Del Olmo secuestra a revista El Jueves

julio 20, 2007 at 7:39 pm 5 comentarios

Portada de El Jueves secuestrada por o xuú del Olmo

Acábome de enterar que o xuíz Del Olmo mandou retirar dos quioscos o último número da revista El Jueves, na que aparece unha caricatura dos príncipes de Asturias en “actitud claramente denigrante y objetivamente infamante”. 

Non acabo de saír do meu asombro. A verdade é que o primeiro día que vin esta portada en internet pareceume un pouco forte, pero especialmente polo atrevemento e a valentía da dirección da revista, xa que non é habitual que se trate á monarquía deste xeito. 

A decisión deste “xuíz estrela” paréceme un completo erro e unha “real e soberana cagada”. A liberdade de expresión debe de afectarnos a todos por igual, e os membros da Casa Real non deben de ter privilexios –alomenos neste ámbito- sobre o resto dos españois. 

Ademais, o efecto que pretendía del Olmo vaise a volver en contra, xa que na época das novas tecnoloxías, de internet, dos blogs, …, o único que vai a conseguir este xuíz e darlle máis popularidade a esta portada -tódolos medios de comunicación se están a facer eco da nova- e conseguir que todo o mundo pretenda ver a caricatura de Letizia a catro patas e a Felipe dicindo o moito que traballa. Seguro que durante a dictadura esta tipo de decisións xudiciais tiñan un enorme efecto, ¿pero agora?. 

Eu, como quero colaborar na difusión desta portada censurada pola autoridade xudicial, cólgoa no meu blog, e quedo á espera de que o xuíz non ordene o seu secuestro.

¡¡VIVA A REPÚBLICA!!

Anuncios

Entry filed under: Medios de Comunicación, Persoal.

O disco raiado de Rajoy Fernando Alonso gaña en Nürburgring

5 comentarios Add your own

  • 1. Nadha  |  julio 21, 2007 en 2:12 am

    Ostras… menuda caricatura :))

  • 2. Manuel Cendán  |  julio 21, 2007 en 8:30 pm

    A verdade que hai quen quere facerlle un favor a Rajoy desviando a atención da súa crise interna, a parte de que estamos nun momento de involución nas liberdades públicas.
    A ver se o xuíz Del Olmo pecha “Dolce Vita”, ¿atreverase?

  • 3. Dordo  |  julio 22, 2007 en 2:55 am

    Home, Sr. García, un pouquiño de coherencia: defende vostede a liberdade – de expresión neste caso – dunha publicación, pero fai pouco máis dun mes ameazaba vostede ós representantes políticos dun partido democráticamente elexidos (o BNG de Porto do Son) coa expulsión se non accedían a facer alcalde ó Capo Local, Sr. Quintáns Vila. Ou é que a liberdade soio pode exercerse se benefician ós seus miserables intereses políticos?
    Un pouquiño de seriedade.

  • 4. blas  |  julio 23, 2007 en 12:45 am

    Sr. Dordo, noto en vostede unha certa confusión e descoñecemento entre os termos liberdade de expresión e liberdade de voto. Ambas aínda que coinciden na primeira parte, nada teñen que ver na segunda.

    Ademais, aprecio que está vostede bastante mal informado, xa que eu non amenacei de expulsión aos concelleiros do BNG de Porto do Son, básicamente porque eu non son ninguén para expulsar a membros do BNG.

    De tódolos xeitos, grazas polo seu comentario e por visitar este blog.

  • 5. ANTIGALLEGUISTA  |  julio 25, 2007 en 11:30 am

    LA PORTADA SERA DE MAL GUSTO PERO SI ESA REVISTA SE CARACTERIZA POR REIRSE DE TODO EL MUNDO,¿POR QUE NO SE VA A REIR DE ELLOS?.Y ADEMAS NO DICE NINGUNA MENTIRA,ELLOS VIVEN DEL CUENTO.LA PORTADA DE HOY ES ESTA: http://img63.imageshack.us/img63/8631/jueveszt7.png PERO A MI Y SUPONGO QUE A LA MAYORIA DE LOS ESPAÑOLES LE GUSTABA MUCHISIMO MAS LA SECUESTRADA.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: