Archive for julio 3, 2007

Onde están as actas, matarile, rile, rile

 

Estaba en dúbidas sobre como enfocar o Debate sobre o Estado da Nación, e despois de darlle varias voltas, a única frase coa que me quedo e a de Rajoy coa súa cantinela sobre ETA dicíndolle a Zapatero que ensine as actas.

Esta frase traéme á cabeza aquela popular canción infantil: 

Dónde están las llaves,
matarile, rile, rile.
Dónde están las llaves,
matarile, rile, ron chimpón.
 

Sen dúbida Mariano, sen demasiados argumentos cos que replicar ao Presidente, e ao mellor temeroso pola volta de Rodrigo Rato, e polo elevado número de sucesores que lle están saíndo –tal e como lle dixo ZP- pretendeu dar un xiro á súa traxectoria política e amosarnos que el tamén sería capaz de poder crear unha canción do verán. E que polo tanto non ten nada que envexarlle a David Civera ou ao propio Georgie Dann. 

“Onde están as actas … “, pode ser un dos grandes éxitos deste verán, só falta que coa axuda de dous dos grandes compositores, Acebes e Zaplana, poida poñerlle a música que lle falta a este hit;  os aplausos dos seus fans non lle van a faltar –tal e como se demostrou xa hoxe no Congreso-, nin a posibilidade que algunha compañía discográfica poña o CD no mercado, nen quen lle poida facer unha boa campaña promocional, por exemplo o Mundo, a COPE, etc.

Estaría ben, xa estou vendo a Rajoy, Acebes e Zaplana subidos nun escenario facendo os típicos “bolos de verán” en polideportivos e auditorios, onde coa compaña de teloneiros de prestixio na comunidade autónoma á que vaian terán o éxito garantido; e interpretando este novo éxito da factoría Ppopular:

Dónde están las actas,
matarile, rile, rile.
Dónde están las actas,
matarile, rile, ron chimpón.

Las de la negociación,
matarile, rile, rile.
Con los terroristas,
matarile, rile, ron chimpón.

Zapatero el mentiroso
matarile, rile, rile.
Las tiene escondidas
matarile, rile, ron chimpón.

Tienes que enseñarlas
matarile, rile, rile.
O te has de marchar
matarile, rile, ron chimpón.

Anuncios

julio 3, 2007 at 9:05 pm 5 comentarios


Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.