Archive for julio 7, 2007

¿¡A modernización da Igrexa Católica?!

 

O Vaticano presentou un documento do Papa Benedicto co que pretenden facilitar a celebración das misas en latín. Sen dúbida este é un gran avance para esta Igrexa que camiña de xeito firme e imperturbable cara a súa modernización.

Eu confésovos que non son un católico practicante, nin moito menos; aínda que a miña filla Paula fixo a primeira comunión, basicamente porque ela quixo (calquera lle quitaba a ilusión de estrear un vestido branco ese día); pero tamén vos direi que desde que fixo a comunión non volveu a ir á misa. Dáme dúas razóns para non ir, a primeira é que ten que levantarse cedo tódolos domingos; e, a segunda é que lle parece un “pouco aburrida”. Pero como á miña filla acontécelle á maioría dos rapaces e dos maiores. 

A razón é que mentres a sociedade avanza e se moderniza, e os tempos cambiaron radicalmente; a Igrexa Católica segue ancorada no pasado, empregando métodos e ideoloxías de principios e mediados do século XX, sen darse conta aínda de que xa estamos no século XXI. 

Unha organización moderna non pode opoñerse ao uso dos anticonceptivos, ao aborto, á igualdade e á participación da muller, ao matrimonio ou unión de persoas do mesmo sexo, á investigación con “células madre”, a asignaturas como a Educación para a cidadanía, etc..Unha organización moderna ten que abrir as súas portas aos novos tempos, e ten que saber camiñar da man do progreso e da renovación. Pero, polo que parece, prefire continuar sendo unha estructura carente de democracia, na que uns poucos elixidos e iluminados pola “gracia de Deus” impoñen unhas normas de conducta que o resto dos empregados da multinacional eclesiástica deben de aplicar “sen rechistar”, sen dúbida porque este sistema dictatorial presenta uns resultados económicos moi positivos ao longo da súa historia; o único que realmente parece importarlle á Curia Romana. 

Por iso, que o uso das misas en latín pode parecer unha anécdota máis, pero significa un paso atrás importante que pon de manifesto as intencións e os pensamentos do actual Santo Padre. 

Recoméndovos esta tribuna de Juan José Tamayo.

Anuncios

julio 7, 2007 at 5:33 pm 2 comentarios


O máis ollado

Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.