Archive for julio 6, 2007
Zapatero ao ataque
Esta semana o Presidente do goberno amosou que “está en forma”. Algúns dedicáronse a dicir que estaba derrotado, desaparecido, que non tiña ideas, … pero durante esta primeira semana de xullo como din no meu pobo: “doulle nas cachas”, a Rajoy. E despois da soberana derrota que lle infrinxiu no debate (ata o diario El Mundo o dou como gañador); hoxe decide anunciar unha remodelación no goberno e nomear a tres novos ministros e cambiar a outra de carteira.
Estes nomeamentos significan o impulso definitivo a esta lexislatura, e a demostración palpable aos Pprofetas do mal, de que non ten pensado convocar eleccións anticipadas; e que non só está pensado nesta lexislatura senón tamén na seguinte.
Do nomeamentos parécenme tremendamente acertados os tres, especialmente o de Bernat Soria, xa que é un dos científicos españois máis destacados e sen dúbida que vai a realizar unha excelente tarefa. César Antonio Molina e Carme Chacón non sorprenden tanto, pero son igualmente atinados, hai están os seus currículos e o seu traballo. E que continúe Elena Salgado, aínda que noutro ministerio, tampouco nos debe de sorprender, xa que a súa labor durante esta lexislatura non pasou desapercibida e foi unha das máis fructíferas.
Por certo, os galegos e galegas estamos de noraboa, xa que contamos cun novo paisano no goberno (xa son tres).
Comentarios