Vídeos do Repaso de Zapatero a Rajoy

julio 4, 2007 at 8:01 pm 7 comentarios

Para aqueles que non virades o Debate sobre o Estado da Nación (aquí podedes ver tódalas intervencións), ou o chamado tamén “Repaso de Zapatero a Rajoy” podedes mirar un resumo nestes vídeos que vos deixo aquí e que colgou sondegaliza no youtube, ao cal lle dou as grazas polo traballo feito. 

A verdade é que estou contento porque ao fin Zapatero díxolle a Rajoy o que pensábamos moitos, e que algúns levamos escribindo. O que quedou claro con este debate é que Rajoy carece de argumentos para criticar a labor realizada nesta lexislatura, coa excepción claro está, do xa habitual e manido asunto de ETA e o proceso de paz, o que demostra a baixeza moral e a falla de ética do líder da oposición, que non dubida en empregar o terrorismo e as víctimas como ariete do goberno socialista.

Por si vos interesa, tamén vos deixo a transcripción da réplica en pdf.

       

Anuncios

Entry filed under: Goberno, Política, PP, PSOE, Recomendacións.

Onde están as actas, matarile, rile, rile Zapatero ao ataque

7 comentarios Add your own

  • 1. Andrés Milleiro  |  julio 4, 2007 en 9:47 pm

    Eu vín o video en Escolar.net e a verdade que o vapuleou nos intres finais a Rajoy 😀

  • 2. blas  |  julio 5, 2007 en 2:00 am

    Andrés, discrepo contigo. Eu creo que o vapuleou durante toda a replica. Sacoulle as cores.

    Un saúdo

  • 3. Delfín  |  julio 5, 2007 en 9:06 am

    Este ano foi o único no que non poiden seguir o debate pola radio do coche, que é o meu lugar de traballo, coma nos anos anteriores. Pero cando podía enganchar só escoitaba a Rajoy alporizado e sen saber continuar e ó presidente falando con claridade do que fixo e queda por facer.
    En fín se podemos facer caso das enquisas, hainas que dín ben claro o que foi o debate. Pero quédome coas intervencións dos resto dos portavoces no parlamento que en liñas xerais foron positivas ¿non?.
    Estou dacordo contigo Blas, de q

  • 4. Delfín  |  julio 5, 2007 en 9:10 am

    (escapóuseme un intro) decía que estou dacordo contigo Blas de que xa era hora de que o presi falara coma é debido. Xa o dixo Rodríguez Ibarra, ¿non?. Non coñecen ben a Rodríguez Zapatero.
    Agora que cunda o exemplo. 😉

  • 5. Marco  |  julio 5, 2007 en 6:37 pm

    Rajoy se ha acercado más que nunca a la puerta… la de salida del escenario político nacional.

  • 6. blas  |  julio 7, 2007 en 5:37 pm

    Delfín e Marco, estamos dacordo. Zapatero estuvo moi ben, e Rajoy perdeu unha oportunidade histórica de demostrar qque ten algo de dignidade

  • 7. Darth  |  julio 13, 2007 en 12:26 am

    Moitas gracias por pornos os vídeos todos colocados, non sei qué me pasa no ordenador que coas buscas en Youtube casca.

    O debate foi do mellor en moito tempo, ZP deulle a Marianico hasta no DNI, e Marianico tivo fallos de principiante, como entrar ó trapo da plastilina (hai que ser burro para liarse a discutir eso: “No dije plastilina, eran hilillos de plastilina, y lo dije porque un técnico me lo había escrito”- hai que ser MOI BURRO para deixarse entrampar así nun comentario anecdótico, típico de discusión de parvulario). O das actas, aparte do disparate da petición en sí, recordoume a cando Borrell se meteu tamén nun xardín ó preguntarlle a Aznar por aquelo do “devengo de caixa”.

    Ata PPedroJeta recoñeceu que Zapatero gañou por moito (e na KKOPPE cabreáronse por iso). Creo que as barbas de Mariano xa están a remollo…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

  • @xaime Puff!! Non sei eu como vai ese estudo, en Ames hai alomenos dous e non aparece nada pintado no mapa 1 day ago
  • Esta noite sobre as 23.30 h. houbo un incendio en Fraíz, na parroquia de Viduído. Dúas cuadrillas da Xunta, GES... fb.me/3cUZrlMJn 1 day ago
  • RT @policia: En estos momentos, operación policial en #Cambrils ante posible ataque terrorista. ¡Evita estar en la calle! Permanece en cas… 2 days ago
  • RT @policia: 🚩Por respeto a las víctimas y a sus familias, por favor, NO compartas imágenes de heridos en atropello de #Ramblas de Barcelona 2 days ago
  • Esta tarde houbo un incendio forestal perigoso en Aldea Nova que saltou ata Os Batáns. Afortunadamente os medios... fb.me/F9WAJiw1 4 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: