabilidade do goberno municipal, que debe de garantir que todo estea en óptimas condicións. Pero a responsabilidade e a deixadez que poida ter o goberno municipal non debe de ser motivo para a información que faciliten os medios teña que ser deformada de xeito premeditado. 

Outro apunte sobre este informe de Ecologistas en Acción,o cal eu si lin, son os criterios polos que se asignan as bandeiras e os puntos negros, xa que polo simple feito de que nun lugar se teña previsto levar a cabo unha rexeneración dunha praia (como é o caso de Barraña), se constrúa un porto deportivo ou exista o proxecto dun paseo marítimo xa é motivo de que se considere como negativo e apareza reflexado neste estudio. Por tanto, considero que é un estudio enganoso e que pode confundir a quen non o lee nin coñece os criterios empregados, e vai en contra, precisamente, de actuacións e obras que son os propios cidadáns os que as reclaman. Véñenme agora á cabeza os veciños e veciñas de Cabo de Cruz ou de Escarabote, os cales seguramente prefiren que non lles fagan o porto deportivo ou o paseo marítimo porque, segundo o criterio deste estudio, serían considerados puntos negros. 

Para rematar, facer un breve comentario sobre a posible fiabilidade e rigurosidade deste estudio, o cal, por exemplo, sitúa na provincia de Pontevedra lugares como Muros, Porto do Son, Cabo Vilán, Camariñas, Muxía, Fisterra, Cee, Corcubión, etc.

julio 23, 2007 at 1:40 pm 1 comentario

Unha rivalidade de anuncio

 

A rivalidade existente entre Fernando Alonso e Lewis Hamilton traspasou os circuítos de Fórmula 1 e chegou á publicidade.

Mercedes realizou este spot aproveitándose da tan comentada competitividade existente entre os dous pilotos.Por certo, tamén aparece o piloto finlandés Mika Hakkinen que foi campión do mundo de Fórmula 1 nos anos 1998 e 1999.

Vídeo do Making Off.

julio 23, 2007 at 1:20 am 2 comentarios

Fernando Alonso gaña en Nürburgring

Foto de www.20minutos.es. Fernando Alonso no podium 

¿Quen dixo que a Fórmula 1 era aburrida?. As persoas que pensan eso deberían de ver o GP de Europa que se celebrou hoxe en Alemaña. Foi unha carreira moi entretenida, cun comezo e un final espectacular, no que apareceu a choiva conseguindo que tódalas tácticas previstas polas escuadras non servisen para nada. 

Cando todo parecía listo para sentencia, e que Felipe Massa ía a gañar este gran premio apareceu a choiva, novamente, e da auga de Nürburgring xurdiu o campión do mundo, o asturiano Fernando Alonso, que cunha conducción maxistral e arriscada adiantou ao brasileño -faltando cinco voltas para o final- e tras manter un pique espléndido no que ambos chegaron a tocarse. Pique que continuou unha vez rematada a carreira e antes de subir ao «podium». 

Fernando con este adiantamento seguro que fixo pechar moitas bocas que dubidaban del, e empezaban a dicir que Hamilton era superior a el. Sobre as raras “axudas” do inglés tocará falar outro día.

Vídeo do adiantamento de Alonso a Massa.

Vídeo da discusión entre Alonso e Massa (subtitulada).

julio 22, 2007 at 11:40 pm 1 comentario

Del Olmo secuestra a revista El Jueves

Portada de El Jueves secuestrada por o xuú del Olmo

Acábome de enterar que o xuíz Del Olmo mandou retirar dos quioscos o último número da revista El Jueves, na que aparece unha caricatura dos príncipes de Asturias en “actitud claramente denigrante y objetivamente infamante”. 

Non acabo de saír do meu asombro. A verdade é que o primeiro día que vin esta portada en internet pareceume un pouco forte, pero especialmente polo atrevemento e a valentía da dirección da revista, xa que non é habitual que se trate á monarquía deste xeito. 

A decisión deste “xuíz estrela” paréceme un completo erro e unha «real e soberana cagada». A liberdade de expresión debe de afectarnos a todos por igual, e os membros da Casa Real non deben de ter privilexios –alomenos neste ámbito- sobre o resto dos españois. 

Ademais, o efecto que pretendía del Olmo vaise a volver en contra, xa que na época das novas tecnoloxías, de internet, dos blogs, …, o único que vai a conseguir este xuíz e darlle máis popularidade a esta portada -tódolos medios de comunicación se están a facer eco da nova- e conseguir que todo o mundo pretenda ver a caricatura de Letizia a catro patas e a Felipe dicindo o moito que traballa. Seguro que durante a dictadura esta tipo de decisións xudiciais tiñan un enorme efecto, ¿pero agora?. 

Eu, como quero colaborar na difusión desta portada censurada pola autoridade xudicial, cólgoa no meu blog, e quedo á espera de que o xuíz non ordene o seu secuestro.

¡¡VIVA A REPÚBLICA!!

julio 20, 2007 at 7:39 pm 5 comentarios

O disco raiado de Rajoy

Viñeta de Gallego y Rey publicada en Interviu (www.asuvasnasolaina.blogspot.com) 

No blog As uvas na solaina de Marcos Valcarcel atopo esta magnífica viñeta de Gallego y Rey que publican na revista Interviú.

Aproveito para felicitar a este blog porque a través do Chuza entérome de que chegou aos mil entradas. Parabéns a Marcos.

julio 20, 2007 at 2:36 pm 2 comentarios

Don Pedro vs. Prestige

 

Desde o afundimento do mercante “Don Pedro” en Ibiza o pasado 11 de xullo, o Partido Popular estivo buscando a forma de saír aos medios para criticar a actuación do goberno e tratar de comparar este accidente marítimo coa catástrofe do Prestige. Tardou a dirección popular ata o día 14 de xullo en saír a criticar a actuación do goberno, e encima o encargado de tal tarefa foi Arsenio Fernández de Mesa, o Delegado do Goberno en Galicia durante o paseo e posterior afundimento do Prestige fronte as costas galegas. Este home, responsable directo daquela catástrofe, foi o encargado de mentir e enganar aos cidadáns durante a primeira parte da crise, posto que foi o primeiro portavoz oficial, ata que Aznar designou a Rajoy como responsable da xestión do petroleiro. Fernández de Mesa atrévese a saír aos medios de comunicación case cinco anos despois dicindo cousas como: 

“Se trata de una irresponsabilidad manifiesta del Ejecutivo ya que no ha tenido sensibilidad con una zona especialmente turística y no ha utilizado los mecanismos suficientes a todas luces”.

“Es una falta de respeto absoluta a Ibiza y hacia todas las personas que disfrutan estos días de su veraneo el decir que se trata solamente de un reguero cuando estamos hablando de una zona en la que probablemente hay alrededor de 150 toneladas”.

“Es impresentable ver todos los días cómo la gente recoge el fuel con las manos, ya que cuando se produjo la catástrofe del Prestige los voluntarios gozaron de un material adecuado para no tener ningún problema desde el punto de vista sanitario”.

“Es realmente impresentable que el PSOE ahora demuestre una incompetencia absoluta”.

“Es una falta de respeto a quienes están sufriendo una catástrofe que puede tener durante el verano en vilo al sector turístico y a quienes están pasando allí sus vacaciones”.

Pero como as hemerotecas están aí –afortunadamente- é bo non esquecerse das mentiras que este caradura nos contou mentres el estaba ao fronte do operativo do Prestige:

(14-11-2002) El barco se alejará hasta las 100 o 120 millas. A esa distancia, los peligros quedarán mitigados en gran medida”.

(19-11-2002) “El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín”.

(19-11-2002) A ojo de buen cubero, el petrolero pudo perder entre 3.000 y 4.000 toneladas de fuel”.

(21-11-2002) “Hay una cifra clara, y es que la cantidad vertida no se sabe”.

Ademais outros compañeiros seus de Partido e implicados tamén de xeito directo na xestión do petroleiro fixeron manifestacións do seguinte calibre:

(16-11-2002) Afortunadamente, la rápida intervención de las autoridades españolas alejando el barco de las costas ha permitido que no temamos una catástrofe ecológica ni grandes problemas para los recursos pesqueros”. MIGUEL ARIAS CAÑETE, ministro de Agricultura y Pesca. 

(16-11-2002) “No constituye una marea negra, sino sólo un vertido, ya que se trata de fuel y no petróleo” GARCÍA BOBADILLA, director de Conservación da Natureza.  

(17-11-2002) No se puede hablar de una marea negra, ya que son manchas negras y dispersas”. LÓPEZ-SORS, director general de la Marina Mercante. 

(16-11-2002) “Ya, a 60 millas, el riesgo no es alto”. ENRIQUE LÓPEZ VEIGA, conselleiro de Pesca. 

O Partido Popular, non contento coa saída aos medios de Arsenio, tentou darlle unha volta máis ao vertido do “Don Pedro” e sacou á rúa ao gran líder e célebre xestor da crise do Prestige, Mariano Rajoy. ¡¡Si, si!!, ¡¡Mariano!!, o dos “hilillos”; aquel que tamén nos deixou frases tan célebres para a historia como:

“Se han observado cuatro regueros casi solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical”.

“La impresión del Gobierno es que el fuel se ha solidificado y lo que hay allí es aceite y combustible del barco”. 

“No es en ningún caso una marea negra, se trata sólo de manchas muy localizadas”. 

“El buque perdió algo de fuel al remolcarlo”. 

Pois Rajoy resulta que tivo a valentía e a desfachatez de acusar ao goberno onte de actuar «con un oscurantismo informativo descomunal», así como «con lentitud, y sin reflejos» e de «minimizar la gravedad» del hundimiento. E hoxe de ir de visita a Ibiza e pedirlle alí ao goberno «transparencia y celeridad» para solucionar o problema. 

Espero que o vertido de Ibiza se solucione canto antes e que ocasione os menos danos posibles, e o motivo deste post e para que as persoas que o lean poidan comprobar a dobre vara de medir de Mariano Rajoy e os membros do PP, os cales ou ben son uns hipócritas, uns cínicos e un caraduras; ou posúen unha memoria tan fráxil que xa non se lembran do que lles aconteceu a eles o 13 de novembro do ano 2002. 

Recoméndovos que miredes este especial realizado polo xornal La Voz de Galicia.

julio 17, 2007 at 12:39 pm 5 comentarios

Leo Messi, ¡¡un crack!!

Non sei se Leo Messi vai a ser o mellor xogador de fútbol do mundo, e moito menos que sabe se chegará a ser parecido a Maradona. O que si sei é que neste vídeo podedes ver dez fantásticos goles dun rapaz de 19 anos que ten un prometedor futuro e que conseguiu goles tan fantásticos coma o do Xetafe, ou o último que marcou na Copa América contra México.

Sen dúbida,o que Leo Messi conseguirá e que falemos moito del.

Vídeos de Messi

julio 16, 2007 at 1:43 pm Deja un comentario

Rajoy, ata o infinito e máis alá

rajoy_buzz.jpg 

Rajoy visita Érmua, pero desgraciadamente non se empapa do seu coñecido espíritu. Ten a desfachatez de falar alí da unidade de todos contra ETA. E ao mesmo tempo atrévese a dicir: 

Zapatero ha cometido muchos errores en materia antiterrorista que han llevado a un desenlace ruinoso. Es milagroso que, en medio de esta confusión, la Guardia Civil y la Policía Nacional conserven su capacidad operativa.

 A inmoralidade, a falla de ética e a irresponsabilidade de Mariano Rajoy non ten límites, pódeselle aplicar aquela famosa frase do súper heroe de xoguete  Buzz Lightyear (Toy Story), na que dicía: 

“Hasta el infinito y más alla”

julio 12, 2007 at 3:03 pm 2 comentarios

¿¡A modernización da Igrexa Católica?!

 

O Vaticano presentou un documento do Papa Benedicto co que pretenden facilitar a celebración das misas en latín. Sen dúbida este é un gran avance para esta Igrexa que camiña de xeito firme e imperturbable cara a súa modernización.

Eu confésovos que non son un católico practicante, nin moito menos; aínda que a miña filla Paula fixo a primeira comunión, basicamente porque ela quixo (calquera lle quitaba a ilusión de estrear un vestido branco ese día); pero tamén vos direi que desde que fixo a comunión non volveu a ir á misa. Dáme dúas razóns para non ir, a primeira é que ten que levantarse cedo tódolos domingos; e, a segunda é que lle parece un “pouco aburrida”. Pero como á miña filla acontécelle á maioría dos rapaces e dos maiores. 

A razón é que mentres a sociedade avanza e se moderniza, e os tempos cambiaron radicalmente; a Igrexa Católica segue ancorada no pasado, empregando métodos e ideoloxías de principios e mediados do século XX, sen darse conta aínda de que xa estamos no século XXI. 

Unha organización moderna non pode opoñerse ao uso dos anticonceptivos, ao aborto, á igualdade e á participación da muller, ao matrimonio ou unión de persoas do mesmo sexo, á investigación con “células madre”, a asignaturas como a Educación para a cidadanía, etc..Unha organización moderna ten que abrir as súas portas aos novos tempos, e ten que saber camiñar da man do progreso e da renovación. Pero, polo que parece, prefire continuar sendo unha estructura carente de democracia, na que uns poucos elixidos e iluminados pola “gracia de Deus” impoñen unhas normas de conducta que o resto dos empregados da multinacional eclesiástica deben de aplicar “sen rechistar”, sen dúbida porque este sistema dictatorial presenta uns resultados económicos moi positivos ao longo da súa historia; o único que realmente parece importarlle á Curia Romana. 

Por iso, que o uso das misas en latín pode parecer unha anécdota máis, pero significa un paso atrás importante que pon de manifesto as intencións e os pensamentos do actual Santo Padre. 

Recoméndovos esta tribuna de Juan José Tamayo.

julio 7, 2007 at 5:33 pm 2 comentarios

Entradas anteriores


Calendario

julio 2007
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.