Don Pedro vs. Prestige

julio 17, 2007 at 12:39 pm 5 comentarios

 

Desde o afundimento do mercante “Don Pedro” en Ibiza o pasado 11 de xullo, o Partido Popular estivo buscando a forma de saír aos medios para criticar a actuación do goberno e tratar de comparar este accidente marítimo coa catástrofe do Prestige. Tardou a dirección popular ata o día 14 de xullo en saír a criticar a actuación do goberno, e encima o encargado de tal tarefa foi Arsenio Fernández de Mesa, o Delegado do Goberno en Galicia durante o paseo e posterior afundimento do Prestige fronte as costas galegas. Este home, responsable directo daquela catástrofe, foi o encargado de mentir e enganar aos cidadáns durante a primeira parte da crise, posto que foi o primeiro portavoz oficial, ata que Aznar designou a Rajoy como responsable da xestión do petroleiro. Fernández de Mesa atrévese a saír aos medios de comunicación case cinco anos despois dicindo cousas como: 

“Se trata de una irresponsabilidad manifiesta del Ejecutivo ya que no ha tenido sensibilidad con una zona especialmente turística y no ha utilizado los mecanismos suficientes a todas luces”.

“Es una falta de respeto absoluta a Ibiza y hacia todas las personas que disfrutan estos días de su veraneo el decir que se trata solamente de un reguero cuando estamos hablando de una zona en la que probablemente hay alrededor de 150 toneladas”.

“Es impresentable ver todos los días cómo la gente recoge el fuel con las manos, ya que cuando se produjo la catástrofe del Prestige los voluntarios gozaron de un material adecuado para no tener ningún problema desde el punto de vista sanitario”.

“Es realmente impresentable que el PSOE ahora demuestre una incompetencia absoluta”.

“Es una falta de respeto a quienes están sufriendo una catástrofe que puede tener durante el verano en vilo al sector turístico y a quienes están pasando allí sus vacaciones”.

Pero como as hemerotecas están aí –afortunadamente- é bo non esquecerse das mentiras que este caradura nos contou mentres el estaba ao fronte do operativo do Prestige:

(14-11-2002) El barco se alejará hasta las 100 o 120 millas. A esa distancia, los peligros quedarán mitigados en gran medida”.

(19-11-2002) “El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín”.

(19-11-2002) A ojo de buen cubero, el petrolero pudo perder entre 3.000 y 4.000 toneladas de fuel”.

(21-11-2002) “Hay una cifra clara, y es que la cantidad vertida no se sabe”.

Ademais outros compañeiros seus de Partido e implicados tamén de xeito directo na xestión do petroleiro fixeron manifestacións do seguinte calibre:

(16-11-2002) Afortunadamente, la rápida intervención de las autoridades españolas alejando el barco de las costas ha permitido que no temamos una catástrofe ecológica ni grandes problemas para los recursos pesqueros”. MIGUEL ARIAS CAÑETE, ministro de Agricultura y Pesca. 

(16-11-2002) “No constituye una marea negra, sino sólo un vertido, ya que se trata de fuel y no petróleo” GARCÍA BOBADILLA, director de Conservación da Natureza.  

(17-11-2002) No se puede hablar de una marea negra, ya que son manchas negras y dispersas”. LÓPEZ-SORS, director general de la Marina Mercante. 

(16-11-2002) “Ya, a 60 millas, el riesgo no es alto”. ENRIQUE LÓPEZ VEIGA, conselleiro de Pesca. 

O Partido Popular, non contento coa saída aos medios de Arsenio, tentou darlle unha volta máis ao vertido do “Don Pedro” e sacou á rúa ao gran líder e célebre xestor da crise do Prestige, Mariano Rajoy. ¡¡Si, si!!, ¡¡Mariano!!, o dos “hilillos”; aquel que tamén nos deixou frases tan célebres para a historia como:

“Se han observado cuatro regueros casi solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical”.

“La impresión del Gobierno es que el fuel se ha solidificado y lo que hay allí es aceite y combustible del barco”. 

“No es en ningún caso una marea negra, se trata sólo de manchas muy localizadas”. 

“El buque perdió algo de fuel al remolcarlo”. 

Pois Rajoy resulta que tivo a valentía e a desfachatez de acusar ao goberno onte de actuar “con un oscurantismo informativo descomunal”, así como “con lentitud, y sin reflejos” e de “minimizar la gravedad” del hundimiento. E hoxe de ir de visita a Ibiza e pedirlle alí ao goberno “transparencia y celeridad” para solucionar o problema. 

Espero que o vertido de Ibiza se solucione canto antes e que ocasione os menos danos posibles, e o motivo deste post e para que as persoas que o lean poidan comprobar a dobre vara de medir de Mariano Rajoy e os membros do PP, os cales ou ben son uns hipócritas, uns cínicos e un caraduras; ou posúen unha memoria tan fráxil que xa non se lembran do que lles aconteceu a eles o 13 de novembro do ano 2002. 

Recoméndovos que miredes este especial realizado polo xornal La Voz de Galicia.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PP, PSOE, Recomendacións.

Leo Messi, ¡¡un crack!! O disco raiado de Rajoy

5 comentarios Add your own

  • 1. escolar.noticia.es  |  julio 17, 2007 en 8:18 pm

    “Don Pedro” vs. Prestige

    El PP intentó comparar el hundimiento del mercante “Don Pedro” con el del Prestige para desgastar al gobierno, y dirijentes populares hicieron declaraciones que si se comparan con las que hicieron durante la gestión del Prestige es para…

  • 2. meneame.net  |  julio 17, 2007 en 8:26 pm

    Don Pedro vs Prestige

    Recuerdo de frases célebres de varios dirigentes del PP durante el hundimiento del Prestige, y comparándolas con las que realizan ahora en el hundimiento del mercante "Don Pedro".

  • 3. Top Posts « WordPress.com  |  julio 18, 2007 en 2:03 am

    […] Don Pedro vs. Prestige [image]  Desde o afundimento do mercante “Don Pedro” en Ibiza o pasado 11 de xullo, o <a target=”_blank” href=”ht […]

  • 4. Las cosas de Javier Arenas Bocanegra « 14 de abril  |  julio 18, 2007 en 8:47 am

    […] Estatuto de Andalucía por “extravagante“. Don Mariano se fue hasta Ibiza por si el “Don Pedro” era el Prestige de ZP, ya lo intentaron con el “Sierra Nava”, acá en Algeciras, pero claro […]

  • 5. Delfín  |  julio 19, 2007 en 1:04 am

    ai, ai ,ai, ¡qué fráxil é a memoria!. ¿Será por falta de “alimento” ou de uso ou de ideas?.
    Esto recórdame unha anécdota de cando traballaba en Portomarín, de ¿eu sei o que pasou pero qué digo para que non se saiba?, e ó final sábese.
    Era venres 13, e a vaca era das que tardan en preñar, pois cando vou para inseminala, atopeille un feixe de herbas na vaxina (tal cual), D: ¿e isto?, S: Meteriallo vostede, D:non señora eu non fun, S: pois sería D.Fernando (compañeiro ó que lle ía cubrir as vacacións), D: non señora que D. Fernando hai 15 días que marchou e estas herbas están moi frescas, S: pois será unha indixestión, D: non señora, S: pois será un empacho, D: non señora que as vacas empachan pero por outro lado…. Ó final levei as herbas á Facultade de Veterinaria e a herba en cuestión era RUDA (con propiedades terapéuticas a nivel do aparato xenital femenino).
    Río por non chorar, que diría un bó amigo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: